Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ferramentas de creación multimedia Código 616G01027
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Villanueva Sampayo, Matías Abelardo
Correo electrónico
matias.villanueva@udc.es
Profesorado
Villanueva Sampayo, Matías Abelardo
Correo electrónico
matias.villanueva@udc.es
Web http://https://comunicacion.udc.es/gl/materias/ferramentas-de-creaci%C3%B3n-multimedia
Descrición xeral Nos últimos anos apreciouse a masiva utilización de contido multimedia estático e interactivo dentro da WWW. Nesta materia impártense coñecementos básicos que permitirán ao alumnado crear material multimedia, incluíndo a creación de banners publicitarios, videoxogos e contido interactivo.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Poderán xerar aplicacións multimedia con son, gráficos e imaxes, que poderán distribuírse en forma de sitio web. A2
A7
A8
B8
Adquirirá a destreza técnica para utilizar ferramentas de creación multimedia para a realización de animacións en 2D, interpolacións de movemento, presentacións multimedia e pequenos xogos. A2
A7
Entender as capacidades das tecnoloxías e metodoloxías aprendidas, as súas alternativas, as suas fortalezas e a súas problemáticas. C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Introducción Conceptos básicos de repaso introductorio.
Fundamentos de programación Estruturas de programación. Pseudocódigo, diagramas de fluxo.
Variables e tipos de datos.
Control de fluxo.
Estrutura dun programa. Funcións.
Tecnoloxías de animación e pequenos xogos Creación dun documento.
Creación de contido accesible.
Construción de código de programación orientado a pequenos xogos.
Creación dunha animación interactiva.
Creación dun videoxogo 2D.
Conceptos básicos de animación 2D Traballo con capas.
Creación dunha interfaz de usuario coas ferramentas de deseño.
Emprego das ferramentas de debuxo.
Creación de símbolos e instancias.
Adición de animación e navegación con botóns.
Adición de texto estático e dinámico.
Adición de son.
Animacións básicas.
Programación orientada a videoxogos 2D Introdución de programación.
Adición de interactividade.
Manexo de eventos principais.
Traballo con xerarquías.
Aleatoriedade e colisións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A8 14 5 19
Traballos tutelados A2 B8 C2 C3 C4 10 25 35
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C3 30 45 75
Proba obxectiva A7 A8 C2 C4 4 4 8
Presentación oral A2 B8 C2 C4 2 1 3

Atención personalizada 10 0 10

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos temas máis teóricos da materia.
Traballos tutelados Proxectos propostos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio.
Prácticas de laboratorio Creación de animacións 2D. Manexo dos efectos básicos. Creación de símbolos e tipos de texto. Publicación de animacións. Aprendizaxe da metodoloxía de animación interactiva. Creación de xogos 2D.
Proba obxectiva Proba de avaliación dos coñecementos teóricos e prácticos.
Presentación oral Presentacións de traballos e proxectos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
Seguemento dos proxectos e as prácticas propostas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A8 C2 C4 Proba relacionada cos coñecementos adquiridos na materia. 40
Traballos tutelados A2 B8 C2 C3 C4 Traballos baseados nos coñecementos adquiridos na materia e realizados co seguimento do docente. 20
Presentación oral A2 B8 C2 C4 Proba obxectiva do traballo tutelado (incluindo entrega de Memoria final). 20
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C3 Exercicios realizados nas clases prácticas da asignatura. 20

Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible entregar todas as prácticas de laboratorio e o traballo tutelado, e acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 puntos tanto neles como na proba obxectiva. A presentación oral do traballo tutelado é obrigatoria.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto
cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas
fora da organización habitual da materia.

Fontes de información
Bibliografía básica

- Fundamentos de programación: Algoritmos, Estructuras de Datos y Objetos - Luis Joyanes Aguilar – McGrawHill

- Fundamentos de programación - José López Herranz, Enrique Quero Catalinas – Paraninfo

Proporcionaráselle tamén ao alumnado documentación específica que será utilizada polo profesorado durante toda a materia en formato papel e/ou dixital.

Bibliografía complementaria

Manuais proporcionados polo profesorado.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación oral e escrita/616G01001
Fundamentos tecnolóxicos dos medios audioviosuais/616G01003
Informática audiovisual/616G01008
Publicidade audiovisual/616G01012
Comunicación corporativa/616G01013
Audio/616G01016
Informática para a creación de web e vídeo/616G01017
Guión/616G01018
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estratexias de comunicación multimedia/616G01035
Ferramentas web avanzadas/616G01036
Videoxogos/616G01037
Obradoiro de creación multimedia/616G01038

Observacións

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático.

- Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimirlos

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostebilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia.

Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas, e influirase no entorno para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.

Deberanse detectar situaciones de discriminación e proporcionaranse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguemento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías