Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Migracións e mercado de traballo Código 615525016
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Oso Casas, Laura
Correo electrónico
laura.oso@udc.es
Profesorado
Cobelo Parga, Laura
Oso Casas, Laura
Vázquez Chas, Loreto
Correo electrónico
laura.cobelo@udc.es
laura.oso@udc.es
loreto.vazquez@udc.es
Web http://http://www.esomi.es
Descrición xeral A materia Migración e Mercado de traballo aborda as principais teorías explicativas sobre a inserción laboral da poboación migrante, no marco dos diferentes sistemas migratorios, profundando no modelo do Sur de Europa e facendo especial fincapé no caso español. Analiza as traxectorias laborais e de mobilidade social dos migrantes cun enfoque de xénero e intergeneracional. Brinda as ferramentas metodolóxicas necesarias para poder analizar, desde un punto de vista cualitativo (historias de vida), as traxectorias laborais e de mobilidade social da poboación migrante.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Ao finalizar a materia, o alumnado será capaz de: - Interpretar como os mercados de traballo explican as dinámicas migratorias internacionais. - Analizar a inserción dos migrantes no mercado de traballo e o seu impacto na desigualdade e nas traxectorias de mobilidade social. - Familiarizarse coas principais ferramentas metodolóxicas (historia de vida) para o estudo das traxectorias laborais e de mobilidade social da poboación migrante. AM1
AM5
AM10
AM11
AM14
BM1
BM2
BM3
BM4
BM13
BM15
BM19
BM21
BM22
CM2
CM3
CM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1.Teorías explicativas da inserción laboral dos migrantes A Teoría Neoclásica
A Teoría da Segmentación do mercado de traballo
Teoría do Exército de Reserva
2. Sistemas migratorios e mercados de traballo: o modelo do Sur de Europa Sur de Europa: da emigración á inmigración
Características do modelo migratorio do Sur de Europa
Mercados de traballo e inmigración no Sur de Europa
3. Principais sectores de emprego de poboación migrante: enfoque de xénero Aproximación teórica á inserción laboral por xénero dos migrantes
Servizo doméstico e coidados
Agricultura e construción
Migración cualificada
4. Migración, mercado de traballo e mobilidade social A relación entre a mobilidade espacial e social
As dimensións da mobilidade social nun contexto transnacional
Estratexias inter-xeracionais de mobilidade social da poboación migrante
5. Ferramentas metodolóxicas para o estudo da migración e o mercado de traballo A historia de vida aplicada ao estudo das traxectorias laborais e da mobilidade social da poboación migrante

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A11 0 40 40
Traballos tutelados A1 A5 A10 A14 B1 B2 B3 B4 B13 B15 B19 B21 B22 C2 C3 0 60 60
Discusión dirixida A8 A9 A35 B8 B12 B13 B15 B20 B27 C4 C7 C8 10 0 10
Sesión maxistral C5 C6 36 0 36
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas A profesora recomendará unhas lecturas que deberán ser lidas polos alumnos. A listaxe de lecturas será publicado na plataforma virtual.
Traballos tutelados Ao longo do curso iranse levando a cabo varias prácticas que se explicarán e se tutorizarán en clase e cuxa compilación será o traballo final de curso. Esta metodoloxia de traballo será para o alumnado presencial. Nas prácticas se relacionarán os diferentes contidos da materia (teóricos e prácticos)

Discusión dirixida Só para alunado dá modalidade presencial: levará a cabo un debate en clase sobre os contidos impartidos nas sesións maxistrais.

Sesión maxistral Só para alunado da modalidade presencial: Os distintos temas da materia serán presentados en clase a través de sesións interactivas, onde se fomentará o debate e a participación activa do alumnado nas diferentes sesións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado poderá solicitar atención personalizada (presencial ou online) para a tutorización dos traballos (previa cita por email)

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida A8 A9 A35 B8 B12 B13 B15 B20 B27 C4 C7 C8 Só para alunado da modalidade presencial: os alunado deberán participar activamente nos debates sobre os contidos traballados en clase.
10
Traballos tutelados A1 A5 A10 A14 B1 B2 B3 B4 B13 B15 B19 B21 B22 C2 C3 MODALIDAD PRESENCIAL: A materia avaliarase a través da realización de varias prácticas que serán compiladas nun traballo escrito final, no que se relacionarán os diferentes contidos da materia (teóricos e prácticos)
As instrucións para a realización das prácticas e do traballo final se explicarán en clase.
90
 
Observacións avaliación

A avaliación é continua. A materia avaliarase a través da realización dun traballo escrito individual (compilación de varias prácticas), no que se relacionarán os diferentes contidos da materia (teóricos e prácticos). As instrucións explicaranse en clase  Esta proba será o 90% da nota. Para os alumnos presenciais o 10% restante avaliarase a través da discusión dirixida en clase.

A asistencia a clase é obrigatoria. O alumnado que non asista a, polo menos, un 80% das clases deberá avaliarse a través duna proba de ensaio. A asistencia nun 80% equivale a non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase as faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) ou calquera outra falta sempre co documentación.

A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será igual que a do alumnado con dedicación completa.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e os traballos cualificables serán diferentes aos propostos para a 1ª convocatoria. No caso do alumnado que asistiu, polo menos, ao 80% das clases e que realice as prácticas pero que non alcance a nota mínima para aprobar, poderá manterse este sistema de avaliación na segunda oportunidade. No entanto, para o alumnado que non asistiu ao 80% das clases e non presentase o traballo na convocatoria ordinaria, deberá avaliarse, na convocatoria extraordinaria, a través duna proba de ensaio, sobre os contidos da materia.

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa
académica”, “dedicación al estudio, “permanencia” e “fraude académico”
rexiranse dacordo coa normativa
académica vigente de la UDC
.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía xeral do programa. As lecturas específicas subiranse directamente á aula virtual

- Toharia, Luis (comp.) (1983): El mercado de Trabajo: Teorías y aplicaciones. Lecturas seleccionadas, Madrid: Alianza Editorial, pp. 129-192.

-Oso, L. y Parella, S. (2012). Inmigración, Género y Mercado de trabajo: una panorámica de la investigación sobre la inserción laboral de las mujeres en España,. Cuadernos de Relaciones Laborales, 30, 1, p.249-259

- Oso, L., Kaczmarczyk, P., & Salamo?ska, J. (2022). Labour migration. Introduction to Migration Studies, 117.

- Oso, L., López-Sala, A., & Comet, J. M. (2023). Sociología de las migraciones. Editorial Síntesis.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión/615525005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Historia e teorías dos movementos migratorios/615525013
O modelo migratorio español/615525014

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través da aula virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria

8. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado

9. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías