Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Introducirase ao alumnado no tratamento da imaxe dixital de forma creativa, relacionando conceptos teóricos básicos da tecnoloxía da imaxe con resultados práctico-artísticos.
Trátase dunha iniciación ao desenvolvemento das posibilidades tecnolóxicas-expresivas das linguaxes dixitais por medio da análise, tanto da técnica como do proceso creativo, para alcanzar coñecemento técnico, sensibilidade artística e sentido crítico. Para iso coñeceranse a fondo as instalacións audiovisuais apropiadas e o proceso de videoarte. |
A25 A26
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Arte Dixital e Electrónica |
· Programación para artistas
· Videoarte
· Arte multimedia
· Estética e creatividade computacional
· Programación visual
· Instalacións audiovisuais |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A25 B9 C6 C8 |
6 |
4 |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A26 B1 B3 B6 B8 B13 |
12 |
29 |
41 |
Obradoiro |
B2 B5 B7 B10 B11 B12 C4 C7 C9 |
7.5 |
48 |
55.5 |
Proba mixta |
B4 B14 C1 C2 C3 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases teóricas presenciais, onde se expoñerán os conceptos básicos que o alumnado debe coñecer e que serán de aplicación nos traballos prácticos, tanto presenciais como non presenciais |
Prácticas de laboratorio |
Desenvolvemento de casos prácticos nos que o alumnado deberá aplicar os coñecementos expostos nas sesións maxistrais para resolver os problemas que aparezan co obxectivo de conseguir o resultado desexado |
Obradoiro |
Traballos colaborativos nos que o alumnado deberá aplicar os coñecementos expostos nas sesións maxistrais e expoñer as súas conclusións na aula |
Proba mixta |
Entrega e presentación dun traballo práctico |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
Obradoiro |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas de teoría ou prácticas, traballos tutelados etc. en horario de titorías, presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams.
O seguimento da materia non debe presentar problemas ao estudantado con matrícula a tempo parcial, xa que non se esixe asistencia. Porén, este alumnado é responsable de estar ao corrente dos materiais colgados no Moodle, así como das tarefas que por ese medio se propoñan para entrega. Estas entregas, de non ser telemáticas, serán acordadas co estudantado a tempo parcial de xeito que se compatibilice na medida do posible coa súa dispoñibilidade e a do profesorado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A26 B1 B3 B6 B8 B13 |
Entrega e defensa de traballos prácticos e informes. Computa ata un máximo de 2 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. |
20 |
Proba mixta |
B4 B14 C1 C2 C3 |
Entrega e defensa dun traballo final que computa un máximo de 6 puntos sobre a nota final (5 puntos o traballo e 1 punto a presentación). É necesario obter unha nota mínima de 5 nesta proba para superar a materia. |
60 |
Obradoiro |
B2 B5 B7 B10 B11 B12 C4 C7 C9 |
Avaliación continua do traballo na aula. Computa ata un máximo de 2 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. |
20 |
|
Observacións avaliación |
En caso de non acadar o mínimo na proba mixta, a nota final será a obtida nesta proba. Realizarase unha avaliación continua do traballo do alumnado e terase en conta a participación activa e con aproveitamento. A avaliación será a mesma para todas as convocatorias. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Christiane Paul (2003). Digital Art. London : Thames & Hudson
Matt Pearson (2011). Generative Art. Manning
Ana Sedeño Valdellós (2014). Historia y estética del videoarte en España. Comunicación Social
(). Net Art Anthology. https://anthology.rhizome.org/
(). Processing. https://processing.org/
Casey Reas, Ben Fry (2014). Processing. The MIT Press |
|
Bibliografía complementaria
|
Shanken, Edward A., ed. lit. (2009). Art and electronic media. Phaidon
Donald Kiispit (2006). Arte digital y videoarte. Círculo de Bellas Artes
Juan Martín Prada (2012). Prácticas artísticas e Internet en la época de la redes sociales. Akal
Michael J. Connor, Aria Dean, Dragan Espenschied (2019). The Art Happens Here: Net Art Anthology. Rhizome |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de
ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...). Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria. |
|