Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Xénero e sexualidade. Desafíos e respostas Código 615525019d
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A materia enfócase nas relacións entre sexo, xénero e sexualidade, conceptos atravesados á sua vez por unha diversidade de variables: idade, raza, discapacidade, etc. Revisamos elementos dos debates actuais sobre estes conceptos en contornas académicas e profesionais, explorando as súas implicacións para o activismo, as políticas públicas e a intervención sociocomunitaria dende a revisión de experiencias recentes no noso contexto. Propoñemos propostas de investigación e/ou intervención en varios contextos socioeducativos, partindo dos intereses e as experiencias do alumnado, facilitando sempre un marco teórico que permita a súa contextualización e xustificación.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Explicar conceptos chaves relacionados a sexo, xénero, e sexualidade AM15
AM16
AM18
BM4
BM18
BM20
CM7
Participar activamente nos debates actuais, académicas ou profesionais AM17
BM1
BM21
BM22
CM5
Desenvolver propostas de investigación e intervención socioeducativas a prol da xustiza social AM19
AM20
BM2
BM13
BM14
BM19
CM3
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
A construción histórica e social do sistema
sexo-xénero
Conceptos claves relacionados a sexo, xénero, e sexualidade
Perspectiva sexolóxica da diversidade humana: corpos e identidades en relación.
Dereitos humanos e marco lexislativo Declaracións e acordos ao nivel internacional
Marco lexislativo e protocolos ao nacional e local
A situación da desigualdade no contexto galego.
Organización social e política da sexualidade Socialización de xénero e violencias machistas
A intervención dende a o ámbito socioeducativo no contexto galego: a rede educativa de apoio LGBTIQ+ de Galicia
Feminismos e movementos sociais: tendencias actuais
Dos feminismos interseccionais ás novas masculinidades Da organización da disidencia sexual ao capitalismo rosa
Articulación do xénero e a sexualidade: horizontes comúns fronte ao patriarcado A violencia como exercicio de dominación masculina no eido LGBT
Estudos Lésbicos: A ponte entre lesbiana e muller. Continuo de Violencia. Construyendo modelos LGBTnormativos a través de los mass media
Dereito á Cidade e Xeografía das Sexualiades A cidade en disputa. O delitos de odio e violencia machista

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 A17 A18 B2 B20 9 0 9
Discusión dirixida A15 A19 B1 B4 B14 B18 B21 C7 9 18 27
Análise de fontes documentais A15 A18 B4 B14 0 12 12
Traballos tutelados A20 B13 B19 B22 C3 C5 C6 0 24 24
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Destinada á exposición oral por parte da/s docente/s responsable/s na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a comprensión da materia. Complementarase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais).
Discusión dirixida Destinaranse sesións á introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción. Promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas. Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar. A discusión dirixida poderá desenvolverse de forma presencial (nas sesións de aula) ou virtual (foros).
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Traballos tutelados A materia avaliaráse a través dunhas proposta de acción /ou investigación que conformará un traballo tutelado. A xustificación e o deseño da proposta versarán sobre o material tratado nas sesións maxistrais e discusións dirixidas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A20 B13 B19 B22 C3 C5 C6 Cada módulo da materia avaliarase a través da entrega dun traballo final correspondente aos contidos de dito módulo. Por tanto, a materia avaliarase con dúas entregas cuxa puntuación será do 50% cada unha.

Actividade Bloque 1.
Actividade Bloque 2. Traballo escrito no que o alumnado presencial e online aplicará os conceptos e marcos interpretativos propostos nas sesións a un caso práctico.
O obxectivo da actividade é traballar a interiorización e aplicacións dos conceptos, teorías e perspectivas mostrados na aula, o apoio en fontes documentais (artigos, novas e material audiovisual) e a capacidade de conxugar teoría e práctica na análise da realidade social
100
 
Observacións avaliación

Na
segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira



Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación al
estudio, “permanencia” e “fraude académico” rexiranse dacordo coa normativa académica vigente
de la UDC
.


Fontes de información
Bibliografía básica
Airton, L. (2009). From sexuality (gender) to gender (sexuality): The aims of anti-homophobia education.Sex Education, 9(2), 129–139

Axencia dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea. (2014). EU LGBT survey - European Union lesbian, gay, bisexual and transgender survey - Main results. Luxembourg: Publications Office of the European Union. Retrieved from http://fra.europa.eu/en/publication/2014/eu-lgbt-survey-european-union-lesbian-gay-bisexual-and-transgender-survey-main

Balzter, N., Klenk, F., & Zitzelsberger, O. (2016). Queering MINT: Impulse für eine dekonstruktive Lehrer_innenbildung (1st ed.). Opladen Berlin Toronto: Budrich, Barbara.

Bejerano Franco, M. T. & García Fernández, B. (2016). La educación afectivo-sexual en España. Análisis de las leyes educativas en el periodo 1990-2016. Opción, 32(13), 756–789.

Blaise, M. (2005). Playing it straight: uncovering gender discourses in the early childhood classroom. New York: Routledge.

Bryan, J. (2012). From the dress-up corner to the senior prom: navigating gender and sexuality diversity in preK-12 schools. Lanham, Md.: Rowman & Littlefield Education.

Butler, J. (1999). Gender Trouble. Feminism and the subversion of identity. 10th anniversary edition. London: Routledge.

Butler, J. (1993): Bodies that matter: On the discursive limits of ‘sex’. London: Routledge.

Butler, J. (2006): Response. British Journal of Sociology of Education 27, no. 4: 529–34.

Butler, J., Osborne, P., & Segal, L. (1994): Gender as performance: An interview with Judith Butler. Radical Philosophy, 67, 32–39.

Carrera Fernández, M. V., DePalma, R., & Lameiras Fernández, M. (2012): Sex/gender identity: Moving beyond fixed and “natural” categories. Sexualities, 15(8), 995–1016.

Comisión Europea. (2016). List of actions by the Commission to advance LGBTI equality (No. #EU4LGBTI). Retrieved from http://ec.europa.eu/justice/discrimination/files/lgbti_actionlist_en.pdf

Comisión Internacional de Xuristas. (2007). The Yogyakarta Principles: The Application of International Human Rights Law in relation to Sexual Orientation and Gender Identity. Retrieved February 6, 2013, from http://www.yogyakartaprinciples.org/

DePalma, R. (2016). Gay penguins, sissy ducklings…and beyond? Exploring gender and sexual diversity through children’s literature. Discourse: Studies in the Cultural Politics of Education 37(6), pp. 828-845.

DePalma, R. (2015). O que se pode aprender dos corpos transgresores. In A. González Penín, A. J. López Díaz, & E. Aguayo Lorenzo, Trazos de xénero no século XXI: Actas, III Xornada Universitaria Galega en Xénero (pp. 149–164). Vigo: Universidade de Vigo.

DePalma, R., & Francis, D. (2014). Silence, nostalgia, violence, poverty...What does “culture” mean for South African sexuality educators? Culture, Health & Sexuality. 16(5), pp. 547-561.

DePalma, R. (2011). Choosing to lose our gender expertise: queering sex/gender in school settings. Sex Education, 1–15.

DePalma, R., & Atkinson, E. (2009). Interrogating heteronormativity in primary schools: The work of the No Outsiders project. Stoke on Trent: Trentham.

Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales (FELGTB). (2012). Acoso escolar homofóbico y riesgo de suicidio en adolescentes y jóvenes LGB. Retrieved from http://www.felgtb.org/rs/1741/d112d6ad-54ec-438b-9358-4483f9e98868/48e/filename/informe-resultados-riesgosuicidio-lgb.pdf

Forrest, S. (2006). Straight talking: Challenges in teaching and learning about sexuality and homophobia in schools. In Mike Cole (Ed.) Education, Equality and Human Rights: Issues of Gender, 'Race', Sexuality, Disability and Social Class (Vol. 2, pp. 111–133). London: Routledge.

Gay, Lesbian and Straight Education Network. (2012). Ready, Set, Respect! GLSEN’s Elementary School Toolkit (curriculum materials). Gay, Lesbian and Straight Education Network.

Herman, J. L. (2013): Gendered Restrooms and Minority Stress: The Public Regulation of Gender and its Impact on Transgender People’s Lives. The Williams Institute, UCLA School of Law. http://williamsinstitute.law.ucla.edu/wp-content/uploads/Herman-Gendered-Restrooms-and-Minority-Stress-June-2013.pdf (consultado 25/07/2015).

International Lesbian, Gay, Bisexual, Transgender Queer Youth and Student Organisation. (2007). Guidelines for an LGBTQ-Inclusive Education. Retrieved from http://www.iglyo.com/wp-content/uploads/2012/06/IGLYO_Guidelines.pdf

Lameiras Fernández, M., Carrera Fernández, M. V., & Rodríguez Castro, Y. (2013): El clítoris y sus secretos. Vigo: Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.

Levitt, H. M., Puckett, J. A., Ippolito, M. R., & Horne, S. G. (2012). Sexual Minority Women’s Gender Identity and Expression: Challenges and Supports. Journal of Lesbian Studies, 16(2), 153–176.

Meyer, E. J. (2010). Gender and sexual diversity in schools: an introduction. Dordrecht?; London: Springer.

Martínez-Patiño M (2005): Personal Account: A woman tried and tested. The Lancet 366: S38.

Namaste, V. K. (2006): Genderbashing: Sexuality, gender, and the regulation of public space. In S. Stryker & S. Whittle (Eds.), (pp. 584–600). London: Routledge.

Pichardo Galán, J. I., & de Stéfano Barbero, M. (2015). Diversidad y convivencia en los centros educativos: Una oportunidad educativa. Madrid: Universidad Complutense de Madrid. Retrieved from http://presentacionidyc.blogspot.com/

Platero Méndez, L. (2014). Trans*sexualidades: Acompañamiento, factores de salud y recursos educativos. Barcelona: Bellaterra.

Platero Méndez, L. (2008). Herramientas para combatir el bullying homofóbico (2a ed). Madrid: Talasa.

Salas, J. (2015, 6 febreiro): “Verificación del sexo”, la última humillación para las futbolistas. El País. http://elpais.com/elpais/2015/06/01/ciencia/1433159953_245845.html

Sánchez, F. J., & Vilain, E. (2012). “Straight-acting gays”: The relationship between masculine consciousness, anti-effeminacy, and negative gay identity. Archives of Sexual Behavior, 41(1), 111–119.

Sauntson, H. (2013). Sexual diversity and illocutionary silencing in the English National Curriculum. Sex Education, 13(4), 1–14.

Serano, J. (2007): Whipping girl: a transsexual woman on sexism and the scapegoating of femininity. Emeryville, CA: Seal Press.

Slesaransky-Poe, G., & García, A. M. (2009). Boys with gender variant behaviors and interests: From theory to practice. Sex Education, 9(2).

Spade D and Wahng S (2004): Transecting the Academy. GLQ: A Journal of Gay and Lesbian Studies 10(2): 240–252.

Stryker, S. & Whittle, S. The transgender Studies Reader. London: Routledge.

Walton, G. (2009). Eating cake: The paradox of sexuality as a counter-diversity discourse. In S. R. Steinberg (Ed.) (pp. 211–222). New York: Peter Lang.

Bibliografía complementaria

  Os materiais de lectura obrigatoria e algunhas recomendacións para lecturas adicionais estarán dispoñibles na plataforma Moodle


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías