Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Cooperación, migración e desenvolvemento Código 615525015
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Espiñeira González, Keina Raquel
Correo electrónico
keina.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira González, Keina Raquel
Correo electrónico
keina.espineira@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso analiza os conceptos de desenvolvemento, cooperación para o desenvolvemento e co-desenvolvemento desde unha perspectiva sociolóxica e política. Os alumnos estudarán os principais plans de cooperación ao desenvolvemento. Prestarase especial atención ás relacións cos países da rexión mediterránea e con África.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar e reflexionar críticamente sobre cuestións, teorías e políticas de migración e desenvolvemento: causas, interrelación e posibles intervencións políticas. AM1
AM2
AM6
AM7
AM8
AM10
Comprender a evolución do nexo entre migración e desenvolvemento no marco político da Unión Europea. AM14
BM3
BM6
Formular preguntas de investigación avanzadas sobre migración e desenvolvemento. AM10
AM12
AM14
BM2
BM5
BM6
BM13
Elaborar investigacións que impliquen a análise de casos prácticos de cooperación ao desenvolvemento vinculada ás políticas de xestión e goberno das migracións e as fronteiras. BM1
BM2
BM5
BM13
BM14
BM15
BM17
BM18
CM1
CM4
CM5
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Marco conceptual: cooperación, desenvolvemento e migracións 1.1. Cooperación ó desenvolvemento. As orixes.
1.2. O nexo migración-desenvolvemento
1.3. O concepto do co-desenvolvemento
2. Políticas, actores e tendencias no nexo migración-desenvolvemento 2.1. Modalidades e áreas de intervención
2.2. Mapas de actores
2.3. Xénero e o nexo migración-desenvolvemento
3. Cooperación para o desenvolvemento e Políticas Migratorias na Unión Europea 3.1. A dimensión exterior da política migratoria da UE
3.2. Instrumentos da EU para o partenariado con terceiros países
3.3. Externalización e condicionalidade na financiación
3.4. Instrumentos económicos e distribución xeográfica europea
4. O Partenariado Euro-Mediterráneo 4.1. Sistemas migratorios no Norte de África
4.2. Do Proceso de Barcelona á Unión polo Mediterráneo
4.3. Asociación renovada cos países veciños do Sur: unha nova axenda para o Mediterráneo
5. O Diálogo Euro-Africano en migración e desenvolvemento 5.1. Sistemas migratorios: Sahel Occidental e Corno de África
5.2. Os Procesos de Rabat e Khartoum
5.3. Os Partenariados de segunda xeración
5.4. O Encontro de Valetta 2015. Retos presentes
Seminario I: Cooperación ao desenvolvemento e migracións en América Latina .
Seminario II: A dimensión transnacional do desenvolvemento en perspectiva local .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 A14 B1 B5 B6 B18 C1 C5 C6 C7 10 10 20
Lecturas A10 A12 B3 B6 10 50 60
Aprendizaxe colaborativa A6 B2 B5 B13 B14 B15 B17 B18 C1 C4 C6 C7 10 20 30
Seminario A7 A12 A14 B13 B14 B18 C1 2 7 9
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida As sesións baséanse nunha introdución teórica a cada unidade didáctica e a participación por parte do estudantado en debates guiados.
Lecturas Presentación e comentario en clase dos textos asignados a cada estudante ou a cada grupo de
estudantes.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de investigación guiados e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos/das outros/as integrantes do grupo.
Seminario Participación nun seminario organizado por persoas expertas con experiencia no sector da cooperación ao desenvolvemento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Os estudantes poden solicitar tutorías personalizadas de acordo previo por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 A14 B1 B5 B6 B18 C1 C5 C6 C7 A asistencia ás sesións expositivas e participación activa nas discusións derivadas das mesmas será avaliada. 10
Lecturas A10 A12 B3 B6 A realización das lecturas suxeridas para cada unidade será avaliada a través da súa presentación na aula e/ou o desenvolvemento de comentarios de texto. 40
Aprendizaxe colaborativa A6 B2 B5 B13 B14 B15 B17 B18 C1 C4 C6 C7 Realización de actividades prácticas en equipo nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas.

Para o alumnado en modalidade a distancia ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia as actividades realizaranse de forma individual e deberán ser entregadas por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual).
50
 
Observacións avaliación

Para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica, acordarase un programa específico de titorías ao comezo do curso, en función da súa dedicación.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación, serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.

É obrigatorio resolver as actividades de forma razoada, apoiándose e argumentando en base aos documentos da materia e outros que poidan considerarse de interese. 

O uso inadecuado de citas e referencias bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final e o plaxio o suspenso da materia.

A entrega dos traballos para realizar nesta materia realizarase a través da ferramenta disposta para iso na aula virtual, en formato dixital e nas datas indicadas polo profesorado.

Os traballos plaxiados, total ou parcialmente, merecerán o suspenso inmediato. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académico" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC 


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Bastia, Tanja and Skeldon, Ronald (eds.) (2020) Routledge Handbook of Migration and Development. Routledge 
  • International Organization for Migration (2022) World Migration Report
  • Chetail, V. (2008) “Paradigm and Paradox of the Migration-Development Nexus: The New Border for North-South Dialogue” German Yearbook of International Law, 52: 183-215.
  • Portes, A. (2009) “Migration and development: reconciling opposite views”, Ethnic and Racial Studies, 32:1, 5-22.
  • Raghuram, P. (2009) “Which Migration, What Development? Unsettling the Edifice of Migration and Development”, Population, Space and Place, 15, 103–117. DOI: 10.1002/psp.536 
  • Geiger, M. and Pécoud, A. (2013) “Migration, Development and the ‘Migration and Development Nexus’”, Population, Space and Place, DOI: 10.1002/psp.1778
  • Gamlen, A. (2014) “The new migration-and-development pessimism”, Progress in Human Geography, 1–17, DOI: 10.1177/0309132513512544
  • Guizardi and Grimson (2020) “Migration and Development Transition. A Perspective from Latin America”, in: Routledge Handbook of Migration and Development, edited by Tanja Bastia, Ronald Skeldon 
  • Casas, M. and Cobarrubias, S. (2018) “’It is Obvious from the Map!’: Disobeying the Production of Illegality Beyond Borderlines”, Movements: Journal Fur Kritische Migrations und Grenzregimeforschung, 4(1): 29-44.
  • Cortinovis, R. and Conte, C. (2018) “Migration-related Conditionality in EU External Funding”, ReSOMA Discussion Brief, July 2018
  • Collyer, M. (2016) "Geopolitics as a migration governance strategy: European Union bilateral relations with Southern Mediterranean countries", Journal of Ethnic and Migration Studies, 42(4): 606-624.
  • Crawley, H. and Blitz, B.K. (2019) “Common agenda or Europe’s agenda? International protection, human rights and migration from the Horn of Africa”, Journal of Ethnic and Migration Studies, 45(12): 2258-2274
  • Zanker, Franzisca (2019) Managing or restricting movement? Diverging approaches of African and European migration governance, Comparative Migration Studies 7: 17, https://doi.org/10.1186/s40878-019-0115-9  
  • Zardo, Federica (2022) The EU Trust Fund for Africa: Geopolitical Space Making through Migration Policy Instruments. Geopolitics, 27:2, 584-603 https://doi.org/10.1080/14650045.2020.1815712

NOTA: Esta bibliografía é susceptible de ser modificada a medida que avanza o curso académico co fin de adecuarse ás necesidades formativas do alumnado
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais/615525007
Deseño, xestión e avaliación de políticas sociais/615525009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Políticas migratorias e dereito das migracións/615525012
Historia e teorías dos movementos migratorios/615525013

Materias que continúan o temario

Observacións

O alumnado deberá revisar periodicamente a plataforma virtual e consultar os documentos e actividades propostos.

As profesoras comunicaranse co alumnado a través da aula Virtual ou do correo electrónico da UDC.

A comunicación coa profesora deberase realizar mediante as canles institucionais e utilizando o correo electrónico da universidade.

Nesta materia:

  • Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  • Terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • De acordo coas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, débese incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (utilizarase unha linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, fomentarase a intervención en clase de todos os estudantes, etc. Farase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e incidirá na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Así mesmo, respectarase o dereito á identidade de xénero.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que, por motivos físicos, sensoriais, psíquicos ou socioculturais, experimente dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.
  • Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías