Matrícula
Esta é unha do tres materias optativas que se ofertan no 2º cuadrimestre. Para superar a titulación, deberán cursarse polo menos dúas materias optativas, a elixir os seminarios de especialización e o complemento de formación "Análise estatística descritivo e inferencial" (1º cuadrimestre). Quen se matricule no complemento de formación, só necesitará matricularse nun seminario de especialización. Quen non se matricule no complemento de formación, necesitará cursar dous seminarios de especialización. Unha aprendizaxe sustentabel, non sexista e integradora Nas actividades que se leven a cabo nesta materia respetaranse
as normas da sustentanbilidade, igualdade de sexos e integración das persoas por razóns físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais. Sustentabilidade. - A entrega dos traballos documentais realizarase en
formato dixital e a través de Moodle. - Cando se empregue papel, aconsellase que sexa reciclado
e con formatos de impresión sinxelos e a doble cara. - Evitarase a impresión innecesaria de borradores. - Non se admitirán traballos con elementos plásticos
(portadas, carpetas, etc). Igualdade
por razóns de xénero/sexo - Evitaranse
actitudes e expresións sexistas Integración
das persoas con problemas por razóns físicas, psiquicas ou socioculturales. - Daraselles
o apoio necesario tanto nas actividades programadas como na aprendizaxe en
xeral da materia. |