Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Análise Estatística Avanzada Código 615545007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Otero Enriquez, Raimundo
Correo electrónico
raimundo.otero@udc.es
Profesorado
Calvo Rodríguez, Álvaro
Otero Enriquez, Raimundo
Correo electrónico
alvaro.crodriguez@udc.es
raimundo.otero@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo desta materia é a adquisición dun coñecemento eminentemente aplicado de diferentes técnicas de análise multivariante. Partindo deste obxectivo, o desenvolvemento das clases estruturase en torno á realización de varios exercicios prácticos nos que se reflicten os contidos teóricos abordados, e se reproducen escenarios estatísticos propios da socioloxía.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O/a estudante interpretará unha análise de regresión simple e múltiple. AM14
AM16
AM17
AM24
AM25
AM26
O/a estudante interpretará unha análise de regresión loxística binaria AM14
AM16
AM17
AM24
AM25
AM26
O/a estudante interpretará unha análise discriminante. AM14
AM16
AM17
AM24
AM25
AM26
O/a estudante interpretará unha análise de correspondencias simples e múltiples. AM14
AM16
AM17
AM24
AM25
AM26
O/a estudante recordará os fundamentos estatísticos principais das técnicas de análise multivariante presentadas. AM14
AM16
AM17
AM20
AM24
AM25
AM26

Contidos
Temas Subtemas
0-INTRODUCIÓN -A importancia do nivel de medida das variables
-Deseño do cuestionario e análise multivariante
-Análise multivariante e teorías de alcance intermedio
1-ANÁLISE DE REGRESIÓN MÚLTIPLE -Procedemento, deseño e interpretación
-Análise do resume do modelo e da suma de cadrados
-Coeficientes da ecuación de regresión múltiple
-Supostos da análise
-Detección de casos atípicos e de observacións influentes
-Análise da multicolinealidade
-Métodos de inclusión de variables en SPSS
2-ANÁLISE DE REGRESIÓN LOXÍSTICA (BINARIA) -Selección e transformación de variables
-Probas de axuste global do modelo
-Táboa de clasificación
-Comentario do histograma das probabilidades prognosticadas
-Comentario de casos atípicos
3-ANÁLISIS DISCRIMINANTE -Pruebas de igualdad de las medias de los grupos
-Pesos, cargas y puntuaciones discriminantes
-Funciones discriminantes
-Matriz de clasificación y diagnóstico por caso
4-ANÁLISE DE CORRESPONDENCIAS SIMPLES E MÚLTIPLES -Procedimento, deseño e interpretación
-Análise das frecuencias marxinais
-Análise dos autovalores e das medidas discriminantes
-Comentario das dimensións
5-EXPOSICIÓN DOUTRAS TÉCNICAS MULTIVARIANTES

-Factorial
-Análise multinivel
-Regresión loxística ordinal e multinomial

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A24 A25 A26 15 15 30
Proba obxectiva A14 2 15 17
Sesión maxistral A14 A16 A17 A20 33 60 93
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Realización de prácticas destinadas a asimilar as competencias tipo "saber facer" das análises multivariantes inseridas no temario.
Proba obxectiva A proba obxectiva consistirá na exposición razoada a diferentes supostos/análises de resultados das técnicas de análise multivariante a determinar.
Sesión maxistral Sesións destinadas a abordar os aspectos teóricos do temario proposto.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada é unha actividade académica que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou nun pequeno grupo, relacionadas co estudo e desenvolvemento das prácticas da materia.

No inicio do cuadrimestre, comunicarase o horario das titorías (en todo caso, rógase acudir ás mesmas previo aviso por e-mail).

Para o alumnado co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, acordarase a principio de curso un calendario específico de titorías compatible coa súa situación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A24 A25 A26 A parte práctica (cun valor de 6 puntos) realizarase en grupo, maioritariamente na aula. Centrarase no desenvolvemento e análise completa de dúas técnicas de análise multivariante a concretar. 60
Proba obxectiva A14 A proba obxectiva (cun valor de 4 puntos) será individual. Consistirá na exposición razoada de diferentes supostos/análises de resultados das técnicas de análise multivariada a determinar. 40
 
Observacións avaliación

É condición indispensable para superar a materia, obter como mínimo na parte práctica e proba obxectiva, a metade da máxima cualificación outorgable (5 de 10).

A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia, será igual que a do alumnado con dedicación completa.

Na convocatoria de 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos cualificables serán iguais aos propostos para a convocatoria de 1ª oportunidade.

Na convocatoria de 2ª oportunidade, para ser avaliado o alumnado terá que entregar novamente a parte práctica e, asemade, realizar novamente a proba obxectiva.

En ningún caso a convocatoria de 2ª oportunidade está
pensada para subir a  cualificación da
convocatoria de 1ª oportunidade.

A
realización de plaxio implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa. Con outras palabras, o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Para a realización das prácticas, utilizarase como software de análise, en principio, SPSS-Statistics, R, Jamovi e Microsoft Excel. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Dispoñibles en liña na UDC:

Aldás, J. y Uriel, E. (2017): Análisis multivariante aplicado con R, 2ª ed. Madrid. Paraninfo.

Bouso, J. (2018): El paquete estadístico R. Madrid. CIS.

Díaz de Rada, V. (2018): Técnicas multivariantes de interdependencia: casos reales y prácticos de investigación. Madrid: Ra-Ma.

Everitt, Brian S. (2011): An introduction to applied multivariate analysis with R. New York: Springer

Morales, P. (2008): Estadística aplicada a las ciencias sociales. Madrid: Universidad Pontificia Comillas

Pardo, A. y Ruiz, M.A. (2002): Análisis de datos con SPSS 13 base. Madrid: McGraw-Hill.

Bibliografía complementaria:

Escobar, M. (1999): Análisis gráfico/exploratorio. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla.

Etxebarría, J. (1999): Regresión múltiple. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla.

Fernández, G. y Montero, J. M. (2024): Fundamentos de ciencia de datos con R. Madrid. McGraw-Hill

García, E; Gil, J. y Rodríguez, G. (2000): Análisis factorial. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla.

Hair, J, F. et al. (2007): Análisis multivariante, 5ª ed. Madrid. Prentice Hall.

Joaristi, L. y Lizasoain, L. (2000): Análisis de correspondencias. Cuadernos de estadística. Madrid. Editorial La Muralla.

Mafokozi, H. (2009): Introducción a la estadística para gente de letras. Madrid. Editorial CCS.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para o correcto desenvolvemento da materia é fundamental que o/a alumno/a domine a lingua castelán.

O alumnado deberá revisar regularmente o campus virtual da materia e consultar os documentos.

A vía de comunicación co profesorado da materia será a institucional, é dicir, o correo da UDC.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” observarán a normativa académica vixente da UDC.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías