-A teoría supón o 30% da nota e a práctica un 70%.
-Para superar a asignatura deben estar aprobadas as dúas partes (teoría e práctica). Para superar a parte práctica, deben estar aprobadas cada unha das prácticas finais, ademáis de entregadas en data e superadas, un mínimo dun 80% das prácticas de clase.
-As prácticas de
Obradoiro, sesións interactivas, contan cunha valoración máxima de 2 puntos na
nota final. A súa avaliación vai depender do número de prácticas entregadas en
tempo e forma e que se cumpran os requisitos indicados en cada unha.
-Cada práctica terá unha ponderación asignada. Poderá haber algunha cunha ponderación maior.
-Para o cómputo
das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido, desenvolvido e
entregado -a lo menos- o 80% das prácticas de grupo
mediano.
-Só se admitirán
as prácticas entregadas en tempo e forma. Para ter en conta a entrega débese
asistir á sesión correspondente. De non ser así, a entrega pasaría a
considerarse como non entregada.
-O incumprimento destes requisitos implicará a anulación
da entrega e, polo tanto, da súa valoración (cero puntos).
-Aquel alumnado
que entregase como mínimo o 80% de prácticas das sesións interactivas e teña
suspensa algunha delas (ou tivese algunha falta xustificada a algunha das
sesións) poderá recuperala no periodo de avaliación da convocatoria ordinaria.
-O alumnado que
non entregue o mínimo de 80% das prácticas do Obradoiro, non se lle computará esta
parte da avaliación na convocatoria ordinaria. Poderán obtela na 2ª
oportunidade para o cal o alumnado terá que entregar (cumprindo cos requisitos
indicados para cada unha) a lo menos o 80% das prácticas desenvolvidas nas sesións
interactivas, no tempo e forma que indicará o profesorado.
-O alumnado que entregue as prácticas do Obradoiro na 2ª convocatoria
deberán presentar as que lle falten para obter o mínimo do 80% e/ou as que
teñan suspensas.
-Todos os aspectos relacionados con
“dispensa académica”,
“dedicación ao estudo”,
“permanencia” e
“fraude académica” rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC.