Matrícula
Esta é unha do tres materias optativas que se ofertan no 2º
cuadrimestre. Para superar a titulación, deberán cursarse polo menos dúas
materias optativas, a elixir os seminarios de especialización e o complemento
de formación "Análise estatística descritivo e inferencial" (1º
cuadrimestre). Quen se matricule no complemento de formación, só necesitará
matricularse nun seminario de especialización. Quen non se matricule no
complemento de formación, necesitará cursar dous seminarios de especialización. Unha aprendizaxe sustentabel, non sexista  e integradora Nas actividades que se leven a cabo nesta materia respetaranse as
normas da sustentanbilidade, igualdade de sexos e  integración das persoas
por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais. Sustentabilidade. - A entrega dos traballos documentais realizarase en formato
dixital e a través de Moodle. - Cando se empregue papel, aconsellase que sexa reciclado e con
formatos de impresión sinxelos e a doble cara. - Evitarase a impresión innecesaria de borradores. - Non se admitirán traballos con elementos plásticos (portadas,
carpetas, etc). Igualdade por razóns de xénero/sexo - Evitaranse actitudes e expresións sexistas   Integración das persoas con problemas por
razóns físicas, psiquicas ou socioculturales.
- Daraselles o apoio necesario tanto nas actividades
programadas como na aprendizaxe en xeral da materia. |