Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ferramentas web avanzadas Código 616G01036
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
maria.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
maria.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Actualmente existen múltiples ferramentas software que nos permiten dotar aos proxectos audiovisuais de mecanismos que facilitan aspectos tan importantes como a correcta edición, organización e publicación de información a través da Web. Entre estas ferramentas teremos: sistemas de xestión de blogs, sistemas de xestión de contidos deseñados para aplicacións específicas, sistemas de xestión orientados a proporcionar capacidades de colaboración directa con outros usuarios, sistemas capaces de integrar todo tipo de arquivos (texto, audio, vídeo) para o seu correcto acceso e visualización en rede, etc.

O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer ao alumnado a existencia destas ferramentas avanzadas e aprender a administrar algunhas das máis utilizadas para a súa integración na creación e xestión de proxectos audiovisuais.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer ferramentas útiles e amplamente empregadas para a creación e xestión de proxectos multimedia A2
A7
A8
B8
C1
C2
C3
C4
Saber administrar e empregar determinadas ferramentas Web para a súa inclusión en proxectos audiovisuais A2
A8
B8
C2
Recoñecer termos e funcións propios das tecnoloxías da información e as comunicacións co obxectivo de mellorar a colaboración no desenvolvemento de proxectos complexos nos que participen profesionais de distintas áreas A7
A8
B8
C2
Deseñar e desenvolver un proxecto multimedia que integre múltiples ferramentas Web tendo en conta aspectos como: as tecnoloxías informáticas existentes, a representación adecuada de datos multimedia, a inclusión de capacidades sociais e de comunicación a través da Web A2
A7
B8
C1
C2

Contidos
Temas Subtemas
Teoría - Tecnoloxías para a creación de blogs, foros e wikis
- Posicionamento en buscadores: estratexias de visibilidade na rede
- Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web
- Plataformas de distribución de vídeo e audio na rede
- Xestores de contidos e webs dinámicas
Prácticas - Instalación, configuración e uso de diferentes ferramentas orientadas á xestión de contidos
- Realización de diferentes tarefas asociadas aos contidos vistos durante as sesións maxistrais
- Elaboración dun proxecto propio servíndose de distintas plataformas e no que se incorporarán os diferentes aspectos vistos durante o curso

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A7 A8 B8 C1 C2 C3 C4 21 21 42
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 15 30 45
Traballos tutelados A2 A8 B8 C2 C4 4 40 44
Presentación oral A8 B8 C2 2 4 6
Proba obxectiva A7 A8 B8 C2 1 10 11
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos aspectos teóricos da materia
Prácticas de laboratorio - Emprego de ferramentas de xestión de blogs, foros e wikis
- Técnicas de posicionamento en buscadores
- Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web
- Plataformas de distribución de video e audio na rede
- Xestores de contidos e webs dinámicas
Traballos tutelados Elaboración dun proxecto propio servíndose de distintas plataformas e no que se incorporarán os diferentes aspectos vistos durante o curso
Presentación oral Exposición pública dos traballos tutelados
Proba obxectiva Proba de avaliación dos contidos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Levarase a cabo un seguimento das prácticas e traballos tutelados a desenvolver durante as horas reservadas no horario (sesións de laboratorio). Adicionalmente, para abordar aqueles problemas de especial dificultade, tamén se poderán empregar as franxas horarias dispoñibles para a atención do alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A8 B8 C2 C4 Avaliarase a calidade dos proxectos realizados nos diferentes aspectos da asignatura 25
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 Seguemento das prácticas a realizar no laboratorio 25
Proba obxectiva A7 A8 B8 C2 Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da asignatura 40
Presentación oral A8 B8 C2 Exposición dos traballos tutelados 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. Esta nota mínima será de 4 puntos sobre un máximo de 10 puntos. En caso de non chegar á nota mínima nalgunha das partes, a máxima nota global que se poderá acadar é dun 4.5.

O alumnado que non concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación obterá a condición de "Non presentado".


Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.

Todos
os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación
ao estudo”
“permanencia” e “fraude académica” rexeranse
de acordo coa normativa
académica vixente da UDC
.”


Fontes de información
Bibliografía básica Eric Enge, et al. (2023). The Art of SEO, 4th Edition. O'Reilly Media, Inc.
Woods, Dan; Thoeny, Peter (2007). Wikis For Dummies. Ed. John Wiley & Sons
Matthew MacDonald (2020). WordPress: The Missing Manual, 3rd Edition. O'Reilly Media, Inc.

Bibliografía complementaria Richardson, William (2010). Blogs, wikis, podcasts, and other powerful web tools for classrooms. Ed. Corwin Press
Carazo Gil, Francisco Javier (2011). Domine WordPress: manual práctico. Ed. Ra-Ma
Matt Glaman, et al. (2023). Drupal 10 Development Cookbook - Third Edition. Packt Publishing
Maciá Domene, Fernando (2009). Posicionamiento en buscadores. Ed. Anaya Multimedia


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.

Segundo se recolle nas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria en materia de perspectiva de xénero, nesta materia empregarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención de alumnas e alumnos na aula, etc. Así mesmo, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, fomentando valores de respecto e igualdade. En xeral, intentarase detectar situacións de discriminación, por exemplo, por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías