Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Estatística aplicada ás ciencias sociais 1 Código 615G01101
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Gómez Rodríguez, Sergio
Correo electrónico
sergio.gomezr@udc.es
Profesorado
Bobillo González, Clara
Domínguez Sanisidro, Nerea
Gómez Rodríguez, Sergio
Correo electrónico
clara.bobillog@udc.es
n.dominguez@udc.es
sergio.gomezr@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é iniciar aos estudantes no uso da estatística na fase de análise dos datos na investigación social, o que require coñecer as distintas ferramentas de análise e seleccionar as máis convenientes, dependendo do nivel de medición das variables, así como a comprensión e explicación dos resultados obtidos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
A/o alumna/o será capaz de definir e distinguir os conceptos básicos da estatística aplicada ás ciencias sociais e poderá identificar os principais niveis de medición das variables A5
A26
B3
B5
B21
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións univariables, tanto en formato de táboas como gráficamente, e será capaz de seleccionar as ferramentas descritivas univariables máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. A5
A16
A26
B3
B5
B21
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións bivariables, tanto en formato de táboas de continxencia como gráficamente, e será capaz de calcular e interpretar as distintas porcentaxes dunha táboa de continxencia. A5
A16
A26
B3
B5
B21
A/o alumna/o coñecerá as principais medidas de asociación entre variables, será capaz de calculalas, interpretalas e seleccionar as máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. A5
A16
A26
B3
B5
B21
A/o alumna/o será capaz de utilizar ferramentas informáticas aplicadas ás ciencias sociais (especialmente o paquete SPSS) a un nivel básico para poder levar a cabo as tarefas de presentación e resumo dunha distribución univariable así como dunha distribución bivariable coas súas correspondentes táboas de continxencia e medidas de asociación. A5
A7
A16
A26
B3
B5
B7
B21
C3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: Introdución e conceptos básicos. Aplicación da estatística ás ciencias sociais. Conceptos básicos. Tipos de variables e niveis de medición.
TEMA 2: Presentación e representación de distribucións. Presentación de distribucións univariables: frecuencias absolutas, frecuencias relativas e porcentaxes. Formas básicas de representación gráfica: gráfico de sectores, gráfico rectangular, diagrama de barras e histograma. Outras formas de representación gráfica.
TEMA 3: Características dunha distribución univariable. Medidas de posición centrais: media, mediana e moda. Medidas de dispersión: rango, varianza e desviación típica. Medidas de forma: asimetría e curtose.
TEMA 4: Estatística descritiva bivariable. Distribucións bivariables. Presentación e análise de táboas bivariables. Independencia e asociación. Características dunha asociación de dúas variables. Medidas de asociación para variables nominais e ordinais.
TEMA 5: Regresión e correlación simple. Concepto de covarianza. Diagrama de dispersión e curva de axuste. Concepto e tipos de correlación. Coeficiente de correlación de Pearson. Matriz de correlacións. A ecuación de regresión e o seu axuste polo método de mínimos cadrados. Cálculo dos coeficientes de regresión. O coeficiente de determinación e a súa interpretación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 2 0 2
Prácticas de laboratorio A7 B7 C3 16 24 40
Proba obxectiva A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 8 12 20
Portafolios do alumno A5 A7 A16 B7 B21 C3 12 16 28
Sesión maxistral A5 A7 A16 A26 B3 18 36 54
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cuestionario cunha serie de preguntas iniciais para coñecer a composición do grupo e o nivel xeral de formación do alumnado, ademais do interese e motivación fronte á materia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, fundamentalmente exercicios. Nalgúns casos estas prácticas levaranse a cabo utilizando ferramentas informáticas.
Proba obxectiva Probas a desenvolver en clase para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, composta por exercicios breves e cuestións curtas e/ou de resposta múltiple.
Portafolios do alumno Conxunto de prácticas realizadas polo alumnado na aula. Realizarase unha serie de exercicios acordes ó aprendido coa axuda das TICs e programas estadísticos específicos.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Portafolios do alumno
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada é unha actividade académica que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou en pequeno grupo, relacionadas co estudo e temas vinculados coa materia. Esta actividade desenvolverase de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados ás tutorías de despacho).

Pode solicitarse a atención personalizada nas horas presenciais (tanto nas sesións maxistrais como nas prácticas de laboratorio) ou nas horas de tutorías para resolver dúbidas en relación a temas concretos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 Consistirá en 2 probas obxectivas a realizar na aula sobre os temas presentados ata ese momento e nas que o alumnado terá que resolver cuestións curtas e/ou tipo test e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os cales estará permitido o uso de calculadora.

Será necesario obter un mínimo de 2,5 en cada unha das probas e unha nota media de 4,0 para poder optar a superar a materia.
70
Portafolios do alumno A5 A7 A16 B7 B21 C3 Consistirá en 2 prácticas a desenvolver na aula onde resolverán e interpretarán exercicios empregando o programa estadístico dado en clase.

Non se poderán entregar fóra do horario de clase previsto para a súa realización.

Cada unha delas ten un peso do 15% da nota final.

Para poder optar a superar a materia, haberá que presentar polo menos unha delas e obter un 2,5 na mesma.
30
 
Observacións avaliación

A materia preséntase como un sistema de avaliación continua que consistirá
nunha parte teórico-práctica (2 exames) e outra cunha orientación exclusivamente
práctica (2 prácticas a realizar na aula). A avaliación, pois, seguirá o
seguinte esquema:

-2 exames parciais compostos por preguntas curtas e/ou tipo test e
exercicios que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados,
para os que estará permitido o uso de calculadora. Farase a media aritmética
dos dous exames no caso de obter, polo menos, unha nota de 2,5 en cada un
deles. Esta parte supón o 70% da nota final da materia.

-2 prácticas consistentes na realización, interpretación e/ou análise de exercicios
prácticos. Estas prácticas serán realizadas nas horas de clase e non se poderán
entregar fóra das mesmas. Cada práctica supón o 15% da nota final da materia e
para ser tidas en consideración será necesario obter un 2,5 polo menos nunha
delas.

Para superar a materia será necesario:

-Obter, polo menos, unha nota media de 4,0 na parte teórico-práctica
(exames).

-Presentar como mínimo unha práctica cunha nota de 2,5.

-Obter unha nota final de 5,0 ou superior.   

 

No caso de non aprobar a materia durante a avaliación continua ou optar por
non seguir esta modalidade de avaliación, o alumnado poderase presentar á proba
obxectiva nas convocatorias oficiais  que consistirá nun exame que
abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou tipo test e
exercicios prácticos que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de
resultados, para os cales e estará permitido o uso de calculadora.

Non se gardará ningunha nota para as convocatorias oficiais.

 

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da
UDC
.


Fontes de información
Bibliografía básica VISAUTA VINACUA, B. (2007). Análisis estadístico con SPSS 14. Estadística básica. Aravaca: McGraw-Hill/Interamericana
TOMEO PERUCHA, V. y UÑA JUÁREZ, I (2009). Estadística descriptiva. Madrid: Ibergacerceta Publicaciones
RITCHEY, F. J. (2002). Estadística para las Ciencias Sociales. México: McGraw-Hill
SÁNCHEZ CARRIÓN, J. J. (1999). Manual de Análisis Estadístico de los Datos. Madrid: Alianza Editorial
SEISDEDOS BENITO, A. (2009). Manual de socioestadística descriptiva básica. Salamanca: Amarú Ediciones
GARCÍA FERRANDO, M. (2000 ). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid :Alianza Universidad Textos, nº96

Bibliografía complementaria SPIEFALHALTER, D (2023). El arte de la estadística. Madrid: Capitán Swing Libros
BLALOCK, H. M. (1966). Estadística Social. México: Fondo de Cultura Económica
PEÑA, D. y ROMO, J. (1997). Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Madrid: McGraw-Hill
GLASS, G. V. y STANLEY, J.C. (1986). Métodos Estadísticos Aplicados a las Ciencias Sociales. México: Prentice-Hall Hispanoamericana


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estatística aplicada ás ciencias sociais 2/615G01201

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías