Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Audiencias e Mercados no Sector Audiovisual Código 616531113
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Rodríguez Fernández, Nereida
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
nereida.rodriguezf@udc.es
Web http://www.mpxa.net
Descrición xeral Deseñar un traballo de investigación de mercado para identificar e prever as tendencias do sector audiovisual a través dos sitios web especializados e foros da industria, de modo que poidan propoñer proxectos audiovisuais adaptados ás necesidades do mercado.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizar e prever as tendencias do mercado xornalístico e audiovisual no escenario dixital TIPO: Competencias AP21
Analizar a evolución das audiencias na contorna dixital TIPO: Competencias AP23
Capacidade para realizar análises detallados e sistemáticos de informes sectoriais para a industria xornalística e audiovisual TIPO: Competencias AP27
Identificar oportunidades e desafíos que contribúan ao desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social en liña co previsto nos ODS nos procesos de produción de contidos xornalísticos e audiovisuais. TIPO: Coñecementos ou contidos AP33
Identificar e describir as peculiaridades das novas contornas empresariais, de produción, tecnolóxicas, laborais, etc., ao longo da vida profesional, para adaptar os contidos aplicando as ferramentas e tecnoloxías máis apropiadas en cada caso, coma o desenvolvemento da IA. TIPO: Coñecementos ou contidos AP34
Identificar os síntomas da evolución do consumo de contidos audiovisuais e xornalísticos tanto informativos como de entretemento. TIPO: Coñecementos ou contidos AP35
Analizar as tendencias de programación e creación de obras documentais, formatos informativos e de entretemento. TIPO: Coñecementos ou contidos AP36
Desenvolver hábitos e destrezas que permitan acometer proxectos de investigación tanto no ámbito universitario coma no da empresa. TIPO: Habilidades ou destrezas AP37
Utilizar as ferramentas das tecnoloxías e aplicacións necesarias para o exercicio da súa profesión. TIPO: Habilidades ou destrezas AP38

Contidos
Temas Subtemas
Tendencias e consumos Industria e contorna audiovisual
Evolución e tendencias: distribución en salas vs “streaming”
O valor económico do produto audiovisual
Xéneros e preferencias do espectador
Audiencias clásicas e novas audiencias Nova cultura cualitativa
A nova e a vella cultura da produción
O novo mercado
Espectadores como clientes directos. Cambios na forma de consumir.
Investigación de Mercado e Benchmarking A investigación de mercado
Ferramentas
Segmentación e selección de targets
O plan de márketing
Criterios creativos
Deseño da campaña: publicidade e comunicación
Análisie de repositorios e programacións Análisis do mercado audiovisual.
As novas tendencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Seminario A21 A23 A27 A33 A34 A35 35 60 95
Traballos tutelados A21 A23 A36 A37 A38 8 46 54
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario
O Seminario inclúe como método de avaliación a “INTERVENCIÓN DO ESTUDANTE NA aula” que se reflicte na memoria de verificación do título.
Traballos tutelados Os alumnos realizan tarefas relacionadas co desenvolvemento do proxecto de maneira individual, que logo poñen en común cos seus compañeiros, profesores ou titores
Formulación/contextualización do problema ou escenario; definición das preguntas de indagación; xeración de hipótese; recollida de datos; interpretación de evidencias, análises de tendencias de contidos e evolución dos mercados; formulación de conclusións e revisión do proceso.
Os alumnos, de maneira autónoma, traballan os materiais proporcionados polo docente ou conseguidos por eles.
Os alumnos, de maneira autónoma, fóra de horas de clase, individualmente ou en equipo, resolven problemas, desenvolven prácticas ou proxectos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición

A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías denominadas “Titorías” na memoria de verificación de títulos, concíbese como momentos de traballo presencial co docente para a atención e seguimento do traballo realizado por cada estudante. Implican a participación obrigatoria dos estudantes. Indicarase a forma e tempo en que se desenvolverá en relación con cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A23 A36 A37 A38 Deseñar un traballo de investigación de mercado para identificar e prever as tendencias do sector audiovisual 70
Seminario A21 A23 A27 A33 A34 A35 Presentación na clase de novos contidos e descrición dos materiais empregados, por parte do profesor. Preguntas dos estudantes 30
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

 


Fontes de información
Bibliografía básica Finola Kerrigan (2017). Film Marketing. Routledge
Robert Marich (2009). Marketing to Moviegoers. Southern Illinois University Press
Elena Neira (2020). Streaming Wars. La nueva televisión.. Libros Cúpula

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías