Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Videoxogos Código 616G01037
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Seoane Nolasco, Antonio José
Correo electrónico
antonio.seoane@udc.es
Profesorado
Seoane Nolasco, Antonio José
Correo electrónico
antonio.seoane@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Asignatura na que se fai unha visión xeral do sector dos videoxogos e se explica o proceso de deseño e creación dos mismos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidad para planificar, deseñar e producir videoxogos nos diferentes xéneros e plataformas A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A11
A12
B2
B3
B4
B6
B8
B9
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Introducción - Evolución histórica.
- Xéneros.
- Tipos de xogadores.
- Mercado.
Producción de videoxogos - Proceso de produción xeral.
- Equipo e perfís.
- Documentos utilizados durante o proceso.
- Etapas de desenvolvemento.
- Proceso de creación do contido dixital.
Deseño narrativo - Storytelling e a narrativa en videoxogos.
- Creación da historia.
- Estructuras narrativas para videoxogos.
- Diferenzas coa narrativa tradicional.
- Ferramentas narrativas para contar a historia: cinemáticas, escenas de corte, triggered events.
- Ferramentas narrativas e posibilidades de interacción.
- Diagramas de navegación para a estruturación de historias lineais e non lineais.
Deseño de personaxes - Descrición dos personaxes en tres niveis.
- Evolución dos personaxes.
- Interacción e interrelacións entre personaxes.
Deseño da xogabilidade - Xogabilidade, diversión e motivación.
- Teorías e metodoloxías de deseño.
- Mecánicas e ciclos de xogo.
- Sistemas de xogo.
- Retos e recompensas.
- Estrutura e fluxo de xogo.
- Deseño de misións.
Deseño de niveis - Descrición de niveis.
- Estruturación de niveis.
- Localización de elementos do xogo.
- Creación de mapas.
Deseño de interfaces - Deseño adaptado á plataforma.
- Deseño do interface visual de xogo.
- Funcións das interfaces físicas utilizadas para interactuar.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 B2 B3 B4 C3 C4 21 0 21
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 B2 B3 B4 B9 C2 C3 C4 7 0 7
Proba oral A1 A2 A3 B2 B3 B4 B6 B8 C1 C3 1 8 9
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 B2 B3 B4 B9 C1 C2 C3 C4 12 100 112
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación dos contidos teóricos de cada tema da asignatura.
Estudo de casos Visionado de documentais, vídeos complementarios e videoxogos así como o análise dos mesmos en relación os contidos teóricos de cada tema.
Proba oral Defensa oral dos traballos tutelados frente a un tribunal composto polos profesores da asignatura.
Traballos tutelados Dous traballos individuales:
1) Documento de concepto dun videoxogo
2) Documento de deseño dun videoxogo

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado resolverá nas titorías as dúbidas ou problemas que se atope durante o traballo non presencial. No caso de alumnado con dispensa académica recoméndase a asistencia a titorías para supervisar a elaboración dos traballos da materia, iguais para todas as convocatorias e oportunidades para a súa avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba oral A1 A2 A3 B2 B3 B4 B6 B8 C1 C3 Presentación e defensa oral dos traballos tutelados (documentos de concepto e deseño) ante os profesores da asignatura.
A presentación deberá ter una calificación superior o igual o 5 sobre 10 para poder aprobar a asignatura. Unha mala presentación implica o suspenso da asignatura.
10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 B2 B3 B4 B9 C1 C2 C3 C4 Dous traballos que poderán facerse de forma individual ou en grupos de un número máximos de duas persoas:
1) Documento de concepto dun videoxogo
2) Documento de deseño dun videoxogo
Os traballos deberán ter una calificación superior o igual o 5 sobre 10 para poder aprobar a asignatura.
90
 
Observacións avaliación

A calificación será única non guardándose partes soltas para as convocatorias seguintes.

As faltas de ortografía e gramática se terán en conta na calificación. Un traballo con faltas de ortografía non se considerará aceptable e se calificará con un suspenso.

Deben de entregarse todos os traballos tutelados para aprobar a materia. En caso de non entregarse algún dos traballos, a materia cualificarase cun suspenso.

Os traballos deberán de entregarse con todas as seccións que se piden e os traballos incompletos avaliaranse cun 0.

No caso da proba oral, todos os alumnos que se presenten á devandita convocatoria deberán asistir á duración completa de toda a proba, chegando antes do comezo da mesma e asistindo a todas as presentacións da devandita convocatoria.

A mala presentación dos traballos (documento mal estruturado, índices erróneos, fontes de texto de tamaño aleatorio, textos cortados, imaxes pouco lexibles, mala redacción etc.) afectará negativamente na cualificación dos mesmos ata o punto de poder ser cualificados cun suspenso. 

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

As presentacións e recursos utilizados na materia poñeranse a disposición do alumnado. 

No caso de alumnado con dispensa académica realizarase a supervisión dos traballos nas titorías da materia. Devanditos traballos poderanse realizar cos recursos proporcionados sen necesidade de asistencia presencial, aínda que se recomenda a asistencia a titorías. En calquera caso, os alumnos con dispensa académica deberán realizar de maneira presencial a presentación oral dos traballos.

As condicións son iguais para todas as convocatorias e oportunidades para a súa avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Raph Koster (2013). A Theory of Fun for Game Design. Second Edition. O'Reilly Media
Tracy Fullerton (2014). Game Design Workshop: A Playcentric Approach to Creating Innovative Games, Third Edition. CRC Press
Jeannie Novak (2007). Game Development Essentials: An Introduction (Segunda edición). Delmar Cengage Learning; 002 edition
Kevin Saunders, Jeannie Novak (2006). Game Development Essentials: Game Interface Design. Delmar Cengage Learning
Jeannie Novak , Travis Castillo (2008). Game Development Essentials: Game Level Design. Delmar Cengage Learning
Marianne Krawczyk, Jeannie Novak (2006). Game Development Essentials: Game Story & Character Development. Delmar Cengage Learning
Troy Dunniway, Jeannie Novak (2008). Game Development Essentials: Gameplay Mechanics. Delmar Cengage Learning
GDC YouTube Channel (). GDC YouTube Channel. https://www.youtube.com/channel/UC0JB7TSe49lg56u6qH8y_MQ
Scott Rogers (2014). Level Up! The Guide to Great Video Game Design. Second Edition. Wiley
Katie Salen (2004). Rules of Play: Game Design Fundamentals. The MIT Press
Jesse Schell (2014). The Art of Game Design: A Book of Lenses, Second Edition. CRC PRess
Flint Dille, John Zuur Platten (2008). The Ultimate Guide to Video Game Writing and Design. Lone Eagle

Bibliografía complementaria Ernest Adams (2009). Fundamentals of Game Design (2nd Edition). New Riders Press
Andrew Rollings, Ernest Adams (2003). Andrew Rollings and Ernest Adams on Game Design. New Riders Games
Chris Crawford (2003). Chris Crawford on Game Design. New Riders Games
Chris Crawford (2004). Chris Crawford on Interactive Storytelling. New Riders Games
John Hight, Jeannie Novak (2007). Game Development Essentials: Game Project Management. Delmar Cengage Learning
Todd Gantzler (2004). Game Development Essentials: Video Game Art. Delmar Cengage Learning


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Expresión gráfica/616G01004
Sector audiovisual/616G01007
Deseño aplicado/616G01015
Guión/616G01018
Deseño de Produción e Dirección Artística/616G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/616G01034
Interacción 3D/616G01044

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías