Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 616G02049
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Enxeñaría Civil
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Fernández, Nereida
Correo electrónico
nereida.rodriguezf@udc.es
Profesorado
Barneche Naya, Viviana
Diaz Gonzalez, Maria Jesus
Fariña Lamosa, Ángel José
Franganillo Parrado, Guillermo
Hernandez Ibañez, Luis Antonio
Lago López, Jesse Anthony
Lourido Rivas, Marcos
Rodríguez Fernández, Nereida
Taibo Pena, Francisco Javier
Correo electrónico
viviana.barneche@udc.es
m.j.diaz@udc.es
angel.farina@udc.es
guillermo.franganillo@udc.es
luis.hernandez@udc.es
jesse.lago@udc.es
m.lourido@udc.es
nereida.rodriguezf@udc.es
javier.taibo@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento de prácticas en entidades externas supón unha oportunidade para que os/as futuros/as graduados/as en Creación Dixital, Animación e Videoxogos entren en contacto coa realidade laboral e adquiran habilidades dirixidas ao ámbito profesional.

Co obxectivo de dotar ao alumnado de Creación Dixital, Animación e Videoxogos dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da súa formación universitaria, téñense incorporado ditas prácticas externas no Plano de Estudos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Habilidade para o uso e control de ferramentas tecnolóxicas para o desenvolvemento de proxectos de animación, videoxogos e creación dixital nas súas diferentes fases. B7
B8
B9
B10
C3
Capacidade para deseñar, definir, completar proxectos proxectos de animación, videoxogos e creación dixital, así como para desenvolver problemas que poidan xurdir no desenvolvemento dos mesmo dun xeito eficaz. A2
A10
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B11
B13
B14
C1
C4
C6
Capacidade de traballo en equipo e de facer partícipes ao equipo de posibles ideas destinadas á mellora do proxecto común para obter uns resultados determinados. A10
B12
B14
C6
C7
C9
Mellora das habilidades de organización e temporalización das tarefas e procedimentos, que leven a unha xestión máis eficiente do proxecto e dos recursos asociados a éste de xeito que calquera variación respecto á planificación se efectúe dun xeito completo e integrado. A10
A20
B6
B12
C9
Coñecer o sector da animación e os videoxogos, así como os procesos de creación e xestión desta tipoloxía de proxectos. A2
A10
A20
C5
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
1. Desenvolvemento das competencias adquiridas nas diversas materias do grao. Os coñecementos postos en práctica variarián en función da entidade ofertante, así como do área ao que esté adscrito o/ a estudante.
2. Reflexión critica da experiencia. Exposición do posto desempregado, tarefas, problemáticas atopadas e a súa relación cos contidos da titulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 A10 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 218 0 218
Portafolios do alumno A2 A10 B1 B3 B4 B5 B10 B11 C1 C3 C4 C5 C8 C9 2 2 4
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados A metodoloxía desenvolvida nas prácticas externas correrá a cargo da empresa, en función do Plano Formativo e das características e organización da mesma. En todo caso, este Plano Formativo e o desenvolvemento completo da estadía de prácticas rexirase polo regulamento das prácticas externas das titulacións de grao da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Portafolios do alumno Informe da actividade desenvolvida durante as prácticas preprofesionais. A súa estructura e orientación, en función do posto desempregado e as tarefas desenvolvidas na entidade de destino, serán tratadas nas xuntanzas periódicas co/a titor/a académico/a, e según modelo de referencia publicado no Campus Virtual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
· TITORÍA

Durante todo o período de prácticas o/a estudante contará cun/cunha titor/a da empresa, quen se encargará de velar pola súa aprendizaxe e orientalo/a no desenvolvemento das súas labores, resolvendo todas as súas dúbidas e/ou problemas.

Tamén contará cun/cunha titor/a interno/a (do centro), co/a que o/a estudante deberá reunirse para a xestión das súas prácticas e, posteriormente, se encargará do seguimento do/a estudante no seu destino de prácticas.

En función do posto desempregado e a entidade de destino, concertaranse unhas titorías periódicas (presenciais e/ou virtuais) para que o/a estudante informe ao/á titor/a da súa evolución na empresa.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A2 A10 B1 B3 B4 B5 B10 B11 C1 C3 C4 C5 C8 C9 Deberase entregar unha memoria final do/a alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas, os coñecementos e competencias adquiridos en relación coa titulación, así como unha reflexión crítica sobre a súa aprendizaxe durante o período de prácticas preprofesionais. Este documento seguirá o modelo establecido e publicado no Campus Virtual -extensión mínima, estrutura...- coas adaptacións precisas para cada caso concreto.

Esta memoria será avaliada polo/a titor/a académico/a ata un total de 2 puntos. Ademais da súa estrutura, contido e extensión, na avaliación da memoria-portafolio terase en conta a presentación, redacción e corrección ortográfica.
20
Traballos tutelados A2 A10 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 O/a titor/a profesional da empresa elaborará un informe final, a fin de valorar as competencias adquiridas polo/a alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica de ítems incluídos no modelo que se lle facilitará.

A nota da estadía de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos.
80
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas as partes:
"Portafolio do alumno" e "Traballos tutelados". No caso contrario só se
podería recuperar a parte do "Portafolios" na segunda oportunidade
(entrega na data oficial de exame en setembro). 

Para a avaliación na primeira oportunidade cómpre que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria ata a data oficial de exame (esta incluída). De non ser así pasaría a avaliarse na segunda oportunidade.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso cunha calificación numérica de "0" nos "Traballos tutelados" e -por tanto- na materia. No
caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión
Académica valorar a situación coa documentación pertinente aportada
polo/a alumno/a e as persoas encargadas da súa titorización
(entidade-facultade).

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao
estudo
, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

Como cada estadía de prácticas ten o seu propio perfil, recoméndase ao/á alumno/a acudir á bibliografía das materias relacionadas coas labores profesionais que desenvolve.

En calquera caso, toda cuestión nesta liña será solventada nas titorías periódicas.

Respecto á información concreta da materia Prácticas Externas, empregarase o Campus Virtual como canle de información e Teams como canle de interacción entre o estudantado e a profesora responsable da materia.

O desenvolvemento completo das prácticas rexirase polo regulamento das prácticas externas das titulacións de grao da Facultade de Ciencias da Comunicación, dispoñible no seguinte enlace: https://comunicacion.udc.es/sites/default/files/reglamento_practicas_anexos.pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que o/a alumno/a teña cursado e superado a maioría das materias da titulación, especialmente aquelas que teñan relación directa coa praza de prácticas e as labores asignadas a esta.

A entrega dos traballos documentais que se desenvolvan nesta materia:

- Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

- En caso de ser necesario realizalos en papel:

  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En relación á perspectiva de xénero, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías