Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Guión Código 616G01018
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Nozal Cantarero, Teresa
Correo electrónico
teresa.nozal@udc.es
Profesorado
Nozal Cantarero, Teresa
Correo electrónico
teresa.nozal@udc.es
Web
Descrición xeral A elaboración do guión é o paso previo imprescindible en calquera procedemento de produción audiovisual. Nesta asignatura, o alumnado introducirase nas técnicas, estratexias e formatos necesarios para desenvolver a súa faceta de guionista.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer dinámicas de escrita creativa. A2
A7
Coñecer as ferramentas de traballo necesarias para o desenvolvemento de guións. A7
A8
C3
Coñecer e manexar os códigos, técnicas e estruturas narrativas necesarias para realizar un produto atractivo para o espectador. A1
A2
A7
B6
C3
Desenvolver a capacidade de visualización que require a escrita audiovisual A1
A12

Contidos
Temas Subtemas
O guión orixinal Fases na elaboración dun guion. Dende a idea á elaboración do guion literario e técnico

A estrutura. Estratexias de interese

Personaxes

Diálogos
O guión adaptado Escribir para un guion audiovisual
O guión seriado Escritura autoconclusiva e horizontal
O guión de programas Planificación
Desenvolvemento
O guión documental Guion de documentais
O guión multimedia/interactivo O guion de formatos interactivos
O guión técnico Paso do guion literario ao guion técnico.
Formatos de guion técnico.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B6 C3 24 50 74
Proba mixta A7 A12 B6 1 50 51
Sesión maxistral A7 A8 A12 23 0 23
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Proba mixta A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
O profesor resolverá dúbidas do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B6 C3 Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. 50
Proba mixta A7 A12 B6 A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. Pode ser escrita ou oral, presencial ou online. Parcialmente formará parte da avaliación continua.
50
 
Observacións avaliación

O estudante debe consultar periódicamente a plataforma do Campus Virtual onde se publicarán avisos, datas de entrega, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma apoiando así a política Green Campus da UDC.

Seguirase un sistema de avaliación continua, para o que terán que facer:

1. Unha proba teórica no horario de clase que suporá o 25% da nota final e que, ainda que sexa obrigatoriamente presencial na aula, o profesor pode plantexala a través do campus virtual, o que require que o estudante leve un equipo axeitado. A non asistencia ese día á clase (data publicada o primeiro día de clase) e a conseguinte non realización da proba suporá para o estudante a perda da porcentaxe desa tarefa na nota global.

2. Realizar unha serie de actividades a través do Campus Virtual (con data límite de entrega) en tempo e forma. Esto suporá o 50% da avaliación final. Todo isto informarase no primeiro día de clase, publicarase no Campus Virtual e a execución seguirase a través da mesma plataforma do Campus Virtual. Se algún estudante non cumple a entrega en tempo e forma a través do Campus Virtual considerarase ese traballo non feito e a calificación que lle correspondería na avalización global a esa tarefa quedará deserta.

3. Realizar unha proba teórica na data oficial do exame que suporá o 25% da nota final.

Os guións dos estudantes poden ser expostos durante as clases e lidos e/ou analizados por compañeiros.

recuperación na segunda convocatoria pode ser completa ou parcial. No caso de que o estudante se acolla á recuperación parcial poderá repetir as probas teóricas ou prácticas que puntúan autonomamente, pero non o conxunto dos numerosos exercicios breves realizados presencialmente na aula ao longo do curso cuxa puntuación global é 1. Sempre prevalecerá a derradeira puntuación obtida. No caso da recuperación completa, o punto dos numerosos exercicios realizados presencialmente na aula ao longo do curso pasará a prorratearse na puntuación práctica.

Toda exposición oral ou escrita terá que respectar os usos e normas desta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendida e, por conseguinte, avaliada.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Os estudantes con matrícula parcial ou exención académica de asistencia deberán concretar coa profesora o sistema de traballo antes do inicio do curso ou coma moi tarde na primeria semana do mesmo.

O uso da Intelixencia Artificial, de ser o caso, debe ser indicado no traballo como unha referencia na que se especificará cal se empregou, en que versión, e a instrución (prompt) dada a IA para a obtención do resultado.


Fontes de información
Bibliografía básica Selbo, Jule (2016). Screenplay : building story through character. New York : Routledge
Syd Field (2002). Cómo mejorar un guión. Madrid. Plot ediciones
CHION, Michel (2009). Cómo se escribe un guión. Madrid. Cátedra
Aguyé, Ramón (2017). Cómo se escribe un guion: doce guiones de cortometraje. Sevilla. Punto Rojo
Comparato, Doc (2002). De la creación al guión. Madrid. IORTVE
Rabiger, Michael (2001). Dirección de documentales. Dirección de documentales
Seger, Linda (2021). El arte de la adaptación. Como convertir hechos y ficciones en películas. Rialp
Esteban Cubero, David (2022). El formato de guion: Guía para escribir como un guionista profesional.
Mckee, Robert (2004). El guión. Barcelona. Alba Editorial
Ríos San Martín, Manuel ( coordinador) (2012). El guión para series de televisión . Madrid : Instituto RTVE
Syd Field (2002). El libro del guión. fundamentos de la escritura de guiones.. Madrid. Plot ediciones
Syd Field (2002). El manual del guionista. Ejercicios e instrucciones para escribir un buen guión paso a paso. Madrid. Plot ediciones
Sánchez Escalonilla, Antonio (2014). Estrategias de guión cinematográfico. Barcelona. Ariel /Obligatorio para examen
Bateman, Chris (ed.) (2007). Game writing. Narrative skills for videogames. Thompson
Sánchez Escalonilla, Antonio (2019). Guion de aventura : tramas de forja heroica. Barcelona. Editorial Ariel
De la Cruz, Ángel (2016). La escalera de papel: los primeros pasos hacia el Goya. Ézaro ediciones
El material del campus virtual que indique la profesora en el aula (). Todo lo disponible en el Campus Virtual que indique la profesora en el aula. Obligatorio para examen
Caporicci, Cristina y Helena Mas (2018). ¿Cómo se crea una teleserie dramática?. Barcelona. Editorial UOC

Bibliografía complementaria Diamante, Julio (2010). De la idea al film. Madrid. Catedra
Huet, Anne (). El guión. Barcelona. Paidos
Vanoye, Francis (1996). Guiones modelo y modelos de guión. Barcelona. Paidos
Vale, Eugene (2002). Técnicas del guión para cine y televisión . Barcelona. Gedisa
Marx, Christy (2007). Writing for Animation, Comics and Games. Focal Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia do cine e da animación/616G01006
Ficción audiovisual/616G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que o alumno consulte periodicamente a plataforma do Campus Virtual onde se colgarán avisos, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma. Asemesmo recoméndase o emprego das plataformas Stream e Teams que serán empregadas como apoio para a docencia de ser o caso.  

Seguirase un sistema de avaliación continua para o que o estudante terá que facer unha proba teórica adiantada no horario de clase, entregar unha serie de exercicios a través da plataforma do Campus Virtual. De todo iso coas datas informarase o primeiro día de clase, colgarase a información no Campus Virtual e seguirase a execución a través da mesma plataforma. A non realización ou entrega en tempo e forma de calquera das actividades da avaliación continua, suporá a perda desa parte proporcional na avaliación global do estudante.

Todo escrito, vídeo ou exposición oral terá que aterse aos usos e normas nesta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española (segundo o idioma elexido) para que poida ser correctamente entendido e en consecuencia avaliado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías