Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Posprodución dixital Código 616G01031
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Matemáticas
Coordinación
Álvarez Mures, Luis Omar
Correo electrónico
omar.alvarez@udc.es
Profesorado
Álvarez Mures, Luis Omar
Correo electrónico
omar.alvarez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ten como obxectivo fundamental achegar o alumno ás técnicas e ferramentas básicas de posprodución, composición de video dixital, croma e integración de elementos virtuais 3D.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
- Coñecer os aspectos básicos da posprodución dixital. - Capacitar ao alumno no uso das ferramentas e programas de postproducción de video dixital. - Capacitar ao alumno nos procesos de integración de vídeo real con obxectos virtuais tridimensionales. A1
A2
A4
A5
A7
A8
A12
B4
B8
B9
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1- Conceptos básicos de posprodución dixital. - Introdución á postprodución.

- Exemplos. Fluxos de traballo

2- Composición dixital. - Composición de imaxe e vídeo.

- Corrección da cor.

- Ferramentas de transformación, filtros.

- Máscaras. Rotoscopía.

- ChromaKey. LumaKey. Alfa.

- Seguimento de elementos da imaxe. Tracking 2D.
3- Concordancia no movemento da cámara real e virtual en 3D: Matchmoving. - Sincronización de cámaras real e virtual

- Tracking 3D

- Calibración de cámaras e refinado de movemento.

- Sistema de coordenadas

- Render. Exportación a Maya
4- Integración de vídeo real e animación. - Render-passes.

- Composición de vídeo real e render-passes de elementos animados.

- Postprodución.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 A7 A8 A12 C3 20 0 20
Prácticas de laboratorio A1 A2 A8 B8 C2 15 33 48
Traballos tutelados A1 A2 A7 A8 A12 B8 C2 C3 9 63 72
Presentación oral A1 A4 A7 A12 B4 B9 C4 4 5 9
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nestas clases explicaranse os diferentes temas da materia, utilizando presentacións Power-Point, vídeos así como os diferentes softwares e técnicas utilizadas habitualmente na posprodución. Presencial.
Prácticas de laboratorio Ao longo do cuadrimestre os alumnos realizarán diferentes traballos prácticos individuais (segundo o cronograma da materia) tanto sobre o material entregado polo profesor durante o curso, así como sobre o seu propio material (traballos tutelados). Presencial.

Os traballos das prácticas será parte da avaliación do curso.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán un traballo tutelado ao longo do cuadrimestre (modalidade grupal):

TT - Proxecto de composición utilizando Chroma Key ou integración de vídeo real con elementos virtuais.

Tutela presencial e online.
Presentación oral Os alumnos presentarán, segundo o cronograma da materia, as seguintes presentacións orais.

1-Presentación do produto final correspondente ao proxecto de composición utilizando Chroma Key ou integración de vídeo real con elementos virtuais.

Modalidade: grupal


Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
O profesor tutelará o traballo dos alumnos a través do seguimento e corrección das prácticas no laboratorio e dos do traballo tutelado.

No caso alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terán a posibilidade de titorías dos traballos prácticos e tutelados a través de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A2 A8 B8 C2 Avaliaranse cada unha das prácticas: P1 (10); P2 (12); P3 (13); P4 (15).

Para aprobar o curso é obrigatorio a entrega do total das prácticas.
50
Traballos tutelados A1 A2 A7 A8 A12 B8 C2 C3 Proxecto de composición utilizando Chroma Key o integración de video real con elementos virtuais.


50
 
Observacións avaliación
  • Para poder aprobar a asignatura é necesario acadar una calificación maior ou igual ao 50% na suma dos dous apartados: maior ou igual do 50% (prácticas + traballo tutelado). 
  • Non se aproba coa soa entrega do traballo tutelado.
  • En caso de suspender o curso na primeira convocatoria volveranse entregar as prácticas con cualificación menor ao 50% así como o produto da integración real/virtual xunto co portfolio correspondente na segunda convocatoria. En caso de presentarse á convocatoria extraordinaria mantéñense os mesmos criterios.
  • Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica Sham Tickoo (2015). Blackmagic Design Fusion 7 Studio: A Tutorial Approach. Cadcim Technologies
Blackmagic Fusion (2021). DaVinci Resolve 18. https://documents.blackmagicdesign.com/UserManuals/DaVinci_Resolve_18_Reference_Manual.pdf
Blackmagic Fusion (2017). Fusion 9. https://documents.blackmagicdesign.com/UserManuals/Fusion9_Manual.pdf
Blackmagic Fusion (2019). Fusion Training Videos . https://www.blackmagicdesign.com/products/fusion/training
Tim Dobbert. (2005). MatchMoving: The Invisible Art of Camera Tracking. . Sybex.
Manuel Armenteros Gallardo (2011). Posproducción Digital. Bubok Publishing S.L.
Richard Rickitt. (2007). Special Effects: The History and Technique. Billboard Books; 2nd edition
Ron Brickmann. (2008). The Art and Science of Digital Compositing . Morgan Kaufmann Series. 2nd edition
Isaac V. Kerlow. (2004). The Art of 3D Computer Animation and Effects. Wiley & Sons (3rd edition)
Mark Cotta Vaz; Craig Barron (2002). The Invisible Art: The Legends of Movie Matte Painting. . Chronicle Books. San Francisco, Cal

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Guión/616G01018
Dirección de Fotografía: Cámara e Iluminación/616G01022
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023
Infografía 3D-1/616G01024
Infografía 3D-2/616G01026
Ambientación sonora e musical/616G01028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Animación 3D-1/616G01032

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus", a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

             •  Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
             •  Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
             •  En caso de ser necesario realizalos en papel:
                 -     Non se empregarán plásticos.
                 -     Realizaranse impresións a dobre cara.
                 -     Empregarase papel reciclado.
                 -     Evitarase a impresión de borradores.

Ademáis:

• Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
• Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
• Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).
• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
• Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
• Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías