Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Estudo da audiencia Código 616G01020
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Quintas Froufe, Natalia
Correo electrónico
n.quintas.froufe@udc.es
Profesorado
Quintas Froufe, Natalia
Correo electrónico
n.quintas.froufe@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade principal da materia Estudo da Audiencia é coñecer o sector audiovisual desde o punto de vista dos receptores. Para iso estúdanse e analízanse as principais técnicas de investigación de audiencias, tanto as cuantitativas coma as cualitativas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
- Coñecer as metodoloxías de investigación e análise de audiencias. A4
A6
A8
A11
B9
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
I) Bloque temático I. A conceptualización da audiencia. Unidade didáctica 1. A definición da audiencia. Introducción aos estudos da audiencia

Unidade didáctica 2. Formas, estratexias e tendencias no consumo de medios
II) Bloque temático II. Tipoloxías de investigación de audiencias: cuestións metodolóxicas. Unidade didáctica 3. Métodos e técnicas na investigación e medición de audiencias
III) Bloque temático III. Os medios e a súa medición. Unidade didáctica 4. A medición de audiencia en televisión
Unidade didáctica 5. Medición de audiencia en radio, cine, prensa e internet

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A4 B9 C1 29 29 58
Lecturas A4 A6 1 3 4
Sesión maxistral A6 A8 A11 C2 C3 C4 29 58 87
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
A realización dos obradorios realizarase, na maioría das ocasións, de xeito presencial.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Nos obradorios os/as alumnos/as recibirán atención personalizada para levar a cabo os traballos requeridos en cada un deles.

Os/as alumnos/as recibirán tamén atención personalizada a través das siguientes ferramentas:
- Correo electrónico: según as demandas do alumnado.
- Campus virtual: semanalmente e segundo a necesidade do alumnado.
- Microsoft Teams: segundo a necesidade do alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A4 B9 C1 A avaliación dos obradoiros realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados e suporá o 50% da cualificación final. 50
Sesión maxistral A6 A8 A11 C2 C3 C4 A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final. 50
 
Observacións avaliación

-  A avaliación dos obradoiros realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados pola docente que suporá o 50% da cualificación final. Istes traballos deberán ser entregados na data e forma indicada pola docente para poder ser avaliados.

-  A copia de fragmentos de textos sen citar a autoría da fonte significará a non valoración dos exercicios. 

-  A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá ó 50% da cualificación final.

-  Será necesario alcanzar o valor medio de cada una das partes para aprobar a asignatura, para iso será obrigatorio superar o exame final (cunha cualificación mínima de 2,5 puntos) e os exercicios prácticos (cunha cualificación mínima de 2,5 puntos). 

- Aqueles estudantes que non completen o proceso de avaliación continua ou/e que non se presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais da Facultade de Ciencias da Comunicación. Nesta convocatoria o profesor fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria oficial do exame. 

- En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a capacidade de expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e reflexiva; a redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así como o coidado formal na presentación dos exercicios.

-  Ortografía: as posibles faltas de ortografía no examen e traballos poderán supoñer a non valoración destes.

- Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. 


Fontes de información
Bibliografía básica Huertas Bailén, A. (2015). Yo soy audiencia : ciudadanía, público y mercado . Barcelona: UOC
Napoli, P. M. (2011). Audience Evolution, New Technologies and The Transformation of Media Audiences. New York: Columbia University Press
Dayan, D. (Comp.) (1997). En busca del público. Barcelona: Gedisa.
Callejo Gallego, J. (2001). Investigar las audiencias: un análisis cualitativo. Barcelona: Paidós
Medina, M. (coord.) (2015). La audiencia en la era digital. Madrid: Fragua
Huertas Bailén, A. (2002). La audiencia investigada. Barcelona: Gedisa
Quintas-Froufe, N. y González-Neira, A. (2021). Los estudios de la audiencia: de la tradición a la innovación . Gedisa
Morley, D. (1996). Televisión, audiencias y estudios culturales. Buenos Aires: Amorrortu
Nightingale, V. (2011). The Handbook of Media Audiences. Malden: Wiley- Blackwell
Orozco Gómez, G. y González, R. (2012). Una coartada metodológica: abordajes cualitativos en la investigación en comunicación, medios y audiencias. México: Productora de Contenidos Culturales

Durante o cuatrimestre os docentes poden incorporar novos manuais e referencias bibliográficas.

Bibliografía complementaria Huertas Bailén, A. y Figueras-Maz, M. (2014). Audiencias juveniles y cultura digital . Barcelona: UAB
García-Jiménez, A., Barredo-Ibáñez, D. y Rodrigues da Cunha, M. (2021). Nuevas audiencias, consumidores y culturas digitales . Alicante: Universidad de Alicante
Grandío, M. M. (2009). Audiencia, fenómeno fan y ficción televisiva: el caso de friends. . Argentina: Libros en Red
Vaca Berdayes, R. (2009). El puzle de la audiencia televisiva. Madrid: Fundación Ex-libris
Neira, E. (2015). La otra pantalla: redes sociales, móviles y la nueva televisión. Barcelona: UOC
Quintas-Froufe, N. y González-Neira, A. (Coord.) (2015). La participación de la audiencia en la televisión: de la audiencia activa a la social. Madrid: AIMC
Clares-Gavilán, J. (Coord) (2019). La revolución over the top : del video bajo demanda (VOD) a la televisión por internet. Barcelona: UOC
Álvarez Monzoncillo, J.M. (2011). La televisión etiquetada: nuevas audiencias, nuevos negocios . Barcelona: Fundación Telefónica
Llamazares Redondo, F., y Rodríguez de Mier, B.A. (2017). Medición de audiencias: TOM Micro. Utilidades en la elaboración de un Plan de Medios. ESIC editorial
Igartua Perosanz, J. J. (2006). Métodos cuantitativos de investigación en comunicación . Barcelona: Bosch
Martínez-Costa Pérez, M.d.P., Moreno-Moreno, E. y Martí, J.M. (2004). Programación radiofónicaarte y técnica del diálogo entre la radio y su audiencia . Barcelona: Ariel
Das Ranjana & Ytre-Arne, B.(Editors) (2018). The Future of Audiences : a Foresight Analysis of Interfaces and Engagement. Cham: Springer International Publishing


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia da Radio, a Televisión e a Multimedia/616G01002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Publicidade audiovisual/616G01012

Materias que continúan o temario

Observacións

- Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual para seguir o desenvolvemento da asignatura.

- Durante o cuatrimestre está prevista realizar unha actividade práctica en colaboración coa CRTVG. 

- Nesta materia desenvolveranse actividades docentes relacionadas coas liñas de inonovación docente ás que se adscribe o grupo de innovación docente GIDCOM.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías