OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA MATERIA
- A entrega das prácticas nas datas indicadas, a súa presentación de ser necesaria, así como a asistencia ás clases de prácticas son obrigatorias para aprobar a materia. Unha entrega tardía dará lugar a un 0 nesa proba.
- Un/a estudante considerarase presentado/a nunha convocatoria se fai a entrega COMPLETA das prácticas ou se se presenta ao exame teórico.
- No caso de que non se cumplan as condicións para o cálculo da nota media entre a proba mixta é as prácticas (é decir, se algunha das dúas é inferior a 4,5), a nota da materia será a máis baixa obtida entre a proba e as prácticas.
- Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente na UDC. Específicamente, en relación ó fraude académico e e acordo o artigo 11.4.b do
Regulamento disciplinar do estudantado, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na materia no correspondente curso académico.
Avaliación na segunda oportunidade
- A nota das prácticas para as dúas oportunidades do curso será a obtida na primeira oportunidade de Xuño, ó considerarse unha actividade de avaliación continua. Non haberá entrega de prácticas para a segunda oportunidade de Xullo, excepto para as prácticas suspensas entregadas na primeira oportunidade.
- A nota do examen teórico da primeira oportunidade non se mantendrá para a segunda oportunidade.
Oportunidade adiantada
A avaliación basearase exclusivamente na proba obxectiva
Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo.
Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumplimento das normas de autoría do mesmo.
Matrícula a tempo parcial
O estudantado matriculado a tempo parcial terá que entregar as actividades avaliables nas mesmas condicións que o estudantado a tempo completo, pero estarán exentos da obriga de asistencia as clases de prácticas. Será obriga do/a estudante comunicar a súa situación ao profesorado.