Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Xestión de Organizacións Código 614G03015
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Miñones Crespo, Ramon
Correo electrónico
ramon.minones@udc.es
Profesorado
Miñones Crespo, Ramon
Correo electrónico
ramon.minones@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral O obxectivo desta materia é achegar os coñecementos e ferramentas básicas para entender o funcionamento dunha empresa, e analizar e valorar as decisións relativas á xestión empresarial.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir os conceptos básicos da actividade empresarial, das áreas funcionais dunha empresa e comprender o papel da empresa no sistema económico e social. A9
B2
C1
C3
C4
C6
Coñecer as particularidades do proceso de creación dunha empresa baseada en innovacións desenvolvidas no ámbito tecnolóxico e da IA. A9
A10
B1
B2
C1
C3
C4
C6
Entender a estrutura organizativa da empresa nas áreas de dirección, xestión das persoas, produción, comercialización e finanzas. A9
B2
C1
C3
C4
C6
Entender e saber aplicar os métodos adecuados para a análise e a avaliación tanto de proxectos de investimento como das operacións de financiamento. A9
A11
B7
C1
C3
C4
A9
A10
A11
B2
B7
C1
C3
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
1 A empresa e o empresario na Sociedade Actual. A organización e a súa contorna: Análise Económica.
A empresa como organización: Tipos de Empresas.
Os subsistemas da empresa.
Concepto e funcións do empresario.
Aplicación da IA nos negocios.
O plan de empresa e o modelo de negocio.
2 O subsistema de Información Contable. Concepto e funcións do sistema de información contable.
Conceptos básicos de Contabilidade Financeira.
O proceso xeral de contabilidade.
A creación de valor.
Aplicacións da IA no ámbito contable I.
3 Análise económica financeira da empresa. Análise económica da empresa.
Análise financeira da empresa.
Aplicacións da IA no ámbito contable II.
4 Fundamentos de análises das operacións financeiras. Concepto de capital financeiro.
Leis financeiras clásicas.
Rendas financeiras.
5 O subsistema Financeiro: A decisión de investimento. Concepto de investimento.
Tipos de investimento.
Métodos de avaliación financeira dun investimento.
Aplicacións da IA en Finanzas I.
6 O subsistema Financeiro: A decisión de financiamento. Custo das fontes financeiras.
Fontes financeiras a curto prazo.
Fontes financeiras a longo prazo.
Aplicacións da IA en Finanzas II.
7 O subsistema Produtivo. Os custos na empresa. O sistema de produción da empresa: Concepto e funcións.
Conceptos básicos de custos.
Métodos de asignación de custos.
Aplicacións de la IA en el ámbito productivo.
8 O subsistema Comercial. O sistema comercial da empresa: Concepto e funcións.
Decisións sobre produto, prezo, promoción e distribución.
Aplicacións de la IA en el ámbito comercial.
9 O subsistema de Recursos Humanos. O sistema de recursos humáns na empresa: Concepto e funcións.
A dirección de recursos humáns.
Aplicaciones de la IA en el ámbito de los recursos humanos.
10 O Subsistema de Información Empresarial. A información como activo empresarial.
O sistema de información empresarial: Concepto e funcións.
Os sistemas de información na estratexia empresarial.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B1 B2 C1 C3 C6 15 24.75 39.75
Proba mixta A9 A10 A11 B1 B2 B7 C1 C3 C6 3 9 12
Seminario A9 A10 B1 B2 B7 C1 C3 C4 C6 10 10 20
Solución de problemas A9 A11 B1 B2 B7 C6 15 11.25 26.25
Prácticas a través de TIC A9 A11 B1 B2 B7 C3 C6 20 30 50
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Utilizarase para explicar o contido dos diferentes temas da materia por parte do profesorado.
Proba mixta Proba na que se avalían os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos no curso polo alumnado.

Conterá problemas, preguntas abertas e curtas ou de test.
Seminario Exposición de temas combinada coa aplicación práctica dos coñecementos expostos para a realización de traballos en grupo.
Solución de problemas Aplicación práctica dos contidos da materia.
Prácticas a través de TIC Proba na que se avalían os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos no curso polo alumnado.

Conterá problemas, preguntas abertas e curtas ou de test.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Seminario
Solución de problemas
Descrición
O profesorado realizará un seguimento das actividades realizadas polo alumnado na materia.

Dependendo da metodoloxía utilizada en cada clase, o alumnado será guiado, supervisado ou atendido polo profesorado encargado.

O alumnado dispón das titorías do profesorado da asignatura nas horas establecidas, nas que poderá expor aquelas dúbidas que lle xurdan sobre o contido e organización da asignatura.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A9 A11 B1 B2 B7 C3 C6 A cualificación establecerase en función dos resultados obtidos nos exercicios prácticos expostos. 10
Proba mixta A9 A10 A11 B1 B2 B7 C1 C3 C6 Fundaméntase como o exame final da materia e contemplará todo o seu contido. 60
Seminario A9 A10 B1 B2 B7 C1 C3 C4 C6 A cualificación establecerase en función dos resultados dos traballos a realizar establecidos nos seminarios. 20
Solución de problemas A9 A11 B1 B2 B7 C6 A cualificación establecerase en función dos resultados das probas prácticas establecidas. 10
 
Observacións avaliación

A cualificación final obtida calcularase en función da avaliación continua realizada durante o curso, que valerá uns 40% da nota, e a Proba mixta correspondente á 1ª ou a 2ª oportunidade da convocatoria, que valerá uns 60% da nota.

O alumnado en réxime de estudo a tempo parcial, en función da súa problemática particular e das posibilidades do profesorado, terá as mesmas oportunidades que o resto do alumnado para facer a avaliación continua da asignatura.

A cualificación final da oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta específica, que comprenda todos os contidos e competencias da asignatura.

En canto á comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias, con carácter xeral, aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario" da UDC. En particular, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 


Fontes de información
Bibliografía básica Amat Salas, Oriol (2008). Contabilidad y finanzas para no financieros. Ediciones Deusto
Bueno Campos, Eduardo (2004). Curso básico de Economía de la Empresa. Editorial Pirámide
Suárez Suárez, A. (2001). Curso de Economía de la Empresa. Editorial Pirámide
Boedo Vilabella, Lucía (2010). Evaluación de un proyecto de inversión en entornos de certeza, riesgo e incertidumbre. Reprografía Noroeste
Boedo Vilabella, Lucía (2009). Las fuentes de financiación y su coste: aspectos conceptuales y operativa financiera. Editorial Netbiblo

No desenvolvemento dos diferentes temas utilizaranse materiais realizados polo profesorado da materia, e recursos en liña, como os ofrecidos na web do IGAPE. Estes materiais e recursos serán incluídos no Moodle oficial da asignatura.

Bibliografía complementaria Blackstaff, Michael (2001). Business and Finance for It People. Springer-Verlag
Remirez Prados, José Antonio (2010). Como entender los datos de la prensa económica. Editorial ESIC
Omeñaca García, Jesús (2008). Contabilidad General. Ediciones Deusto
Suárez Suárez, A (2005). Decisiones óptimas de inversión y financiación empresarial. Editorial Pirámide
Laudon, K. (2008). Essentials of Management Information Systems. Prentice-Hall International
Rouhiainen, Lasse. (2021). Inteligencia artificial para los negocios. 21 casos prácticos y opiniones de expertos. ANAYA MULTIMEDIA
Aguado, J.; Lacalle, M; Cepeda, I (2005). Lecciones básicas de economía. International Thomson Publishing
Miralles Solé, Jaume (2020). Proyectos de Inteligencia Artificial: Guia práctica para abordar con éxito proyectos de IA en la empresa.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Todos os aspectos relacionados coa 'dispensa académica', 'dedicación ao estudo', 'permanencia' e 'fraude académica' rexeranse segundo a normativa académica vixente da UDC. Particularmente:

1.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

2.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

4.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

5.- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

6.- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías