Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Cambios sociodemográficos e territoriais Código 615525023
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Diz Reboredo, Carlos
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
Profesorado
Diz Reboredo, Carlos
Rey Gayoso, Raúl
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
raul.reyg@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia traballaremos teorías, prácticas e metodoloxías para explorar as relacións interxeracionais no seu contexto histórico, sociolóxico e ecolóxico. Analizaremos os cambios sociodemográficos e territoriais máis actuais, en relación coas transformacións dos afectos e dos modos de vida na sociedade contemporánea.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar procesos históricos de cohesión e de exclusión asociados a distintos tipos de hábitats AM21
AM22
AM23
AM24
BM1
BM2
BM3
BM14
BM19
BM20
BM21
BM22
CM3
CM5
CM7
Recoñecer a relación entre variables espaciais e territoriais e as necesidades da poboación segundo as súas características sociodemográficas AM21
AM22
AM23
AM24
BM1
BM2
BM3
BM14
BM19
BM20
BM21
BM22
CM3
CM5
CM7
Analizar a vulnerabilidade ecolóxica de distintos colectivos AM21
AM22
AM23
AM24
BM1
BM2
BM3
BM14
BM19
BM20
BM21
BM22
CM3
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas

Coidados, avellentamento e territorios

- Cambios sociodemográficos e traballo de coidados
- Territorios en transición e vellas paisaxes
- Avellentamento e perspectiva de xénero
Sociedade, hábitat e despoboación - Medio ambiente e migracións
- ¿Baleira ou baleirada? Formas de vida e territorios en crise
- Ecoloxía, valor e cambios sociodemográficos
Cambios produtivos e reprodutivos - Precariedade e reprodución da vida
- Ecofeminismo ou barbarie
- Mundos (por)vir

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Seminario A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 12 24 36
Traballos tutelados A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 24 84 108
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario As clases presenciais desenvolveranse a modo de seminario no que se discutirán lecturas e documentais asignados. A avaliación estará en función da asistencia e da exhaustividade dos materiais revisados polo alumno.
Traballos tutelados O alumnado deberá entregar traballos prácticos de reflexión crítica sobre os contidos tratados na aula. Estes traballos deberán elaborarse a partires dos os materiais distribuídos (textos, audiovisuais, etc.), as posibles saídas ou formacións de campo, e as explicaciós e debates desenvoltos ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
É previsible que o alumnado requira orientación personalizada para aclarar dúbidas ou ampliar a información necesaria. A atención personalizada desenvolverase tanto de forma presencial (directamente na aula e no despacho do profesor en horarios de titoría) como non presencial (a través do correo electrónico e mediante a plataforma Teams, se fora o caso).

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 O alumnado deberá entregar traballos prácticos de reflexión crítica sobre os contidos tratados na aula. Estes traballos deberán elaborarse a partires dos os materiais distribuídos (textos, audiovisuais, etc.), as posibles saídas ou formacións de campo, e as explicaciós e debates desenvoltos ao longo do curso. 60
Seminario A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 As clases presenciais desenvolveranse a modo de seminario no que se discutirán lecturas e documentais asignados. A avaliación estará en función da asistencia e da exhaustividade dos materiais revisados polo alumno. 40
 
Observacións avaliación
O alumnado que non poida asistir ao seminario presencial será considerado como alumnado de modalidade a distancia e recibirá unha programación e un plan de avaliación personalizado, acordado a través de correo electrónico. Iso requirirá un encontro preliminar por videoconferencia co profesor, ou un intercambio de e-mails. Así mesmo, o sistema de avaliación das convocatorias de primeira e segunda oportunidade será acordado co profesorado con polo menos 3 meses de antelación ao peche de actas.

- PLAXIO. O/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa
académica”, “dedicación al estudio, “permanencia” e “fraude académico”
rexiranse dacordo coa normativa
académica vigente de la UDC
.




Fontes de información
Bibliografía básica Kreager, Philip y Schröder-betterfill, E. (Eds) (2005). Ageing without children. Berghan Books
Santamarina, Beatriz et al (Coords.) (2018). Antropología ambiental. Barcelona: Icaria
Livi Baci, Massimo (1988). Ensayo sobre la historia demográfica europea. Barcelona: Ariel
Herrera, Mª Soledad (2007). Individualización social y cambios demográficos. Madrid: CIS
Dubert, Isidrio; Pérez-Caramés, Antía (2021). Invasión migratoria y envejecimiento demográfico. Dos mitos contemporáneos. Catarata
Del Molino, Sergio (2016). La España vacía. Viaje por un país que nunca fue. Turner
Moré, Paloma (2017). Migraciones y trabajo con personass mayores en las grandes ciudades. Madrid: CIS
Klinenberg, Eric (2021). Palacios del pueblo. Políticas para una sociedad más igualitaria. Capitán Swing
Otero, Raimundo (2017). Sociología e historia de la ciudad desconcentrada. Madrid: CIS

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo Final de Mestrado (TFM)/615525031

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” e “fraude académico” rexiranse dacordo coa normativa académica vixente na UDC.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías