Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Formatos de televisión e novos medios Código 616G01019
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
González Neira, Ana María
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
ana.gneira@udc.es
Web
Descrición xeral No actual panorama audiovisual os contidos sitúanse no máis alto da cadea de valor. O obxectivo desta asignatura é que os alumnos:
- se familiaricen coa análise das grellas de programación e cos novos deseños de programación de contidos audiovisuais nun entorno multiplataforma
- identifiquen e analicen a casuística de cada un dos xéneros audiovisuais
- coñezan o proceso de ideación e creación de formatos
- descubran os mecanismos de comercialización e adaptación dos formatos audiovisuais
- analicen o proceso de converxencia do sistema audiovisual, e
- coñezan e investiguen os novos contidos que se están producindo para os soportes emerxentes.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Crear productos audiovisuais A2
A6
A7
A8
C3
C4
Comunicar mensaxes audiovisuais A1
A12
B9
C1
C2

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Estructura da Televisión 1.1.- Organización interna das televisións
1.2.- Departamento de informativos
1.3.- Departamento de programas
1.4.- Departamento de produción allea
1.4.1.- A relación coas produtoras
Tema 2.- Programación 2.1.- Filosofía empresarial da canle
2.2.- Criterios de viabilidade
2.3.- A grella como estratexia de fidelización da audiencia
2.4.- Principais técnicas de programación
2.5.- A programación nun entorno multiplataforma
Tema 3.- Xéneros audiovisuais 3.1.- Informativos
3.2.- Entretemento
Tema 4.- Formatos televisivos 4.1.- Características do formato televisivo
4.2.- Tendencias
4.3.- Crear un formato
4.4.- Adaptación dun formato
4.5.- Comercialización dos formatos
Tema 5.- Dixitalización e converxencia 5.1.- Os contidos audiovisuais nun entorno multiplataforma
5.2.- Da planificación vertical á horizontal
5.3.- Novas vías de distribución
5.4.- A xestión integral dos contidos
Tema 6.- Contidos audiovisuais para os novos soportes 6.1.- Principais contidos para os novos media
6.2.- Formatos multiplataforma
6.3.- O branded content
6.4.- Formatos e Redes Sociais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 B9 C3 22 0 22
Traballos tutelados A1 A2 A7 30 60 90
Estudo de casos A6 A8 C1 C2 2 14 16
Presentación oral A12 2 6 8
Proba mixta C4 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nestas clases explicaranse os diferentes temas do programa, para o que se contará co apoio de presentacións power-point, vídeos e diversos materiais que faciliten a explicación dos asuntos abordados e que se empregan habitualmente nas televisións e produtoras audiovisuais.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre os alumnos deberán realizar diferentes traballos en grupo e indviduais (segundo o cronograma da asignatura) que computarán na nota final.
Os contidos destes traballos son os seguintes
- análise dos novos contidos e das novas técnicas de programación na contorna dixital
- ideación dun formato
Estudo de casos Realizaranse os seguintes estudos de casos:

- revisión de materiais de formatos de entretemento
- análise das tendencias de formatos a nivel internacional
Presentación oral É importante para a formación dos alumnos que se fagan coas técnicas de defensa de proxectos de maneira oral, polo que terán que facer unha presentación oral do formato audiovisual que teñan deseñado e dos traballos prácticos de programación
Proba mixta Un exame escrito no que o alumno terá que demostrar os coñecementos adquiridos

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Presentación oral
Descrición
O profesor tutelará os traballos do alumno a través das sesións destinadas á atención personalizada, así coma no seguimento e corrección dos traballos tutelados e das prácticas realizadas na aula.

Dado o peso importante que teñen os traballos prácticos nesta asignatura, haberá que analizar caso a caso as circunstancias do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta C4 Exame escrito con preguntas curtas e preguntas a desenvolver 40
Traballos tutelados A1 A2 A7 - análise dunha grella de programación e localización de xéneros por canles
- análise das novas técnicas de programación na contorna dixital
- ideación de un formato
55
Presentación oral A12 Presentación oral dos traballos prácticos 5
 
Observacións avaliación

OPCIÓNS DE AVALIACIÓN:


Opción 1.-
Alumnos con dedicación completa
a) Elaboración e presentación dos traballos prácticos 60%
b) Exame escrito sobre os contidos da materia 40%


Opción 2.- 
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña”. Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017.

a) Elaboración e presentación dos traballos prácticos 60%
b) Exame escrito sobre os contidos da materia 40%


OBSERVACIÓNS ADICIONAIS


1.- Para aprobar a materia é necesario superar tanto o exame escrito como cada unha das probas prácticas (traballos tutelados).
2.- As faltas de acentuación ou calquera outro tipo de erro ortográfico poderá invalidar o exame (só se aceptará un máximo de dúas tildes mal colocadas ou inexistentes). Non se tolerarán faltas ortográficas graves.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica https://www.barloventocomunicacion.es (). .
ARROJO, M.J. (2014). "La televisión social revoluciona la televisión tradicional. Hacia un nuevo modelo de televisión participativa". En Gallardo J. y Vadillo N. (ed) Las nuevas tecnologías audiovisuales frente . Tenerife: Dragó
VILLAGRASA, J.M. (2010). Atrápalos como puedas! La competencia televisiva: programación y géneros. Valencia : Tirant lo Blanch
RUANO, S. (2009). Contenidos culturales en las televisiones generalistas. Madrid: Fragua
ARROJO, M.J. y PIÑUEL, J.L. (2015). Contenidos digitales y multipantalla. Tenerife: Dragó
FRANCÉS, M. (coor) (2011). Contenidos y formatos de calidad en la nueva televisión. Madrid: Instituto RTVE
ARROJO, M.J. (2010). Distribución y financiación de formatos audiovisuales en Internet. Nuevas estrategias para rentabilizar los contenidos. Telos, n. 85, Madrid: Fundación Telefónica
CEBRIÁN, M. (1992). Géneros informativos audiovisuales Radio, Televisión, Periodismo Gráfico, Cine, Video. Madrid : Ciencia 3
ARROJO, M.J. (2017). Information and the Internet. An analysis from the perspective of the Sciences of the Artificial. Minds and Machines
LACALLE, CH. (2005). Los formatos de la televisión. Barcelona: Gedisa
ARROJO, M.J. (2015). Social television as a new relationship between conventional TV and the audience: An analysis of its aims, processes and results. International Journal of Social Sciences Studies
ARROJO, M.J. (2015). Tipos de novedad en los Juegos de Realidad Alternativa, acciones sociales y el tercer entorno. En del Valle, C. y Salgado, C. (ed), Nuevas formas de expresión en comunicación. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España
ARROJO, M.J. (2012). “Algo más que Juegos de Realidad Alternativa: The truth about Marika; Conspiracy for Good; y Alt Minds”. http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4247757
ARROJO, M.J. (2012). “La Televisión Social. Nuevas oportunidades y nuevos retos para el sector audiovisual”. http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4247732
ARROJO, M.J. (2014). “Los Juegos de Realidad Alternativa. Una nueva generación de contenidos multimedia interactivos”, en SIERRA, J., Y RODRIGUES, D. (coord.) Contenidos digitales en la era de la sociedad conectada. Madrid: Fragua
SALÓ, G. (2003). ¿Qué es eso del formato? Cómo nace y se desarrolla un programa de televisión. Barcelona: Gedisa

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase encarecidamente que se revisen as normas sintácticas, semánticas e ortográficas da asignatura de primeiro de grao "Comunicación oral e escrita" antes de comezar.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías