Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Globalización, medio ambiente e poboación Código 615G01409
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Cortés Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
j.a.cortes@udc.es
Profesorado
Cortés Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
j.a.cortes@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Globalización, Medio Ambiente e Poboación" persegue un dobre obxectivo. Primeiro, servir de introdución ao campo da Socioloxía ambiental, a súa historia e traxectoria, a súa relación co corpus teórico da Socioloxía en xeral e a conexión con outras disciplinas, en particular a antropoloxía ambiental e a ecoloxía política, entre as que existe e existiu un diálogo continuo e enriquecedor. Segundo, familiarizar ao alumnado coa problemática ambiental, a súa xénese, variedade e desenvolvemento, os seus efectos na sociedade e o campo das políticas e os movementos ambientais, cunha atención especial aos problemas ambientais en Galicia. A materia posúe por tanto unha dobre vertente, aplicada e teórica: a de servir para coñecer os retos da sociedade actual ante a problemática ambiental (aplicada) e a de familiarizarse con como abordaron a socioloxía e as ciencias sociais a cuestión ambiental (teórica).

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Interpretar a evolución das sociedades contemporáneas e a súa relación co medio ambiente no marco das estruturas económicas e financeiras globais A8
A35
B3
B26
Avaliar as interaccións entre a poboación e as capacidades dos recursos naturais dispoñibles. A4
B16
Elaborar indicadores para a medición de procesos sociais relacionados co uso dos recursos naturais e as súas consecuencias sobre a desigualdade social. A14
A17
B1
B3
Redactar informes analíticos de fenómenos socio-ambientais que permitan o seu estudo empírico A4
A8
A14
A17
A32
B1
B3
B26
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á socioloxía ambiental A crise ecolóxica global e a situación ecosocial de Galicia; principais problemas e retos ambientais; historia das problemáticas e políticas ambientais; a cuestión da escala de análise: do buraco de ozono ao cambio climático; o tema ambiental en Socioloxía; xurdimento do paradigma socioambiental nos 70; formas de aproximación ás relacións sociedade-ambiente (determinismo, posibilismo, materialismo, funcionalismo, estruturalismo, post-estruturalismo, ecoloxía humana, ecoloxía cultural, ecoloxía social, posmodernismo, xiro ontológico); diálogo con outras disciplinas: a antropoloxía ambiental e a ecoloxía política.
Tema 2. Fundamentos socioeconómicos da explotación do medio Análise da relación economía – sociedade - medio ambiente; fractura metabólica; formas de organización social e relación co medio baixo o capitalismo; neoliberalismo e capitalismo verde; extrativismo; cambio climático e cambio global; políticas de conservación; desarrollo sostible e pegada ecolóxica; Exemplos prácticos.
Tema 3. Coñecer o medio, gobernar o medio Historia do dualismo sociedade - natureza; construción de categorías naturais; distintas formas de coñecemento ambiental; coñecemento tradicional vs. coñecemento experto; coñecemento-poder na tradición pos-estructuralista e a súa importancia para a socioloxía ambiental; coñecemento político e formas de goberno; o rol da ciencia e a tecnoloxía na crise ecolóxica; Exemplos prácticos.
Tema 4. Medio ambiente e cambio social Desenvolvemento do ambientalismo e o ecologismo; tipos de valores e éticas ambientais; tipos de conflitos ambientais e de movementos sociais; dereitos civís e dereito á natureza; dereitos da natureza; ecofeminismos; axenda da xustiza ambiental (distribución, recoñecemento, participación cidadá). Exemplos prácticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A8 B16 B26 24 24 48
Obradoiro A14 A17 A32 A35 B1 B3 C1 12 18 30
Lecturas A4 A8 B16 B26 0 28 28
Proba de resposta breve A4 A8 A14 A35 3 0 3
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Obradoiro Sesións prácticas nas que os estudantes traballarán baixo a atención personalizada do docente. Consistirán en asistir a distintos seminarios, evaluar propostas políticas ambientais ou visitas al campo. Manexaranse distintas fontes bibliográficas.
Lecturas Lecturas de obras clásicas e novas sobre socioloxía ambiental e disciplinas afines
Proba de resposta breve Realización de examen de desarrollo

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Nos talleres traballarase coa guía e a axuda necesaria do profesor. Tamén se poden programar as tutorías que os alumnos consideren necesarias. Dispoñibilidade virtual vía correo electrónico.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A4 A8 A14 A35 Examen ao final de curso sobre os contidos da materia. Será de tipo desarrollo. 100
 
Observacións avaliación

A nota final obterase íntegramente do exame, que terá lugar no lugar e data aprobados no calendario oficial de examens para o curso correspondente, tanto na 1ª como na 2ª convocatoria.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC


Fontes de información
Bibliografía básica

Lecturas básicas:

Aledo Tur, Antonio y Domínguez Gómez, José Andrés (2001) Sociología Ambiental. Grupo Editorial Universitario (Texto clave para tema 1)

Naredo, José Manuel (2006) Raíces económicas del deterioro ecológico y social. Madrid: Siglo XXI (Texto clave para tema 2)

Haraway, Donna (2015) El patriarcado del osito Teddy. Taxidermia en el Jardín del Edén. Barcelona: Sans Soleil (Texto clave para tema 3)

Razmig Keucheyan (2016) La naturaleza es un campo de batalla. Ensayo de ecología política. Madrid: Clave Intelectual (Texto clave para Tema 4)

James O'Connor (1998) Causas Naturales: Ensayos sobre marxismo ecológico. México: Siglo XXI

Macionis, J.J. y Plummer, K. 2000. Sociología (3ª edicion) Madrid, Pearson Prentice Hall. Capítulo 24 "Cambio social y medio ambiente" Páginas 663 – 688

Pardo, Mercedes y Ortega, Jordi (2018) “El impacto social del cambio climático: La metamorfosis social como ventana de oportunidad” En INFORME España 2018 / Cátedra José María Martín Patino de la Cultura del Encuentro ; [coordinación y edición Agustín Blanco, Antonio Chueca, José Antonio López-Ruiz y Sebastián Mora]. -- Madrid : Universidad Pontificia Comillas, Cátedra J.M. Martín Patino. Pp. 365 – 391

Hannigan, J. (2006). Environmental sociology (2nd ed.). Routledge.

Legun, K., Keller, J., Bell, M., & Carolan, M. (Eds.). (2020). The Cambridge handbook of environmental sociology. Volume 2. Cambridge University Press.

Caniglia, B. S. (Ed.). (2021). Handbook of environmental sociology. Springer.

Franzen, A., & Mader, S. (2021). Research handbook on environmental sociology. Edward Elgar Publishing.

White, R. (2004). Controversies in environmental sociology. Cambridge University Press.

Gross, M. & Heinrichs, H. (2010) Environmental Sociology. European Perspectives and Interdisciplinary Challenges. Springer

Boström, M. & Davidson, D.J. (2018) Environment and Society. Concepts and Challenges. Springer

Perreault, T.; Bridge, G. & McCarthy, J. (2015) Routledge Handbook of Political Ecology. Routledge.

Barca S. (2020) Forces of Reproduction: Notes for a Counter-Hegemonic Anthropocene. Cambridge University Press.

Armiero, M. (2023)  Wasteoceno. La era de los residuos. Historias del vertedero global. Ed. Los libros de la Catarata.


Bibliografía complementaria