Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Comunicación corporativa Código 616G01013
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Costa Sanchez, Carmen
Correo electrónico
carmen.costa@udc.es
Profesorado
Costa Sanchez, Carmen
León Sanjuán, María Victoria de
Correo electrónico
carmen.costa@udc.es
victoria.de.leon@udc.es
Web
Descrición xeral O/A profesional da comunicación ten enormes posibilidades de desenvolvemento profesional non só nos medios de comunicación, senón tamén nos departamentos de comunicación das organizacións (tamén chamados gabinetes de comunicación).
As empresas e institucións necesitan cultivar as relacións cos seus públicos (externos, intermedios e internos) para mellorar a súa imaxe e a xestión da organización.
Na actualidade, os medios interactivos e audiovisuais teñen cada vez máis importancia e cómpre contar con profesionais que dominen todas as súas posibilidades expresivas.
Esta materia impártese en segundo curso de grao unha vez que se alcanzaron coñecementos básicos e se comeza a tomar contacto cos grandes campos profesionais da comunicación: o xornalismo, a publicidade, a ficción, os formatos de televisión e o deseño. Mantén unha especial relación coa materia Publicidade Audiovisual por compartir o código comunicativo da persuasión e coa materia de terceiro curso Análisie Audiovisual porque posúe un enfoque esencialmente práctico inseparable do efecto social de súa mensaxe, é dicir, a comunicación corporativa pretende obter un determinado efecto na súa audiencia sen o cal carece de sentido.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer a función e planificación estratéxica da comunicación nas organizacións. A1
A3
A7
A9
A10
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C1
C2
C3
C4
Saber relacionarse cos medios de comunicación mediante as principais técnicas: notas de prensa, roldas de prensa, dossier, vídeo, audio e soporte interactivo. A1
A2
A7
A8
Elaborar mensaxes para a súa difusión corporativa externa e interna A1
Diseñar e producir eventos corporativos A1
A2
A3
A7
A8
A9

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. A COMUNICACIÓN CORPORATIVA 1.1. Introdución.
1.2. Antecedentes históricos da actividade profesional.
1.3. Definición. Obxectivo/s.
1.4. Planificar a comunicación.
TEMA 2. IDENTIDADE AUDIOVISUAL E MULTIMEDIA 2.1. Introdución. Conceptos.
2.2. Identidade gráfica corporativa.
2.3. Xestión da comunicación online. O community manager.
TEMA 3. ORGANIZACIÓN DE EVENTOS 3.1. Obxectivos.
3.2. Tipoloxía.
3.3. Etapas.
3.4. A conferencia de prensa.
TEMA 4. PORTAVOCÍA AUDIOVISUAL 4.1. O voceiro.
4.2. Preparación argumental do portavoz.
4.3. Comunicación Non Verbal.
4.4. Intervencións nos medios audiovisuais.
TEMA 5. AUDITORIA DE COMUNCACIÓN 5.1. Introdución. Concepto.
5.2. Obxectivos.
TEMA 6. COMUNICACIÓN INTERNA

6.1. Introdución.
6.2. Fundamentos.
6.3. Situación actual.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A2 A3 A7 A8 A9 A10 27 29 56
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A8 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C4 28 56 84
Aprendizaxe servizo A1 A2 A3 A12 B2 B4 B6 C2 C3 C4 3 5 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Talleres prácticos desenvolvidos nos grupos medianos. A docencia interactiva combinará unha metodoloxía presencial/online.
Sesión maxistral Exposición de teoría e casos aplicados, que se complementarán con lecturas e estudos de caso.
Aprendizaxe servizo Desenvolvemento de obradoiro aplicado a unha organización real.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
Titorías individuais ou en pequenos grupos, mediante correo electrónico e Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A8 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C4 Os contidos teóricos e teórico-prácticos serán avaliados por medio dunha proba escrita. Hai que superar asimesmo a parte práctica da materia. 40
Obradoiro A1 A2 A3 A7 A8 A9 A10 Avaliarase o resultado, así como o proceso de planificación e desenvolvemento dos traballos. A metodoloxía de Aprendizaxe-servizo inclúese nesta avaliación. A asistencia a actividades complementarias da materia inclúese nesta avaliación. 60
 
Observacións avaliación

Requírese superar tanto a parte práctica como a proba escrita da materia. Requírese asistencia. Non se admiten faltas de ortografía, nin en traballos nin no exame. 

Mantéñense os criterios para a convocatoria de xullo.

Aqueles estudantes que non completaron o proceso de avaliación continua e/ou que non se presentaran ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames. Nesta convocatoria a profesora fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de exención de asistencia, os criterios, actividades e o peso que terán na avaliación serán o mesmo para as dúas oportunidades.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 


Fontes de información
Bibliografía básica Costa-Sánchez, C.; Túñez-López, M., Míguez-González, M (2020). Comparative analysis of corporate communication management between companies and institutions. Comunicaçao e Sociedade, 37-51
Costa-Sánchez, Carmen y Martínez Costa, Sandra (2018). Comunicación Corporativa Audiovisual y Online. Innovación y tendencias. . Barcelona: UOC
Túñez López, M. ; Costa-Sánchez, C. (2014). Comunicación corporativa. Claves y escenarios.. Barcelona: UOC
Cornelissen, J. (2011). Corporate Communication. A guide to theory and practice.. London: SAGE.
Grunig, J. y Hunt, T. (2003). Dirección de Relaciones Públicas.. Barcelona: Gestión 2000.
Costa-Sánchez, C.; Túñez-López, M., Míguez-González, M. (2020). Gestión de la comunicación en la PYME . Estudios sobre el mensaje periodístico, 26(3), 927-938.
Losada Díaz, J. C. (coord.) (2004). Gestión de la comunicación en las organizaciones. Barcelona: Ariel
Túñez López, M. (2012). La gestión de la comunicación en las organizaciones.. Sevilla: Comunicación Social.
García Santamarina, J. V. (2019). Las nuevas fronteras de la comunicación corporativa. Barcelona: UOC
Romero, L. M. (2020). Manual de gestión de la comunicación corporativa. Madrid: Editorial tecnos
Xifra, J. (2014). Manual de Relaciones Públicas e Institucionales.. Madrid: Editorial Tecnos.
Dotras, A. (2016). Social media. Herramientas y estrategias empresariales.. Madrid: RAMA Editorial.
Estanyol Casals, E., García Simón, E. y Lalueza, F. (2016). ¿Cómo elaborar un plan de comunicación corporativa?. Barcelona: Editorial UOC.

Bibliografía complementaria Jiménez Morales, M. y Panizo Alonso, J. (2017). Eventos y protocolo: la gestión estratégica de actos corporativos e institucionales. . Barcelona: Editorial UOC
Camacho Markina, I. (2017). Formación de portavoces: Cómo conseguir una comunicación efectiva ante los medios y otros públicos.. Barcelona: Editorial UOC
García Orosa, B. (2005). Los altavoces de la actualidad: Radiografía de los gabinetes de comunicación‎. A Coruña: NetBiblo.
Aced, Cristina (2013). Relaciones Públicas 2.0.. Barcelona: UOC.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación oral e escrita/616G01001
Comunicación e industrias culturais/616G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estratexias de comunicación multimedia/616G01035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías