Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Aprendizaje de los conceptos y de las técnicas estadísticas aplicadas a la sociedad humana. |
A7 |
Conocimiento y dominio de la metodología de las ciencias sociales y de sus técnicas básicas y avanzadas (cuantitativas y cualitativas) de investigación social; con especial atención a los aspectos de muestreo y de los programas informáticos de aplicación. |
A16 |
Conocimientos y habilidades técnicas para la produción y el análisis de los datos cuantitativos y cualitativos. |
A26 |
Saber elegir las técnicas de investigación social (cuantitativas y cualitativas) pertinentes en cada momento. |
B3 |
Capacidad de análisis y síntesis. |
B5 |
Capacidad de gestión de la información. |
B7 |
Conocimientos de informática relativos al ámbito de estudio. |
B21 |
Aprendizaje autónomo. |
C3 |
Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
A/o alumna/o será capaz de definir e distinguir os conceptos básicos da estatística aplicada ás ciencias sociais e poderá identificar os principais niveis de medición das variables |
A5 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións univariables, tanto en formato de táboas como gráficamente, e será capaz de seleccionar as ferramentas descritivas univariables máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. |
A5 A16 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións bivariables, tanto en formato de táboas de continxencia como gráficamente, e será capaz de calcular e interpretar as distintas porcentaxes dunha táboa de continxencia. |
A5 A16 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o coñecerá as principais medidas de asociación entre variables, será capaz de calculalas, interpretalas e seleccionar as máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. |
A5 A16 A26
|
B3 B5 B21
|
|
A/o alumna/o será capaz de utilizar ferramentas informáticas aplicadas ás ciencias sociais (especialmente o paquete SPSS) a un nivel básico para poder levar a cabo as tarefas de presentación e resumo dunha distribución univariable así como dunha distribución bivariable coas súas correspondentes táboas de continxencia e medidas de asociación. |
A5 A7 A16 A26
|
B3 B5 B7 B21
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: Introdución e conceptos básicos. |
Aplicación da estatística ás ciencias sociais. Conceptos básicos. Tipos de variables e niveis de medición. |
TEMA 2: Presentación e representación de distribucións. |
Presentación de distribucións univariables: frecuencias absolutas, frecuencias relativas e porcentaxes. Formas básicas de representación gráfica: gráfico de sectores, gráfico rectangular, diagrama de barras e histograma. Outras formas de representación gráfica. |
TEMA 3: Características dunha distribución univariable. |
Medidas de posición centrais: media, mediana e moda. Medidas de dispersión: rango, varianza e desviación típica. Medidas de forma: asimetría e curtose. |
TEMA 4: Estatística descritiva bivariable. |
Distribucións bivariables. Presentación e análise de táboas bivariables. Independencia e asociación. Características dunha asociación de dúas variables. Medidas de asociación para variables nominais e ordinais. |
TEMA 5: Regresión e correlación simple. |
Concepto de covarianza. Diagrama de dispersión e curva de axuste. Concepto e tipos de correlación. Coeficiente de correlación de Pearson. Matriz de correlacións. A ecuación de regresión e o seu axuste polo método de mínimos cadrados. Cálculo dos coeficientes de regresión. O coeficiente de determinación e a súa interpretación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A5 |
2 |
0 |
2 |
Prácticas de laboratorio |
A7 B7 C3 |
16 |
24 |
40 |
Proba obxectiva |
A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 |
8 |
12 |
20 |
Portafolios do alumno |
A5 A7 A16 B7 B21 C3 |
12 |
16 |
28 |
Sesión maxistral |
A5 A7 A16 A26 B3 |
18 |
36 |
54 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Cuestionario cunha serie de preguntas iniciais para coñecer a composición do grupo e o nivel xeral de formación do alumnado, ademais do interese e motivación fronte á materia. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, fundamentalmente exercicios. Nalgúns casos estas prácticas levaranse a cabo utilizando ferramentas informáticas. |
Proba obxectiva |
Probas a desenvolver en clase para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, composta por exercicios breves e cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. |
Portafolios do alumno |
Conxunto de prácticas realizadas polo alumnado na aula. Realizarase unha serie de exercicios acordes ó aprendido coa axuda das TICs e programas estadísticos específicos. |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte do profesorado dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Portafolios do alumno |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A atención personalizada é unha actividade académica que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou en pequeno grupo, relacionadas co estudo e temas vinculados coa materia. Esta actividade desenvolverase de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados ás tutorías de despacho).
Pode solicitarse a atención personalizada nas horas presenciais (tanto nas sesións maxistrais como nas prácticas de laboratorio) ou nas horas de tutorías para resolver dúbidas en relación a temas concretos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 |
Consistirá en 2 probas obxectivas a realizar na aula sobre os temas presentados ata ese momento e nas que o alumnado terá que resolver cuestións curtas e/ou tipo test e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os cales estará permitido o uso de calculadora.
Será necesario obter un mínimo de 2,5 en cada unha das probas e unha nota media de 4,0 para poder optar a superar a materia. |
70 |
Portafolios do alumno |
A5 A7 A16 B7 B21 C3 |
Consistirá en 2 prácticas a desenvolver na aula onde resolverán e interpretarán exercicios empregando o programa estadístico dado en clase.
Non se poderán entregar fóra do horario de clase previsto para a súa realización.
Cada unha delas ten un peso do 15% da nota final.
Para poder optar a superar a materia, haberá que presentar polo menos unha delas e obter un 2,5 na mesma.
|
30 |
|
Observacións avaliación |
A materia preséntase como un sistema de avaliación continua que consistirá
nunha parte teórico-práctica (2 exames) e outra cunha orientación exclusivamente
práctica (2 prácticas a realizar na aula). A avaliación, pois, seguirá o
seguinte esquema: -2 exames parciais compostos por preguntas curtas e/ou tipo test e
exercicios que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados,
para os que estará permitido o uso de calculadora. Farase a media aritmética
dos dous exames no caso de obter, polo menos, unha nota de 2,5 en cada un
deles. Esta parte supón o 70% da nota final da materia. -2 prácticas consistentes na realización, interpretación e/ou análise de exercicios
prácticos. Estas prácticas serán realizadas nas horas de clase e non se poderán
entregar fóra das mesmas. Cada práctica supón o 15% da nota final da materia e
para ser tidas en consideración será necesario obter un 2,5 polo menos nunha
delas. Para superar a materia será necesario: -Obter, polo menos, unha nota media de 4,0 na parte teórico-práctica
(exames). -Presentar como mínimo unha práctica cunha nota de 2,5. -Obter unha nota final de 5,0 ou superior. No caso de non aprobar a materia durante a avaliación continua ou optar por
non seguir esta modalidade de avaliación, o alumnado poderase presentar á proba
obxectiva nas convocatorias oficiais que consistirá nun exame que
abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou tipo test e
exercicios prácticos que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de
resultados, para os cales e estará permitido o uso de calculadora. Non se gardará ningunha nota para as convocatorias oficiais. Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da
UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
VISAUTA VINACUA, B. (2007). Análisis estadístico con SPSS 14. Estadística básica. Aravaca: McGraw-Hill/Interamericana
TOMEO PERUCHA, V. y UÑA JUÁREZ, I (2009). Estadística descriptiva. Madrid: Ibergacerceta Publicaciones
RITCHEY, F. J. (2002). Estadística para las Ciencias Sociales. México: McGraw-Hill
SÁNCHEZ CARRIÓN, J. J. (1999). Manual de Análisis Estadístico de los Datos. Madrid: Alianza Editorial
SEISDEDOS BENITO, A. (2009). Manual de socioestadística descriptiva básica. Salamanca: Amarú Ediciones
GARCÍA FERRANDO, M. (2000 ). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid :Alianza Universidad Textos, nº96 |
|
Bibliografía complementaria
|
SPIEFALHALTER, D (2023). El arte de la estadística. Madrid: Capitán Swing Libros
BLALOCK, H. M. (1966). Estadística Social. México: Fondo de Cultura Económica
PEÑA, D. y ROMO, J. (1997). Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Madrid: McGraw-Hill
GLASS, G. V. y STANLEY, J.C. (1986). Métodos Estadísticos Aplicados a las Ciencias Sociales. México: Prentice-Hall Hispanoamericana |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Estatística aplicada ás ciencias sociais 2/615G01201 |
|
|