Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 615545012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Gómez Rodríguez, Sergio
Correo electrónico
sergio.gomezr@udc.es
Profesorado
Cortés Vázquez, José Antonio
Gómez Rodríguez, Sergio
Correo electrónico
j.a.cortes@udc.es
sergio.gomezr@udc.es
Web
Descrición xeral As prácticas externas son unha parte fundamental da formación do estudiantado que curse este Máster, ao permitirlle achegarse á realidade laboral e aplicar de forma práctica o aprendido durante os cursos. As prácticas poderanse desenvolver en institucións públicas, empresas ou entidades non lucrativas, tanto por iniciativa propia como elixindo do conxunto de convenios asociados ao Máster e á UDC. Farase un seguimento obrigatorio destas por parte dun/a titor/a académico e un/a titor/a profesional.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumnado desenvolverá a súa capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e prácticos para a elaboración de proxectos de investigación en contextos profesionais de investigación e análise social. AM10
AM13
AM20
AM21
AM23
O alumnado adquirirá experiencia na toma de decisións e o traballo en equipo en contextos profesionais. AM18
AM23
AM30
O alumnado coñecerá o funcionamento de empresas e institucións dedicadas á investigación e a análise da realidade social. AM9
AM30
O alumnado reflexionará sobre como se desenvolve a aplicación dos coñecementos adquiridos no máster por profesionais de maior experiencia na realidade. AM10
AM13
AM14
AM20
AM21
O alumnado gañará experiencia de adaptación a novas circunstancias no mundo laboral. AM18
AM20
AM23
AM30

Contidos
Temas Subtemas
Selección de entidades de prácticas - Convocatoria de prazas e proceso selectivo
Realización das prácticas - Estadía de prácticas no centro elexido
Memoria de prácticas - Realización da memoria de prácticas unha vez rematada a estadía de prácticas
Introdución ás prácticas - Familiarización cos pasos máis importantes a dar para a materia
- Familiarización co procedemento administrativo da prácticas
- Familiarización coas entidades de prácticas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A9 A10 A13 A14 A18 A20 A21 A23 A30 125 0 125
 
Atención personalizada 25 0 25
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consistirá na realización das prácticas na entidade elixida para tal fin (coa supervisión dun/a titor/a académica e un/a titor/a profesional). As actividades a realizar polo alumnado e as condicións nas que estas se desenvolven estarán recollidas nun Proxecto Formativo redactado ao comezo do período de prácticas. O traballo tutelado culmina coa presentación dunha Memoria de prácticas e do Informe de avaliación do/a alumno/a sobre o centro de prácticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados desenvolveranse baixo a supervisión dun/a titor/a académico e un/a titor/a profesional. Consistirá na supervisión do traballo, o deseño dun proxecto e a organización de tutorías e encontros para guiar e resolver dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A10 A13 A14 A18 A20 A21 A23 A30 A avaliación das prácticas consistirá en dúas notas. A primeira, corresponderá á avaliación realizada pola persoa titora profesional das prácticas. Contará o 60% da nota. A segunda, corresponderá á avaliación realizada pola persoa titora académica das prácticas, que contará para o 40% restante. 100
 
Observacións avaliación

Os modelos de informe, memoria e programa formativo rexeranse polo contido no documento de Procedemento de Prácticas do Máster MIAS aprobado oficialmente e que o alumnado terá dispoñible na web do máster MIAS e no Campus Virtual.


Fontes de información
Bibliografía básica

É recomendable que os estudantes se familiaricen co desenvolvemento das Prácticas mediante a lectura detida do "Procedemento de xestión das prácticas do Máster MIAS", dispoñible na páxina web do máster e no Campus Virtual. Ademais, levarase a cabo unha sesión explicativa inicial de carácter obrigatorio onde se explicará pormenorizadamente o contido e procedemento das prácticas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías