Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Capacidade para resolver problemas de intelixencia artificial que precisen algoritmos, aplicando correctamente metodoloxías de desenvolvemento software e deseño centrado en usuario/a. |
A3 |
Capacidade para comprender e dominar os conceptos básicos de lóxica, gramáticas e linguaxes formais para analizar e mellorar as solucións baseadas en intelixencia artificial. |
B2 |
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B4 |
Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar, e desenvolver modelos, aplicacións e servizos no ámbito da intelixencia artificial, identificando obxectivos, prioridades, prazos recursos e riscos, e controlando os procesos establecidos. |
B7 |
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. |
B8 |
Capacidade para deseñar e crear modelos e solucións de calidade baseadas en Intelixencia Artificial que sexan eficientes, robustas, transparentes e responsables. |
B9 |
Capacidade para seleccionar e xustificar os métodos e técnicas adecuadas para resolver un problema concreto, ou para desenvolver e propor novos métodos baseados en intelixencia artificial. |
C2 |
Capacidade de traballo en equipo, en contornas interdisciplinares e xestionando conflitos. |
C3 |
Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. |
C6 |
Capacidade para integrar aspectos xurídicos, sociais, ambientais e económicos inherentes á intelixencia artificial, analizando os seus impactos, e comprometéndose coa procura de solucións compatibles cun desenvolvemento sustentable. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Realizar o proceso que permita, dende a abstracción, implementar código de alta calidade |
A2 A3
|
B2 B6 B7 B8 B9
|
C2 C3 C6
|
Adquirir habilidades para resolver problemas de maneira metodolóxica e práctica |
A2 A3
|
B5 B6 B7 B8 B9
|
C3 C6
|
Establecer de forma clara e inequívoca as necesidades e restricións do cliente á hora de desenvolver os requisitos para un proxecto de software |
|
B4 B7
|
C2 C6
|
Analizar as alternativas para afrontar e identificar que aspectos se poden abordar coa IA e cales non. |
|
B2 B4 B7 B9
|
C3 C6
|
Comprender os principios necesarios para construír solucións completas, escalables e robustas, centradas no usuario, nas que os compoñentes da IA encaixan como parte dun todo |
A2
|
B8 B9
|
C6
|
Ser capaz de identificar e comprender modelos e deseños de arquitecturas e compoñentes para permitir unha comunicación eficaz entre os enxeñeiros de software e datos |
|
B4
|
C2
|
Manexar técnicas e ferramentas de proba para garantir a calidade dos resultados |
A3
|
B8 B9
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución aos principios da Enxeñaría do Software
|
- Introdución: conceptos básicos |
Ciclos de vida do software |
- Intodución: conceptos e terminoloxía
- Tipos de ciclo de vida
- Fases dos ciclos de vida |
Enfoques áxiles |
- Introdución: enfoques áxiles
- Scrum |
Captación de requisitos, técnicas de análise |
- Introdución: requisitos software
- Especificación de requisitos |
Modelado de arquitectura e compoñentes |
- Introdución: modelos de software
- Técnicas de modelado
- Modelos de arquitectura
- Modelos de compoñentes |
Desenvolvemento de software |
- Introdución: software e ferramentas
- Xestión do software
- Boas prácticas |
Principios, procesos e actividades de proba de software |
- Introdución: principios das probas de software
- Probas unitarias
- Probas de integración
- Probas de aceptación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A3 B2 B6 B8 B9 C3 C6 |
30 |
30 |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A3 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C6 |
30 |
48 |
78 |
Proba obxectiva |
A2 A3 B2 B6 B8 B9 C6 |
2 |
10 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais o profesor exporá os coñecementos teóricos relacionados coas diferentes temáticas da asignatura |
Prácticas de laboratorio |
As clases prácticas estarán dedicadas á realización de traballos individuais e grupais relacionados co temario exposto nas sesións maxistrais, mediante o uso de ferramentas informáticas |
Proba obxectiva |
Na proba obxectiva avaliaranse os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na asignatura |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Nas prácticas de laboratorio realizaranse tanto traballos autónomos como traballos en grupo, onde o alumnado poñerá en práctica os coñecementos adquiridos na asignatura. Durante a realización destes traballos, o profesor antederá ó alumnado tanto de maneira individual como grupal para resolver calquera dúbida ou problema que o alumnado encontre na aplicación dos conceptos aprendidos.
De maneira xeral, fomentarase a participación do alumnado, tanto nas clases prácticas como nas maxistrais, co fin de que os conceptos expostos sexan entendidos polo alumnado.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A2 A3 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C6 |
Nas prácticas valorarase tanto o traballo individual como grupal do alumnado.
Para demostrar o traballo realizado, o alumnado presentará evidencias documentais tanto grupais como individuais. Tanto nos documentos (grupais e individuais) valoraranse os seguintes aspectos:
- Nivel técnico.
- Exhaustividade, claridade e xustificacións do traballo.
- Dominio dos coñecementos adquiridos.
- Ortografía e redacción.
A nivel individual, tamén se valorará a participación activa.
A parte grupal pode requerir facer unha presentación do traballo realizado. |
50 |
Proba obxectiva |
A2 A3 B2 B6 B8 B9 C6 |
Nesta proba evaluarase o dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da asignatura a través dun exame individual. |
50 |
|
Observacións avaliación |
PuntuaciónA nota final de cada estudante obterase da seguinte maneira: - Exame escrito individual: 50%
- Práctica de laboratorio: 50%, que se repartirá da seguinte maneira:
- Parte individual: 20%.
- Parte grupal: 30%
Durante o curso o alumno terá a posibilidade de realizar varios cuestionarios opcionais que proporcionan 0.5 puntos adicionais. Para aprobar o curso é necesario obter unha puntuación global mínima de 5 sobre 10 e cumprir as seguintes restricións: - É necesario ter un mínimo de 4.5 sobre 10 na práctica, tanto na parte individual como na grupal independentemente.
- É necesario ter un mínimo de 4.5 sobre 10 na proba obxectiva.
No caso de que non se cumpra algún mínimo dos anteriores e a nota final calculada como se indica superase o 4.0, a nota que aparecerá para a materia será 4.0. O traballo grupal pode requerir colaborar con alumnos de universidades extranxeiras dentro do programa COIL: Collaborative Online International Learning, o que se reflictirá na puntuación da parte práctica. Segunda oportunidadeOs alumnos que non superen a materia poderán realizar a proba obxectiva na convocatoria de segunda oportunidade. Dado o carácter de avaliación continua da práctica esta parte non poderá recuperarse. Oportunidade adiantadaOs alumnos que tivesen superada a parte práctica no curso anterior, poden realizar o exame teórico na oportunidade adiantada para superar a asignatura. Fraude AcadémicaA realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Alumnado con recoñecemento de dispensa académicaTodos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Outras consideracións- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos na medida do posible, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Eduardo Antonio Moraleda Gil ; Sebastián Rubén Gómez Palomo (2019 (2ª ed)). Aproximación a la Ingeniería del Software. Cerasa
Roger S. Pressman (2010 (7ª ed)). Ingeniería del Software: un enfoque práctico. McGraw-Hill
Hein Smith (2018). Scrum: The Ultimate Beginner's Guide To Learn And Master Scrum Agile Framework. CreateSpace Independent Publishing Platform |
|
Bibliografía complementaria
|
Robert C. Martin (2008). Clean Code: A Handbook of Agile Software Craftsmanship. Pearson
Henrik Kniberg (2007). Scrum and XP from the Trenches . C4Media Inc
Jeff Sutherland and Scrum, Inc. (2014). Scrum: The Art of Doing Twice the Work in Half the Time. Crown Business
Chris Riccomini, Dmitriy Ryaboy (2021). The Missing README: A Guide for the New Software Engineer. No Starch Press |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Programación I/614G03006 | Programación II/614G03007 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|