Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Obradoiro de creación multimedia Código 616G01038
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Profesorado
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Web http://https://comunicacion.udc.es/gl/materias/obradoiro-de-creaci%C3%B3n-multimedia
Descrición xeral O obxectivo da materia é coñecer o proceso de creación e xestión dun proxecto multimedia. Dende un punto de vista práctico, o obxectivo principal desta materia é que o alumnado experimente o proceso de creación dun proxecto multimedia realizado en grupo, que coñeza as características específicas da xestión e documentación deste tipo de proxectos mediante o desenvolvemento de vídeos interactivos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Realizar plans de probas. A3
B9
C2
C4
Deseñar e xestionar produtos multimedia. A1
A2
A3
A7
A8
A12
Realizar estimacións e planificacións de tarefas de proxectos multimedia. A3
C1
C3
Xestionar a creación dos contidos en función do entorno e obxectivo. A3
A7
Xestionar a documentación de proxectos e os equipos de traballo. A3
A8
C1
C3
Traballar con ferramentas de colaboración en liña para a xestión de proxectos. A3
A7

Contidos
Temas Subtemas
Contidos interactivos 1.- Ferramentas de creación de contidos multimedia
2.- Características e tipoloxías.
3.- Planificación: o equipo de traballo.
4.- Plan de probas.
5.- Soporte documental na nube
6.- Entornos colaborativos para a xestión de proxectos multimedia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A8 4 1 5
Prácticas a través de TIC B9 C4 4 12 16
Presentación oral C2 C3 4 16 20
Obradoiro A1 A2 A8 A12 C4 10 20 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A12 C1 C4 20 49 69
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentacións dos temas máis teóricos da asignatura.
Prácticas a través de TIC Creación de guións interactivos con ferramentas específicas.
Testeo de produtos interactivos finais.
Presentación oral Presentacións da evolución dos traballos tutelados.
Obradoiro Busca conxunta de ideas a desenrolar no traballo tutelado (produto interactivo) e investigación de referencias.
Traballos tutelados Traballo en equipo nos proxectos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Seguemento dos proxectos, presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral C2 C3 Presentacións orais dos traballos e prácticas realizadas durante o curso. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A12 C1 C4 Realización do traballo tutelado completo e entrega das tarefas correspondentes ao longo do curso.

Avaliación continua do proxecto e presencialidade para a correcta realización.
70
Prácticas a través de TIC B9 C4 Guión interactivo e testeo do produto final. 20
 
Observacións avaliación

A materia está formulada como un obradoiro esencialmente práctico que implica a asistencia obrigatoria a clase, a participación e a realización e presentación de prácticas e tarefas dun proxecto grupal.

Realizarase unha avaliación continua do alumnado.

-Mención Comunicación Audiovisual Multiplataforma: Nesta materia, poderán realizarse actividades ou traballos en coordinación con outras materias optativas da mención Comunicación Audiovisual Multiplataforma. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Bou i Bauza, G. (2002). El guión multimedia: edición 2003. Madrid: Anaya multimedia. ISBN: 84-415-1459-3.

- Magal, Tortajada, Morillas (2006). Preproducción multimedia. UPV.

- McConnell, S. (1997). Desarrollo y gestión de proyectos informáticos. McGraw-Hill Companies

- Miller, D. (1997). Desarrollo Multimedia para Internet. Anaya.

- Salmond, M. (2014). Los fundamentos del diseño interactivo. Barcelona: Blume. ISBN : 9788415317883.

- Spence, Robert (2007). Informatin visualization: design for interaction. Harlow etc.: Pearson-Prentice-Hall. ISBN: 9780132065504.

- https://www.trello.com/

- https://www.ganttproject.biz/- https://twinery.org/

- https://www.inklestudios.com/inklewriter/

- https://company.eko.com/

- https://www.klynt.net/

Bibliografía complementaria

- López Sosa, R. (2010). Desarrollo de aplicaciones multimedia. LIMUSA - Noriega Grupo Editores, C. A. 

- Vaughan, Tay (2001). Multimedia: Making It Work. McGraw-Hill Osborne.

- http://elartedepresentar.com/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación oral e escrita/616G01001
Fundamentos tecnolóxicos dos medios audioviosuais/616G01003
Ficción audiovisual/616G01014
Informática para a creación de web e vídeo/616G01017
Guión/616G01018
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ferramentas de creación multimedia/616G01027
Estratexias de comunicación multimedia/616G01035

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/616G01034

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías