A primeira oportunidade realízase mediante evaluación contínua dos traballos prácticos e unha proba escrita. O incumprimento na entrega en data de traballos supón a exclusión do sistema de evaluación contínua, polo que o alumnado optará a un exame específico na data oficial. Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán solicitar dispensa académica según as condicións descritas na Norma que Regula o Rexime de Dedicación ao Estudo e a Permanencia e a Progresión dos Estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da Coruña aprobada polo Consello Social o 04/05/2017.
A segunda oportunidade consiste na realización dunha proba teórica e un traballo práctico a entregar na data oficial de exame.
Nesta materia a presentación material dos traballos considérase parte da aprendizaxe e como tal é avaliable. Non se admitirá un traballo que non acade o estandar mínimo universitario.
As faltas de ortografía considéranse unha falta grave, de forma que cinco faltas de ortografía no mesmo traballo supoñen un suspenso, e catro ou menos restan 0,25 puntos cada unha.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.