Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Pedagoxía da actividade física e do deporte Código 620G01001
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gonzalez Valeiro, Miguel Angel
Correo electrónico
miguel.gonzalez.valeiro@udc.es
Profesorado
Gonzalez Valeiro, Miguel Angel
Correo electrónico
miguel.gonzalez.valeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Bases conceptuais pedagóxicas. A educación como proceso de comunicación. Introdución aos principais elementos didácticos. Teorías críticas da educación. Introdución ao sistema educativo. Exercicio profesional como servizo e vocación educativa. Fundamentos curriculares para a programación da educación física escolar. O centro escolar, a educación física e a actividade deportiva e recreativa como lugar de educación de valores e fomento de estilos de vida activos e saudables.

A maiores, en relación ao xénero, se atenderá as seguintes directrices:

• incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
• Traballar para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
• Detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizar criticamente todas as circunstancias e feitos que rodean á educación A7
A8
B3
B4
B7
B11
B15
B18
C1
C3
C4
C7
Comprender as bases da educación e os principios da educación física e o deporte para a formación integral das persoas asumindo a importancia da escola como promotora de estilos de vida activos e saudables. A4
A6
B15
B18
C1
C3
C4
C7
Comprender e aplicar os principios conductuales no contexto educativo, recreativo, da actividade física e a saúde e do adestramento deportivo A7
A8
A13
B3
B11
B15
C1
C3
C4
C7
Abordar reflexivamente as reformas educativas e as súas implicacións no ámbito das actividades físico-deportivas. A6
A8
A10
B14
C1
C3
C4
C7
Coñecer e comprender os fundamentos curriculares da educación física formal A6
A8
A9
A10
A11
B3
B14
B15
B17
C1
C3
C4
C7
Desenvolver actitudes favorables cara á colaboración interdisciplinar, o traballo en equipo e ao respecto á diversidade A4
B3
B4
B18
C1
C3
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Da Pedagoxía a Pedagoxía da actividade física e do deporte -A educación, a Pedagoxía e as Ciencias da Educación
-A Pedagoxía da actividade física e do deporte: Educación Física e Pedagoxía Deportiva
- Teorías críticas da educación e a súa incidencia na escola actua e no contexto da EF e o deporte ( Ideoloxía, curículum oculto, perspectiva comunicativa)
Tema 2. A educación física de Calidade
- Educación Física de Calidade e perspectiva ecolóxica da Educación Física.
- O centro educativo como exe do fomento dos estilos de vida activos e saudables
- Un/unha alumna ben educado físicamente
- Bo docente de Educación Física
- Competencias docentes necesarias para unha Educación Física de Calidade

Tema 3. Condicionantes do proceso de ensino-aprendizaxe


- Estilos de comunicación e estilos de ensino.
- O/A profesor/a de Educación Física
* O pensamento: Coñecemento profesional e preocupacións docentes
* O comportamento: Destrezas docentes
- O alumno/a ben educado/a fisicamente
* O pensamento do/o alumno/a: Autoconcepto, percepcións, motivación, atención e atribución causal
* O comportamento do/o alumno/a: Aspectos cuantitativos (variables de contexto, programa e diferenzas individuais) e cualitativos (estilos de participación)

Tema 4.- A Educación física na escola na lexislación actual.
- Introdución aos elementos curriculares
- Lexislación educativa
- Proceso de concreción curricular: desde a lei á aula
- Interdisciplinaridad e transversalidade
Tema 5. Atención á diversidade e educación en valores na Educación Física e no deporte en idade escolar

- Principios de individualización e socialización
-Integración e inclusión
- Atención á diversidade individual e social na Educación Física
- Aprendizaxe cooperativo
- Educación en valores
- Valores abordables desde a Educación Física e o deporte en idade escolar


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba de ensaio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B18 B17 B15 B14 B11 B7 B4 B3 C1 C3 C4 C7 0 150 150
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Descrición
O alumando poderá asistir nos horarios de titoría do profesorado ao longo do cudrimestre

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B18 B17 B15 B14 B11 B7 B4 B3 C1 C3 C4 C7
Realizarase unha proba final atendendo ao realizado polo alumnado no curso 23-24:
- As/os que teñen pendentes do anterior curso 1 ou 2 temas, examinaránse so de eles, gardandase as calificacións obtidas nos restantes apartados dá avaliación do curso 23-24
- O resto deberán examinarse de toda a materia
O aprobado obterase cunha nota de 5.
100
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta de tarefas de avaliación, implicará
directamente a calificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia enque se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (notanumérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidadecomo na segunda. Para isto, procederase a modificar a súacualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

O alumnado que curse a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas neste programa.

O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con situacións particulares por temas deportivos ou laborais, deberán falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación e asistencia para cada unha das oportunidades (si no mes de setembro non se comunica, esa posibilidade non se ofrecerá).

Os que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación).

1. AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA)

Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais, a elaboración e presentación do portafolio, a superación das probas de ensaio e a elaboración do traballo por proxecto.

Consideracións de face ao mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua):

O alumnado que non supere todas e cada unha destas probas, deberá presentarse (ás que non superen) na data do exame final (convocatoria oficial de exames). Manterase este criterio para as oportunidades de xaneiro/xuño-xullo. En futuras convocatorias, non se manterán as cualificacións.

Os que non alcance a metade da puntuación no apartado b, deberán reelaborarlo e presentalo na segunda oportunidade (xuño-xullo).

 Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores.

2. AVALIACIÓN FINAL

Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non entregarán o portafolio, nin se presentarán ás probas de ensaio, pero están obrigados a asistir, polo menos, ao 50% das sesións.

Os que opten pola avaliación final, deben realizar a proba na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberá obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos).


Fontes de información
Bibliografía básica

Tema 1.- Material de lectura obligatoria:

Blázquez, D. (2020). Descubre como es la educación física del siglo XXI. INDE, pp. 150-157. 

Flecha, R. y Puigbert, L. (2002). Las comunidades de aprendizaje: Una apuesta por la igualdad educativa. REXE: Revista de estudios y experiencias en educación, 1(1),pp.11-20 

López Pastor, V. (coord.) (2002). Algunas reflexiones sobre educación física y pedagogía crítica. Retos, 2, pp.30-35 

 Vázquez, B. (2001): La Pedagogía de la Actividad Física y el Deporte. En B. Vázquez (coord.). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Síntesis, pp. 25-46 

 Vázquez, B. (2001): El Currículum oculto y las nuevas orientaciones en el estudio del currículum en la EF. En B. Vázquez(coord.). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Síntesis, pp. 277-287

Tema 2.- Material de lectura obligatoria:   

Beneficios de una EFC https://www.youtube.com/watch?v=P9BJ9ExyfFU&feature=youtube

Bull, F. C., Al-Ansari, S. S., Biddle, S., Borodulin, K., Buman, M. P., Cardon, G., Carty, C., Chaput, J.-P., Chastin, S., Chou, R., Dempsey, P. C., DiPietro, L., Ekelund, U., Firth, J., Friedenreich, C. M., Garcia, L., Gichu, M., Jago, R., Katzmarzyk, P. T., … Willumsen, J. F. (2020). World Health Organization 2020 guidelines on physical activity and sedentary behaviour. British Journal of Sports Medicine, 54(24), 1451-1462. https://doi.org/10.1136/bjsports-2020-102955

Mayor, A., Cantero, P.; Fernández-Villarino, M.A., Toja, B. y González-Valeiro, M.A. (2016). Condiçoes que deve cumprir uma escola para se converter em promotora de estilos de vida activos para os alumnos. Gymnasium 1(2), p 1-12 

Sánchez, A, Villaverde-Caramés, E., González-Valeiro, M.A. & Fernández-Villarino, M.A. (2021). Physical Literacy and teacher training: Pilot study. Education Sciences, 11(2), 42. https://doi.org/10.3390/educsci11020042

Villaverde-Caramés, E., Fernández-Villarino, M.A., Toja-Reboredo, B. & González-Valeiro, M.A. (2021): Revisión de la literatura sobre las características que definen a un buen docente de Educación Física: consideraciones desde la formación del profesorado. Retos, 41, 471-479.  https://doi.org/10.47197/retos.v0i41.84421

UNESCO (2015). Educación Física de Calidad. http://unescoittralee.com/wp-content/uploads/2017/11/QPE-for-policy-makers-Spanish.pdf

Tema 3.- Material de lectura obligatoria:

García-González, L; Abós Catalán, A. y Sevil-Serrano, J. (2020). Acción docente en educación física y actividades físico-deportivas. Teoría basada en evidencias científicas.  Prensas de la Universidad de Zaragoza

Tema 4.- Material de lectura obligatoria:

Arufe, V. (2011). La educación en valores en el aula de EF. ¿Mito o realidad? EmásF, Revista Digital de Educación Física. Año 2, Num. 9 (marzo-abril 2011) https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3618413

Blázquez, D. (2020). Descubre como es la educación física del siglo XXI.  INDE, pp. 101-112. 

Fernández-Río, J. (2017) El Ciclo del Aprendizaje Cooperativo: una guía para implementar de manera efectiva el aprendizaje cooperativo en educación física. Retos, 32, 264-269 https://recyt.fecyt.es/index.php/retos/article/view/51298

Pinheiro, V.; Camerino, O. y Sequeira; P. (2013) Recursos para potenciar el fair play en la iniciación deportiva. Retos, 24, pp. 97-99

Sánchez Alcaráz, B., López, J., Valero Valenzuela, A. y Gómez-Marmol, A. (2017). Los programas de educación en valores a través de la Educación física y el deporte. Actividad física y deporte. Ciencia y profesión, Vol.28, pp. 45-58 

Velázquez Callado (2015). Aprendizaje cooperativo en Educación Física: estado de la cuestión y propuesta de intervención. Retos, 28, pp.234-239

Tema 5.- Material de lectura obligatoria:

Gobierno de España (2020) Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. BOE.es - BOE-A-2020-17264 Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. 

 Gobierno de España (2022) Real Decreto 217/2022, de 29 de marzo, por el que se establece la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Secundaria Obligatoria. 

 Zapatero, J.; González, M.D. y Campos, A. (2017) Programar por competencias en EF. Tamdem didáctica de la EF, 57; pp 68-73

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011
Socioloxía da actividade física e do deporte/620G01015
Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01022
Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01035
Prácticum/620G01040

Observacións


Pór en coñecemento do profesorado os posibles aspectos que impidan levar con normalidade o establecido nesta guía.

Manter con regularidade tutorías co profesorado (presenciais ou on-line) para o seguimento da materia.

Co fin de mellorar a materia e o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería conveniente que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto de participar no proceso de avaliación da materia e cuxa chamada realiza baixo o nome de "AVALIA" consistindo en responder os cuestionarios que avalían a docencia do profesorado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías