Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
CE4 - Relacionar y aplicar los principios de la narrativa gráfica y audiovisual. |
A5 |
CE5 - Habilidad para seleccionar, comunicar y dar forma a diferentes mensajes así como para planificar su difusión a través de diversos medios gráficos, audiovisuales y multimedia, atendiendo a las normas de su lenguaje y narrativa. |
A8 |
CE8 - Diseñar personajes animados con la personalidad y comportamiento definidos a partir de una historia. |
A10 |
CE10 - Conocer las etapas principales del pipeline de una producción de animación o videojuego y su importancia dentro del proceso global. |
A22 |
CE22 - Investigar y analizar la creación de contenidos digitales. |
A37 |
CE37 - Capacidad para realizar la ordenación técnica de los materiales sonoros y visuales conforme a una idea utilizando las técnicas narrativas y tecnologías necesarias para la elaboración, composición, acabado y masterización de los diferentes productos audiovisuales y multimedia. |
A39 |
CE39 - Conocer, capacidad de analizar y aplicar las técnicas y fundamentos del diseño sonoro en proyectos de animación y videojuegos. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se atope a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecmentos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio |
B3 |
CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética |
B4 |
CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado |
B5 |
CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía |
B6 |
CG1 - Capacidad de organización y planificación. Especialmente en el planteamiento de trabajos conducentes a la creación de los contenidos audiovisuales digitales que componen una producción de animación o un videojuego. |
B7 |
CG2 - Capacidad de resolver problemas de forma efectiva, principalmente de carácter tecnológico y en el campo de la creación de contenidos digitales interactivos y de animación. |
B8 |
CG3 - Conocimientos informáticos, en especial los relativos al uso de tecnologías y programas de última generación en el campo de estudio. |
B9 |
CG4 - Conocer los procedimientos, destrezas y metodologías necesarios para la adaptación del proceso creativo al medio digital y la producción de obras artísticas a través de tecnologías específicas. |
B10 |
CG5 - Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para su aplicación en la resolución de problemas. |
B11 |
CG6 - Capacidad crítica y autocrítica. Necesaria en todo proceso creativo en el que se busca un compromiso con la calidad del trabajo, los resultados y las soluciones propuestas. |
B12 |
CG7 - Trabajo en equipo. Capacidad de abordar proyectos en colaboración con otros estudiantes, asumiendo roles y cumpliendo compromisos de cara al grupo. |
B13 |
CG8 - Capacidad de aplicar los conocimientos en la práctica, integrando las diferentes partes del programa, relacionándolas y agrupándolas en el desarrollo de productos complejos. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C6 |
CT6 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
CT9 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar o valor engadido polo son nun produto de animación ou videoxogo |
A4 A5 A22 A37 A39
|
B2 B3 B4 B6 B11 B13
|
C1 C3 C4 C8 C9
|
Coñecer os componentes do son e a música, as súas potenciailidades e principais códigos no contexto da animación e dos videoxogos |
A4 A8 A10 A39
|
B1 B3 B4 B8 B12
|
C3 C4
|
Deseñar e desenvolver a banda sonora íntegra dunha peza de animación ou videoxogo, tanto dunha perspectiva lineal como interactiva |
A4 A5 A10 A37
|
B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13
|
C1 C3 C6 C7 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O son audiovisual |
1.1 Introdución
1.2. O son e os seus componentes
1.3. Modos de escoita
1.4. A auricularización
1.5. O deseño sonoro
1.6. Profesionais do son |
2. A audiovisión |
2.1. A ilusión do son audiovisual
2.2. Síncresis e valor engadido
2.3. As combinacións audiovisuais
2.4. Clasificación do son en relación coa imaxe
|
3. Efectos de son |
I. Espazo acústico
3.1. Paisaxe sonora
3.2. Espazo sonoro
3.3. Ambiente
II. Tipoloxías de efectos de sons
III. Funcións
|
4. Música |
4.1.Conceptos musicais básicos
4.2. A música fílmica
4.3. A música interactiva
4.4. Componentes estructurais, funcionais e expresivos
4.5. Funcións |
5.Voz |
5.1. Tipos de voz audiovisual
5.2. A voz na construción de personaxes
5.3. Doblaxe |
6. Silencio |
6.1. O silencio na banda de sonido
6.2. Funcións |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A4 A5 A8 A10 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 |
24 |
40 |
64 |
Proba de resposta múltiple |
B3 |
1 |
0 |
1 |
Aprendizaxe colaborativa |
B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 |
0 |
31 |
31 |
Presentación oral |
A5 A22 A37 A39 B3 B4 B6 B11 B12 C1 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A22 A37 A39 B1 B2 B9 B10 |
24 |
24 |
48 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola docente.
|
Proba de resposta múltiple |
Esta proba teórica versará sobre os contidos do teóricos da materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Creación dunha sonomontaxe ou dun relato sonoro (Traballo A)
Deseño sonoro íntegro, en grupo, dun proxecto audiovisual (Proxecto Final)
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
|
Presentación oral |
Presentación oral do "Proxecto final" (creación de deseño sonoro). Nesta presentación, cada grupo deberá
explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións estéticas, e
responder as preguntas dos/os compañeiros/as. Cada un dos proxectos finais será
valorado polos/as estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola docente. |
Sesión maxistral |
Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
O desenvolvemento de cada unha destas actividades contará con atención personalizada na aula , co obxecto de apoiar ou reconducir a planificación ou execución de cada un destes traballos e solventar as dúbidas oportunas.
No caso da aprendizaxe colaborativa que detente unha maior carga de traballo autónomo, o seguimento destas actividades efectuarase nas clases prácticas sinaladas para tal fin, así como en titorías personalizadas a demanda do/a estudante o do seu equipo de traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 |
Conta cunha valoración máxima de 4 puntos distribuídos da seguinte maneira:
· até 1,5 punto pola construción dun relato sonoro (traballo A), ponderada mediante unha rúbrica de autoavaliación grupal do traballo realizado por cada integrante .
· até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun proxecto audiovisual ("Proxecto final"), ponderada mediante unha rúbrica de autoavaliación grupal do traballo realizado por cada integrante.
|
40 |
Proba de resposta múltiple |
B3 |
Esta proba teórica versará sobre os contidos teóricos da materia. |
30 |
Prácticas de laboratorio |
A4 A5 A8 A10 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 |
As prácticas teñen unha valoración total de 2 puntos (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter desenvolvido o 70% das prácticas da materia (grupo mediano).
|
20 |
Presentación oral |
A5 A22 A37 A39 B3 B4 B6 B11 B12 C1 |
Para a avaliación das presentacións orais débense cumprir os seguintes requirimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos) e (2) entregar o correspondente traballo/ou parte de traballo en tempo e forma.
En calquera caso, antes de cada presentación oral, daríanse as indicacións oportunas para o seu desenvolvemento-avaliación.
|
10 |
|
Observacións avaliación |
AVALIACIÓN 1ª OPORTUNIDADE - A nota resultará da ponderación dos traballos prácticos (70%) e do exame final con formato tipo test e/o preguntas de desenvolvemento curto (30%). - Coa proposta de cada traballo e/o actividade o profesor explicará detalladamente o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. - Para a computación do 20% das prácticas de laboratorio será obrigatorio acudir polo menos ao 70% das clases prácticas. - Para superar a materia o/a estudante deberá superar ambas as partes, teórica e práctica, e obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos, prácticas e exame. En caso de non superar só una das partes (parte práctica ou exame teórico), manterase a outra parte aprobada para a segunda oportunidade. - O exame teórico versará sobre os contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais que foron extraídos, principalmente, do libro "Sonidos que cuentan. La
ambientación sonora en el audiovisual" Barcelona: UOC; sen menoscabo de que poidan incorporarse outros contidos das sesións maxistrais. - Estableceranse fórmulas alternativas para a avaliación dos alumnos a tempo parcial con dispensa académica con exención de asistencia. AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE - A nota resultará da ponderación de: - Entrega de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual, proposta polo docente, co correspondente dossier e presentación. Este traballo e a súa presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto+10% presentación). Para a súa avaliación deberase entregar antes da data oficial de exame, no formato sinalado polo profesor: a peza audiovisual co son íntegro, o dossier, e a presentación gravada. - Aprobación do exame na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sons que contan. A ambientación sonora no audiovisual." Barcelona: UOC; ; sen menoscabo de que poidan incorporarse outros contidos das sesións maxistrais. Este exame constituirá o 30% da nota final.
- O profesor explicará detalladamente o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega do traballo práctico. - Para superar a materia o/a estudante deberá superar ambas as partes, teórica e práctica, e obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos, prácticas e exame. En caso de non superar unha das partes, non se manterá a outra parte aprobada para cursos posteriores.
- Nesta segunda oportunidade non se establecen fórmulas alternativas para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia.
AVALIACIÓN OPORTUNIDADE ADIANTADA
A avaliación seguirá os mesmos criterios que no caso da avaliación da 2ª oportunidade.
OUTROS ASPECTOS
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Beauchamp, R. (2005). Designing Sound for Animation. Burlington: CRC Press
Xalabander, C. (2013). El Guion Musical en el Cine . Mundo BSO
Collins, K. (2008). Game Sound. An Introduction to the History, Theory and Practice of Video Game Music and Sound Design. Cambridge: MIT Press
Chion, M. (1994). La Audiovisión: introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Barcelona: Paidós
García-Torres, M.; Godás-Ibáñez, R., Mulero-García, J.J., & Santos-Cuesta, O. (2020). Sonido para audiovisuales. Curso práctico. . Barcelona: Altaria
Piñeiro Otero, T. (2019). Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual. Barcelona:UOC |
Ademais destas fontes de referencia, en Moodle integraranse artigos e outro tipo de recursos que faciliten a comprensión da
materia, traten en concreto algún exemplo ilustrativo ou permitan
afondar nalgún tema de interese. |
Bibliografía complementaria
|
Pérez-Grande, D., Morante, D., Oliveros, M. & Talamante, C. (2018). BLACK SONIC HOLE: An immersive and interactive sonic soundscape based on Schwarzschild’s Geodesics for Black Holes.Humanizing the scale of complex singular physical phenomena in the post-digital age.. Corfú: Ionian University
Farnell, A. (2010). Designing Sound. Cambridge, USA: The MIT Press
Ávila, A. (1997). El doblaje. Madrid: Cátedra
Collins, K. (2008). From Pac-Man to pop music : interactive audio in games and new media . Londres: Routledge
Collins, K. (2013). Playing with Sound: A Theory of Interacting with Sound and Music in Video Games. Cambridge: MIT Press
Theme Ament, V. (2009). The Foley Grail: The Art of Performing Sound for Film, Games, and Animation. Burlington: CRC Press
Oliveros Mediavilla, M. (2021). Zona Autónoma Militarizada. Madrid: Ediciones Complutense
Oliveros-Mediavilla, M. (2018). Zona Autónoma Militarizada. Europa [zam~]: A multimedia archive and immersive, 360°, reactive and interactive audio-visual system based on field studies across militarized European borders and hotspot. Technoetic Arts, Volume 16, Issue 3, Dec 2018, p. 345 - 352 |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Linguaxe e Narrativa Gráficas e Audiovisuais/616G02002 | Debuxo de Contornas e Arte de Concepto/616G02013 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Edición e Montaxe/616G02007 | Son/616G02034 | Proxecto de Animación/616G02021 |
|
Observacións |
Plan de Acción Green Campus Ferrol:
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado (salvo o folleto publicitario).
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de
ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria |
|