Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e saber utilizar as técnicas de investigación investigación e análise dos deporte |
AI2 AI4 AI5 AI7 AI11 AI16
|
BI1 BI2 BI6 BI7 BI9
|
CI1 CI2 CI3 CI4
|
Saber realizar un deseño de investigación para a análise dos deporte |
AI9 AI17 AI21
|
BI2 BI3 BI5 BI6 BI7 BI9
|
CI1 CI2 CI3 CI4
|
Saber analizar os resultados e interpretalos |
AI4 AI6 AI10 AI13 AI16
|
BI3 BI5
|
CI4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Deseños de investigación para a análise dos deporte |
Deseños de investigación para a análise dos deportes de situación.
Deseños de investigación para a análise dos deportes bioenerxéticos. |
O método científico na análise dos deporte
|
Identificación dos factores clave de rendemento.
Xerarquización dos factores de rendemento dentro dun deporte. |
Implementación dun deseño para a análise dos deporte |
Implementar un deseño de investigación para a análise dun deporte determinado. |
Recollida e procesamento de datos correspondentes a un deseño para a análise dos deporte |
Recollida e procesamento dos datos correspondentes a un deseño para a análise do deporte seleccionado. |
Comunicación oral e escrita dun deseño para a análise dos deportes. |
Comunicación oral e escrita dun deseño para a análise do deporte seleccionado. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A2 A4 A7 A9 A10 A16 A17 A21 B6 B7 C1 C4 |
60 |
50 |
110 |
Seminario |
A2 A4 A5 A6 A13 B2 B5 B9 C2 C3 |
15 |
15 |
30 |
Actividades iniciais |
A6 A11 A21 B2 B3 B6 B9 C1 |
15 |
0 |
15 |
Traballos tutelados |
A2 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A13 A16 A17 A21 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C3 C4 |
0 |
200 |
200 |
Presentación oral |
A4 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A21 B2 B3 B5 B9 C1 C2 C4 |
2 |
15 |
17 |
Análise de fontes documentais |
A2 A5 A6 B1 B3 B5 B6 B9 C1 C4 |
0 |
120 |
120 |
Sesión maxistral |
A4 A7 A11 B1 B3 B7 C2 C3 |
0 |
8 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Realización práctica de procedementos experimentais (recollida e xestión de datos) e formación no manexo de instrumentos de investigación
Todas as horas lectivas son presenciais |
Seminario |
Reunións e actividades de grupo de investigación para abordar os diferentes proxectos e iniciativas en marcha: seguimentos de experimentos, análises de artigos, exposición de de traballos (comunicacións en congresos, artigos en preparación etc.).
Todas as horas lectivas son presenciais |
Actividades iniciais |
Resolución de dúbidas e seguimento de traballos
Todas as horas lectivas son presenciais |
Traballos tutelados |
Consistirá na elaboración dunha memoria das actividades presenciais e non presenciais levadas a cabo. Das primeiras o alumno elaborará un diario pormenorizado e reflexivo das tarefas realizadas: sesións maxistrais, prácticas de laboratorio, reunións de grupo de investigación e titorías en grupo reducido. Respecto das segundas, o alumno deberá realizar unha descrición detallada do traballo non presencial requirido: procura bibliográfica levada a cabo, tratamento e xestión de datos, elaboración da memoria etc. O alumnos poderá incorporar as evidencias de cada unha das actividades que considere oportunas (documentos, diapositivas etc). A memoria conterá polo menos os seguintes apartados:
- Descrición/Diario das actividades presenciais con xustificación das horas de traballo cumprimentadas
- Descrición das actividades non presenciais desenvolvidas
- Resultados dunha revisión bibliográfica. Devandito procedemento sería encamiñado á preparación do traballo fin de máster e á elaboración do deseño de investigación que se incluirá na presente memoria. O alumno neste apartado simplemente presentará os resultados da procura: bases de datos consultadas, palabras craves empregadas, número de referencias iniciais, criterios dee inclusión/exclusión e listaxe de referencias finalmente seleccionadas
- Deseño de investigación. Debereise elaborar un proxecto de investigación no campo de estudo da materia
|
Presentación oral |
Análise do traballo tutelado, con especial énfase na exposición de deseño de investigación
Todas as horas lectivas son presenciais
|
Análise de fontes documentais |
Consistirá na análise de artigos referidos ao estudo da condición física nos ámbitos de rendemento de portivo e exercicio físico para a mellora da saúde. Poñerase especial énfase no estudo de traballos en lingua inglesa de publicacións incluídas en JCR. Compromete un importante traballo do alumno, quen analizará a documentación achegada polo profesor ou localizada polo propio estudante, para posteriormente proceder á súa discusión nas titoría e reunións de grupo. Así mesmo inclúense as tarefas de revisión bibliográfica requirida para a elaboración do aparatado correspondente do traballo tutelado
|
Sesión maxistral |
Exposición dos contidos da materia, con soporte audiovisual. A pesar das características concretas desta metodoloxía, buscarase a implicación activa do alumno, así como a significación das aprendizaxes
Todas as horas lectivas son presenciais
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Actividades iniciais |
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Calquera das metodoloxías expostas requirirán no seu desenvolvemento de atención personalizada. Con todo, o traballo tutelado pola súa estrutura requirirá o desenvolvemento sistemática de titoría individuais co seguinte contido:
- Explicación da estrutura da memoria
- Selección da temática da procura bibliográfica e do deseño de investigación
- Estruturación da memoria nos seus apartados de actividades presenciais e non presenciais
- Supervisión dos resultados da procura bibliográfica
- Supervisión do deseño de investigación.
En canto á Presentación Oral, levarán a cabo unha primeira titoría para establecer a estrutura da presentación e unha segunda sesión de orientación para supervisar os aspectos formais da mesma
As actividades iniciais correspondes a titoría individuais ou en grupo reducido para aclarar e especificar aspectos ao comezo do desenvolvemento das diferentes tarefas da materia: incorporación ao grupo, tarefas nas prácticas de laboratorio, funcións nos seminario ou reunións de grupo e orientacións respecto ao traballo autónomo a desenvolver en cada caso
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A2 A4 A7 A9 A10 A16 A17 A21 B6 B7 C1 C4 |
O alumno deberá acumular polo menos o 70% da carga presencial para contabilizar este apartado
|
5 |
Seminario |
A2 A4 A5 A6 A13 B2 B5 B9 C2 C3 |
O alumno deberá acumular polo menos o 70% da carga presencial para contabilizar este apartado
|
5 |
Traballos tutelados |
A2 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A13 A16 A17 A21 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C3 C4 |
Valoraranse:
- Calidade da presentación formal
- Rigor e precisión no rexistro das actividades realizadas
- Procura bibligráfica sistematizada e axustada
- Calidade do deseño de investigación: orixinalidade, viabilidade e nivel de concreción
|
70 |
Presentación oral |
A4 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A21 B2 B3 B5 B9 C1 C2 C4 |
Valoraranse:
- Calidade da comunicación verbal
- Calidade no emprego de Tics
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar la asignatura será imprescindible lograr o apto no traballo tutelado. A non ser que ocorra un cambio no sistema de avaliación, a cualificación obtida nos diferentes apartados manterase en futuras oportunidades. En cada oportunidade, a non comparencia a algún dos apartados da avaliación pendentes de superación, que sexan requisito para obter o apto na asignatura (traballo tutelado), implicará a cualificación do alumno como non presentado. Todo o exposto anteriormente será de aplicación tanto para o alumnado con dedicación a tempo completo como para aquel con dedicación a tempo parcial. No caso de alumno/a con matrícula a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o horario das metodoloxías "Prácticas de Laboratorio" e "Seminario" axustarase á súa dispoñibilidade, ademais de buscar, no seu caso, adaptacións ou alternativas. A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria e respecto á materia na que se cometeu: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase á modificación da súa cualificación no acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinario do estudantado da UDC, art. 11, apartado 4 b). Entenderase por fraude académico calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha asignatura ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apartado g).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A bibliografía será
recomendada individualmente a cada alumno en función do proxecto para
desenvolver dentro do traballo tutelado |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A bibliografía será recomendada de forma individual a cada estudante en función do proxecto a desenvolver dentro do traballo tutelado. Co obxectivo de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería conveniente que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuatrimestral, en relación á participación no proceso de avaliación das materias cursadas, coñecido como "AVALÍA". Este proceso consiste en responder os cuestionarios que avalían a docencia do profesorado en cada materia. |
|