Competencies / Study results |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Comunicar mensaxes audiovisuais. |
A2 |
Crear productos audiovisuais. |
A3 |
Xestionar proxetos audiovisuais. |
A4 |
Investigar e analizar a comunicación audiovisual. |
A7 |
Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual. |
A8 |
Coñecela tecnoloxía audiovisual. |
A10 |
Coñecelo marco legal e deontolóxico. |
A11 |
Coñecelas metodoloxías de investigación e análise. |
A12 |
Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B6 |
Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma |
B8 |
Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
B9 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C1 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C2 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C3 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C4 |
Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Comunicar mensaxes audiovisuais |
A1 A2 A3 A7 A8 A12
|
B2
|
C3 C4
|
Crear productos sonoros |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A12
|
B2 B3 B4 B8
|
C1
|
Investigar e analizar o componente sonoro da comunicación audiovisual |
A1 A4 A11
|
B6
|
|
Coñecelos principais códigos sonoros da mensaxe audiovisual |
A12
|
|
|
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
A11
|
B3 B4 B8 B9
|
C2
|
Traballar de forma colaborativa. |
|
B2 B4 B9
|
C2
|
Mellorar a capacidade de análise no que se refire aos diferentes compoñentes da linguaxe sonora |
A7 A11 A12
|
B8
|
C2
|
Mellorar a expresión oral. |
|
B6
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. |
A2 A3 A8
|
|
C2
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. O son na narración audiovisual.
|
I. Introdución ao son audiovisual
1.1. Introdución
1.2. A ilusión do son audiovisual
II. Escenario acústico
1.3. Paisaxe sonoro
1.4. Espazo sonoro
III. O son na industria audiovisual
1.5. O son no cine. Orixes e primeiros hitos
1.6. Os profesionais do son no audiovisual |
2. A dimensión sonora nas combinacións audiovisuais |
2.1. A audiovisión
2.2. O sistema de sons
2.3. Focalización e procesado dos sons
2.4. As combinacións audiovisuais
2.5. Clasificación de sons no relato audiovisual |
3. A música |
3.1. Conceptos musicais básicos e a súa relación con convencións audiovisuais
3.2. Breve aproximación histórica á musica no cine
3.3. A música audiovisual
3.4. Componentes estructurais e expresivos
3.5. Tipoloxías de música
3.6. Valor engadido pola música
3.7. Funcións da música audiovisual |
4. Os efectos de son |
4.1. Ruídos e espazo audible. A construción artificial da realidade
4.2. Tipoloxía de efectos de son
4.3. Cuestións de montaxe, edición e mezcla
4.4. Funcións
|
5. A voz |
5.1. Introdución
5.2. Vococentrismo e verbocentrismo
5.3. Tipoloxías de voz
5.4. O acusmaser
5.5. A doblaxe |
6. O silencio. |
6.1. O silencio dentro do continuum sonoro
6.2. Tipoloxías de silencio
6.3. Funcións
6.4. Silencio e kinésica |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 |
28 |
20 |
48 |
Case study |
A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B6 B8 B9 C2 |
2 |
6 |
8 |
Workshop |
A1 A2 A8 A10 A12 C2 |
22 |
4 |
26 |
Supervised projects |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C1 C3 C4 |
4 |
30 |
34 |
Short answer questions |
A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 |
1 |
20 |
21 |
Oral presentation |
A7 A12 B2 B4 B6 C2 |
3 |
2 |
5 |
|
Personalized attention |
|
8 |
0 |
8 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual para a súa consulta antes das clases.
Nas sesións maxistrais poderanse desenvolver microprobas tipo test, para determinar coñecementos e erros frecuentes na comprensión do material teórico, actividades orientadas a reforzar e facilitar a comprensión da materia, así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos clave da materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa. |
Case study |
Análise individual dun produto sonoro seguindo un enfoque relacionado cos contidos da materia. Dita análise entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) seguindo as normas previamente sinaladas pola docente. Ademáis de avaliar a análise terase en conta a calidade da gravación e edición de son.
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
|
Workshop |
Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas. Dentro destas prácticas intégranse dúas con maior ponderación na nota final: un retrato sonoro e o deseño sonoro dunha peza "contrarreloxo".
A entrega de ditas prácticas efectuarase de forma habitual ao rematar a clase ou, de ser o caso, no tempo e forma que sinale a docente.
|
Supervised projects |
Ideación e planificación de dous proxecto sonoros de carácter seriado cuxa forma, estilo, linguaxe, temática e/ou enfoque resulten innovadores. Deseño e produción íntegra dun dos episodios-pezas da proposta planeada, a modo de piloto.
Proxecto 1. De ideación grupal e execución individual.
Proxecto 2. De ideación e execución grupal. |
Short answer questions |
Exame dos contidos teóricos, de resposta breve e-ou definicións de conceptos. |
Oral presentation |
Presentacións dos proxecto sonoros en diversas fases. Estas presentacións desenvolveranse ao comezo da actividade, na fase de ideación, e -a lo menos- nunha das fases finais de produción do contido. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Oral presentation |
Short answer questions |
Guest lecture / keynote speech |
Case study |
Workshop |
Supervised projects |
|
Description |
O desenvolvemento de cada unha destas actividades contará con atención personalizada e continuada tanto na aula como fóra dela, co obxecto de apoiar ou reconducir a planificación ou execución de cada un destes traballos e solventar as dúbidas oportunas.
No caso do audioconto ou o proxecto final (traballos tutelados) que detenten unha maior carga de traballo autónomo, o seguimento destas actividades efectuarase nas clases prácticas sinaladas para tal fin, así como en titorías personalizadas a demanda do/a estudante o do seu equipo de traballo.
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Oral presentation |
A7 A12 B2 B4 B6 C2 |
Presentacións orais dos proxectos sonoros (traballos tutelados) nas súas diferentes fases. Nestas presentacións cada grupo deberá explicar o seu proxecto (en función do momento en que se desenvolvan poderán presentar a idea, o desenvolvemento do produto, decisións narrativas e estéticas...) e responder as cuestións dos/as compañeiros/as.
As presentacións tamén implican unha participación activa da aula, con suxestións, propostas ou valoracións que poidan mellorar o resultado final.
Para a avaliación das presentacións orais débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar en cada presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar un formulario de valoración-propostas de mellora. |
10 |
Short answer questions |
A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 |
Proba de resposta breve. Preguntas concretas, definicións, que amosen a adquisición dos contidos teóricos da materia.
Só se computarán aquelas respostas completamente correctas. |
30 |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 |
No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades, test, exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientadas á consolidación dos contidos teóricos. Como parte destas sesións poderanse integrar conferencias de expertos/as na materia ou valorar a asistencia e participación en actividades deste tipo desenvolvidas no eido da Facultade-Universidade.
Terase en conta a participación oral na aula dentro ou fóra dos debates dirixidos, as intervencións de valor na análise de fragmentos audiovisuais ou a introdución de novos exemplos. |
5 |
Case study |
A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B6 B8 B9 C2 |
Análise sobre un produto sonoro seleccionado pola profesora, será realizado de forma individual e presentado na aula de teoría. Na avaliación terase en conta tanto a calidade da análise e reflexión crítica como do son, sendo preciso obter un mínimo de 50% da nota para o seu cómputo.
No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de cero puntos.
Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de cero puntos. |
5 |
Workshop |
A1 A2 A8 A10 A12 C2 |
As prácticas de obradoiro contan cunha valoración máxima de 1 puntos na nota final. A súa avaliación vai depender do número de prácticas entregadas en tempo e forma, así como da calidade dos traballos e a reflexión crítica sobre os mesmos.
Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido, desenvolvido e entregado -a lo menos- o 80% das prácticas tipo obradoiro (prácticas de grupo mediano).
Só se admitirán as prácticas/portafolios entregados en tempo e forma. Para ter en conta a entrega débese asistir a sesión correspondente. De non ser así a entrega pasaría a considerarse una práctica fraudulenta co consecuente suspenso da convocatoria.
O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, polo tanto, da súa valoración (cero puntos).
|
10 |
Supervised projects |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C1 C3 C4 |
Ideación e planificación de dous proxecto sonoros de carácter seriado cuxa forma, estilo, linguaxe, temática e/ou enfoque resulten innovadores. Deseño e produción íntegra dun dos episodios-pezas da proposta planeada, a modo de piloto.
Proxecto 1. De ideación grupal e execución individual. Conta cunha valoración máxima de 1,5 puntos.
Proxecto 2. De ideación e execución grupal. Conta cunha valoración máxima de 2,5 puntos. Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.
Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de cero puntos. |
40 |
|
Assessment comments |
Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. Nesta explicación e, en xeral, na materia promoverase a reflexión crítica en torno aos condicionantes das desigualdades existentes nos ámbitos da produción, recepción e contidos sonoros-audiovisuais, con especial énfase no que respecta as crenzas, estereotipos e roles de xénero (na liña do ODS5). Con este cometido valorarase positivamente a inclusión da perspectiva de xénero nos exercicios, prácticas e proxectos así como o emprego dunha linguaxe inclusiva no seu desenvolvemento. Máis aló do xénero nas actividades promoverase o desenvolvemento de actividades e enfoques na liña dos ODS buscando alianzas para acadar os obxectivos (ODS17), con outras entidades (dentro e fóra da universidade). Dada a importancia do traballo en grupo dentro da materia, estableceranse sistemas de seguemento-avaliación para valorar o grado de cohesión e participación das persoas integrantes, así como para ponderar a nota tendo en conta a súa implicación-participación no proxecto. Para superar a materia na PRIMEIRA CONVOCATORIA (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións das prácticas da materia e do exame. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte, ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación. Para superar a materia na SEGUNDA CONVOCATORIA o/a estudante deberá: - Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual, proposta pola docente (peza e normas para o seu desenvolvemento se facilitarán a través do campus virtual), co correspondente dossier. Este traballo e a súa presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10% presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual co son íntegro, e o dossier).
- Aprobar o exame (50% puntos) na data oficial. Esta proba, de preguntas breves, constituirá o 30% da nota final.
En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. O alumnado que conte matrícula reducida por dispensa académica e dedicación ao estudo, así como todos os aspectos vencellados a permanencia ou fraude académico rexeranse de acordo coa normativa vixente da UDC.
|
Sources of information |
Basic
|
López Villafranca, Paloma (2024). Creación de proyectos sonoros. Prácticas y experiencias en la era de la audificación. Salamanca: Comunicación Social
Rodero, Emma (2024). Ficción sonora. Madrid:Instituto Oficial de Radio y Televisión
Chion, Michel (1993). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Barcelona: Paidós
Rodríguez Bravo, Ángel (1998). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona: Paidós
Piñeiro Otero, Teresa (2019). Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual. Barcelona:UOC
Collins, Karen (2021). Studying sound : a theory and practice of sound design. Cambridge: The MIT Press |
Ademais destas fontes de referencia a través de Moodle facilitaranse artigos e outro tipo de recursos que faciliten a comprensión da materia, traten en concreto algún exemplo ilustrativo ou permitan afondar nalgún tema de interese. |
Complementary
|
Chion, Michel (2004). La voz en el cine. Madrid: Cátedra
Berdasco, Yolanda (2022). Periodismo radiofónico. Madrid: Centro de Estudios Financieros
Ávila, Alejandro (1997). El doblaje. Madrid: Cátedra
Jullier, Laurent (2006). El sonido en el cine. Barcelona: Paidós
Beltrán Moner, Rafael (2006). La ambientación musical selección, montaje y sonorización. Madrid:Instituto Oficial de Radio y Televisión
Chion, Michel (1985). La música en el cine. Barcelona: Paidós
Fraile Prieto, Teresa (2010). Música de cine en España: señas de identidad en la banda sonora contemporánea. Badajoz: Diputación
Gustems, Josep (coord.) (2013). Música y sonido en los audiovisuales. Barcelona: Universitat de Barcelona
Altmant, Rick (2004). Silent film sound. Nueva York: Columbia University Press |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
History of Cinema and Animation/616G01006 | Audio/616G01016 | Screenplay Writing/616G01018 | Audiovisual Analysis/616G01021 | Theory and Practice of Editing/616G01023 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
Filmmaking/616G01030 | Final Dissertation/616G01034 |
|
|