Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Edición de Contidos en Función da Plataforma Código 616531110
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
francisco.sanchez@udc.es
Web http://www.mpxa.net
Descrición xeral Os alumnos aprenderán a xestionar os procesos e as técnicas necesarias para construír contidos informativos en función do soporte tecnolóxico onde lles toque actuar, sacando o maior proveito de cada un deles. Converteranse en expertos en edición de contidos tanto textual como visualmente, para a súa difusión en calquera soporte: impreso, web, televisión, radio, RRSS, etc. O obxectivo é que sexan capaces de poñer a tecnoloxía ao servizo do contido.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Conceptualizar e deseñar produtos de comunicación xornalística e de entretemento en calquera plataforma, desde análise de tendencias de consumo TIPO: Competencias AP32
Utilizar as ferramentas e aplicacións tecnolóxicas necesarias para o exercicio da súa profesión. TIPO: Habilidades AP38
Elaborar textos de diversa índole especialmente relacionados co seu perfil profesional, facilitando a súa comprensión por parte das persoas ás que van dirixidas TIPO: Habilidades AP42

Contidos
Temas Subtemas
Edición de texto Os Libros de Estilo e os seus apartados.
Explicación da ferramentas de edición
Elaboración de noticias.
Titulación.
A Primeira
Edición de audio e video Narrativa visual aplicada á edición de pezas informativas
Narrativa sonora e podcast
Edición de contidos na contorna dixital Infografía: disciplina de disciplinas
Aptitudes e Actitudes
Transversalidade


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A38 A42 20 35 55
Presentación oral A38 2 2 4
Seminario A32 15 0 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo individual ou en equipo, na aula de informática, no que o alumnado inicia ou continúa o desenvolvemento de exercicios, proxectos, investiga e/ou aplica conceptos co apoio do profesor na aula.
Presentación oral Presentación e defensa dos traballos
Seminario Presentación na clase de novos contidos e descrición dos materiais empregados, por parte do profesor. Preguntas dos estudantes

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición

A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías denominada "Titorías" na memoria de verificación do título, concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A32 Asistencia e participación dos alumnos 70
Traballos tutelados A38 A42 Cada alumnos elixirá un xénero xornalístico e redactará un texto para entregar no xornal. Ademais, decidirán en grupo cómo e onde deberán ir eses temas: en qué sección, en qué lugar da páxina, a qué tamaño... e deseñarán a primeira páxina do xornal do día seguinte.
Edición e locución dunha noticia
Elaboración dunha infografía
30
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica La Voz de Galicia (). Libro de Estilo de "La Voz de Galicia".
Jonathan Gray and Liliana Bounegru (2019). The Data Journalism Handbook 2. European Journalism Centre and Google News Initiative
Luis Fraga y María Solar (2017). ¿Quieres ser periodista?. Siruela

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías