Segundo a normativa vixente da Universidade da Coruña, para ser avaliado/a do traballo fin de mestrado será necesario: 1) ter superados o resto de créditos do mestrado (asignaturas e período práctico) e 2) ter realizado a matrícula. A normativa específica do mestrado esixe, ademais, ter asignado un tema central ou título e un/ha titor/a.
Entre os criterios de avaliación da memoria, terase especialmente en conta:
Que se demostre o desenvolvemento das competencias, obxectivo da memoria final do mestrado. Isto é, que a memoria realizada e defendida reflexe os coñecementos adquiridos duante o período de formación, a capacidade do/a alumno/a para aplicar ditos coñecementos, a capacidade para fundamentar unha valoración propia e responsable, e o pensamento analítico e crítico no estudo das migracións internacionais.
Que a memoria reflexe unha dedicación por parte do/a alumno/a de polo menos 250 horas de traballo.
A valoración que mereceu por parte do/a titor/a.
A adecuada estruturación da información e a presentación, oral e escrita, do traballo.
Pertinencia e actualidade da bibliografía, documentación e fontes achegadas.
Concisión e utilización adecuada da linguaxe escrita.
Por outra banda, os traballos plaxiados, total ou parcialmente, merecerán o suspenso inmediato.
Os traballos terán que ser defendidos oralmente ante un tribunal de expertos/as, formado maioritariamente polo profesorado do mestrado.
Poranse a disposición medios telemáticos para acordar a defensa pública ante o mesmo tribunal dos/as alumnos/as matriculados/as
a distancia, no caso de que non puideran asistir persoalmente ás datas establecidas para a defensa presencial. Formarase un tribunal para a avaliación de todos/as os/as estudantes a distancia, cuxa composición seguirá os mesmos criterios que para a defensa presencial, sendo os criterios de avaliación do estudantado os publicados nas normas internas do MOMI.
O calendario de defensa pública e de convocatorias dispoñibles axústanse ás condicións que establece anualmente a Universidade da Coruña, para todas as titulacións de posgrao.