Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Bases Pedagóxicas e Didácticas en Actividade Física e Deporte Código 620G01105
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
López Alonso, Virginia
Correo electrónico
virginia.lopez.alonso@udc.es
Profesorado
Gomez Varela, Joaquin
Gonzalez Valeiro, Miguel Angel
López Alonso, Virginia
Toja Reboredo, Maria Belen
Correo electrónico
joaquin.gomez.varela@udc.es
miguel.gonzalez.valeiro@udc.es
virginia.lopez.alonso@udc.es
belen.toja@udc.es
Web
Descrición xeral Bases conceptuais pedagóxicas e didácticas. A educación como proceso de comunicación e modelos pedagóxicos. Teorías críticas da educación. A EF de Calidade e a alfabetización física. O centro escolar, a educación física e a actividade deportiva e recreativa como lugar de educación de valores e fomento de estilos de vida activos e saudables. Introdución ao sistema educativo escolar e a outros contextos de intervención didáctica (ciclos formativos, ensinanzas deportivas de regulación especial, certificados de profesionalidade). Fundamentos curriculares para a programación da educación física escolar. Exercicio profesional como servizo e vocación educativa.

Ademais, en relación ao xénero, atenderase ás seguintes directrices:
· Incorporar a perspectiva de xénero nesta asignatura (empregarase unha linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, animarase aos estudantes a participar na clase...)
· Traballar para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influír no entorno para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.
· Detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propor accións e medidas para corrixilas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
1.1. Comprender, caracterizar e aplicar os procedementos, estratexias, actividades, recursos, técnicas e métodos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe con eficiencia, desenvolvendo todo o curso da acción en todos os sectores de intervención profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportivo; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte). A41
1.2. Comprender, analizar e simular a aplicación do proceso metodolóxico integrado pola observación, reflexión, análise, diagnóstico, execución, avaliación técnico-científica e/ou difusión en diferentes contextos e en todos os sectores de intervención profesional da actividade física e do deporte. A42
1.3. Comprender, comunicar e interactuar de forma adecuada (asertiva e empática) e eficiente en actividade física e deportiva en contextos de intervención diversos, demostrando habilidades docentes de forma consciente, natural e continuada. A43
1.4. Adaptar a intervención educativa ás necesidades individuais da poboación e enfatizando nas poboacións especiais: escolares, maiores (terceira idade), persoas con mobilidade reducida e patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/ou prescritas por un médico), atendendo á igualdade de xénero, á diversidade, á non discriminación e á inclusión. A44
3.1. Identificar, comprender, analizar e lembrar como promover, orientar e avaliar estratexias, actuacións e actividades que fomenten a adhesión a un estilo de vida activo e a participación e práctica regular e saudable de actividade física e deporte e exercicio físico de forma adecuada, eficiente e segura por parte dos cidadáns coa finalidade de mellorar a súa saúde integral, benestar e calidade de vida, e con énfase nas poboacións de carácter especial como son: persoas maiores (terceira idade), escolares, persoas con discapacidade e persoas con patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/ou prescritas por un médico), atendendo á igualdade de xénero, á diversidade, á non discriminación e á inclusión. A52
5.2. Identificar, analizar e aplicar a avaliación técnico-científica nos diversos tipos de actividades físicas e deportivas adaptadas ao desenvolvemento, características e necesidades dos individuos e a tipoloxía da actividade, espazo e entidade en todos os tipos de servizos de actividade, educación física e deporte en calquera tipo de organización, poboación, contexto, entorno e poboación, e con énfase nas poboacións de carácter especial como son: persoas maiores (terceira idade), escolares, persoas con discapacidade e persoas con patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/ou prescritas por un médico), e en calquera sector de intervención profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportivo; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte), garantindo a seguridade, eficiencia e profesionalidade na actividade desempeñada no cumprimento da normativa vixente. A61
6.1. Lembrar e comprender as bases da metodoloxía do traballo científico, comprendendo como o fundamentan as bases pedagóxicas e didácticas nas intervencións profesionais en calquera sector de actividade, educación física e deporte. A65
6.2. Revisar, comprender e analizar o efecto e a eficacia da práctica de métodos, técnicas e recursos de investigación e metodoloxía de traballo científico e pedagóxico na resolución de problemas que requirirán o uso de ideas creativas e innovadoras en calquera sector de intervención profesional de actividade, educación física e deporte. A66
6.3. Comprender, analizar e articular con rigor e actitude científica as xustificacións pedagóxicas e didácticas sobre as que elaborar, sustentar, fundamentar e xustificar de forma constante e profesional todos os actos, decisións, procesos, procedementos, actuacións, actividades, tarefas, conclusións, informes e desempeño profesional, facilitando a comprensión das persoas a quen van dirixidos. A67
6.4. Comprender as razóns e criterios pedagóxicos e didácticos da elaboración de procedementos, procesos, protocolos normalizados en educación física e deporte con análise propio, rigor e actitude científica sobre puntos críticos de índole social, xurídica, económica, científica ou ética en calquera sector profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportivo; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte). A68
7.1. Lembrar, integrar e saber aplicar os dereitos humanos, os principios éticos e deontolóxicos e de xustiza social (non discriminación, igualdade de xénero, inclusión) no compromiso persoal, desempeño, implicación profesional, así como ter hábitos de rigor científico e profesional e unha actitude constante de servizo aos cidadáns, empatía e asertividade no exercicio da súa práctica profesional co que se pretende a mellora, excelencia, calidade e eficiencia. A69
7.2. Lembrar, elaborar, tomar decisións informadas e saber aplicar os condicionantes ético-deontolóxicos, estruturais-organizativos, desempeño profesional e as normativas do exercicio profesional dos Graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte en calquera sector profesional de servizos de actividade física, educación física e deporte (ensino formal e informal físico-deportivo; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte); así como ser capaz de desenvolver un traballo colaborativo multidisciplinar. A70
7.3. Comprender, saber explicar e difundir as funcións, responsabilidades e importancia dun bo profesional Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, así como analizar, comprender, identificar e reflexionar de forma crítica e autónoma sobre a súa identidade, formación e desempeño profesional para conseguir os fins e beneficios propios da actividade física e deporte de forma adecuada, segura, saudable e eficiente en todos os servizos de actividade física, educación física e deporte ofrecidos e prestados e en calquera sector profesional de actividade física e deporte, considerando a súa relación co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A71
RAC1.2. Integrar á súa profesión o respecto pola diversidade e a equidade entre todas as persoas, implementando unha ollada inclusiva con perspectiva de xénero. A73
RAC4.1. Xestionar tempo e recursos en grupos de traballo (elaboración de plans, priorización de actividades, identificación e xestión de críticas, identificación de roles, xestión de reunións, cumprimento de compromisos persoais…). A48
RAC4.2. Planificar e coordinar tarefas en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, ofrecendo propostas que contribúan á eficacia do traballo colaborativo. A37
RAC4.3. Desenvolver a escoita activa nos grupos de traballo, mantendo unha actitude empática e asertiva. A38
RAC5.3. Elaborar textos de diversa índole, especialmente relacionados co teu perfil profesional, facilitando a comprensión das persoas a quen van dirixidos. A39

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Fixando conceptos a. A Educación, a Pedagoxía, a Didáctica e as Ciencias da Educación
b. A Pedagoxía da actividade física e do deporte: Educación Física (EF) e Pedagoxía Deportiva
c. A Didáctica da actividade física e do deporte
Tema 2. Bases pedagoxicas e as suas implicacións na EF a. Ideoloxía e Currículum Oculto na EF: A loita da Reproducción frente a Producción
b. Teorías Críticas da educación: As Comunidades da Aprendizaje na EF
c. Estilos de Comunicación y Modelos Pedagóxicos aplicados a EF e o deporte
Tema 3. A Educación Física de Calidade a. Perspectiva ecolóxica da Educación Física
b. Educación Física de Calidade
c. Alfabetización Física
d. Centros educativos activos e saudables
Tema 4. Un/unha Bo/a docente de EF e actividades deportivas a. O pensamento: Coñecemento profesional e preocupacións docentes
b. O comportamento: Destrezas docentes
Tema 5. Un/unha alumna ben educado físicamente a. O pensamento do/o alumno/a: Autoconcepto, percepcións, motivación, atención e atribución causal
b. O comportamento do/o alumno/a: Aspectos cuantitativos (variables de contexto, programa e diferenzas individuais) e cualitativos (estilos de participación)
Tema 6. Atención á diversidade e educación en valores na EF e no deporte en idade escolar a. Principios de individualización e socialización
b. Atención a Diversidade individual e social na EF
c. Integración e inclusión. El Diseño de aprendizaje universal (DUA) na EF
d. Educación en valores
e. Valores abordables desde a Educación Física e o deporte en idade escolar
Tema 7. Actividade Física e a Educación física no contexto escolar na lexislación actual a. Lexislación educativa e proceso de concreción curricular: desde a lei á aula
b. Documentos y órganos relevantes del centro educativo: Proyecto Educativo, Programación Anual de centro, Planes de centro, Programación de aula, Claustro y Consello Escolar.
c. Elementos didácticos do proceso de ensino-aprendizaxe:
1. Competencias
2. Objetivos
3. Contenidos
4. Estrategias docentes: Métodos de enseñanza; Estilos de enseñanza; agrupamientos…
5. Situaciones de aprendizaje/Tareas/Actividades
6. Criterios e instrumentos de evaluación
d. Unidad Didáctica (UD) y Sesión
1. Modelos de UD
2. Estructura y Tipos de sesión
Tema 8. Otros contextos de intervención didáctica (ciclos formativos, enseñanzas deportivas de regulación especial, certificados de profesionalidad) a. Definición de contextos de intervención na actividad física formal (no EF) e non formal.
b. Lexislación y normativa e proceso de concreción curricular nestes contextos educativos
Tema 9. Diseño e aplicación da intervención no proceso de ensino-aprendizaxe a. La Pedagogía de la Actividad Física y el Deporte aplicada a los procesos educativos en el contexto de la Actividad Física
b. Elaboración de UDs na educación física e o deporte.
c. Deseño e desenvolvemiento de sesións na educación física e deportes.
d. Avaliación de sesións na educación física e deportes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A41 A61 A65 A71 A69 A70 A73 35 32 67
Actividades iniciais A52 A73 4 4 8
Discusión dirixida A38 A42 A52 A67 A73 6 6 12
Práctica de actividade física A38 A43 A44 A52 A61 A69 A73 8 0 8
Portafolios do alumno A37 A39 A41 A42 A44 A52 A61 A65 A66 A67 A68 A73 10 35 45
Aprendizaxe colaborativa A48 A37 A38 A41 A52 A73 10 20 30
Proba mixta A41 A42 A44 A52 A61 A67 A73 4 20 24
Solución de problemas A39 A65 A66 6 4 10
Eventos científicos e/ou divulgativos A61 A65 A66 2 0 2
Presentación oral A48 A37 A38 A41 A42 A43 A44 A73 2 4 6
Análise de fontes documentais A52 A61 A65 A67 A68 3 6 9
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral "Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia."
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Práctica de actividade física Metodoloxía que permite ó alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades físicas e/ou deportivas de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, etc., a execución dos fundamentos psicomotores e/ou sociomotores das distintas habilidades deportivas.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Proba mixta "Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. 

En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación."
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Proba mixta
Solución de problemas
Presentación oral
Descrición

Aquel alumnado que, por motivos xustificados, non poida asistir ao 70% das sesións, deberá falar co profesorado da asignatura nas dúas primeiras semanas de clase. Da mesma maneira, deberá falar co profesorado calquera alumnado con cuestións persoais que condicionen a sua participación na materia (ADI, DAN...).
As tutorías e os demais medios de comunicación profesorado/alumnado, realizaránse personalmente no despacho do/a profesor/a, correo electrónico, moodle o teams
A presentación oral, requirirá a tutorización personalizada para adecuar a elección do modelo de práctica e o caso obxecto de estudo, para adecuar a elección de obxectivos, o contido e guiar a totalidade do proceso.
Ó alumnado con matrícula parcial organizaráselles-adaptaráselle individualmente a materia ás súas características para que poidan alcanzar os mesmos resultados de aprendizaxe que o resto do alumnado.
As titorías e demáis medios de comunicación profesorado/alumnado realizaránse por correo electrónico, teams, moodle, ou presencial no despacho do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A37 A39 A41 A42 A44 A52 A61 A65 A66 A67 A68 A73 Informe/dossier (Portafolios) con cada unha das prácticas realizadas (SE.3), pasando un proceso de hetero, auto e coavaliación (SE5). 40
Proba mixta A41 A42 A44 A52 A61 A67 A73 Probas específicas teórico-prácticas en diferentes formatos (SE1). 60
 
Observacións avaliación
Avaliación continua:
- Para optar á aviación continua, é necesario cumprir a asistencia obrigatoria ao 70% das sesións (en casos xustificados, falar co profesorado da materia durante as dúas primeiras semanas do curso).
- Deberá presentarse o informe/dossier (Portafolios) con cada unha das prácticas realizadas (SE.3) e pasar un proceso de hetero, auto e coavaliación (SE5):
o 1ª Cuatrimestre. 2 puntos
o 2º Cuatrimestre. 2 puntos
- Deberá superar as probas específicas teórico-prácticas (proba mixta) en diferentes formatos (SE1):
o 1ª Cuatrimestre. 3 puntos
o 2º Cuatrimestre. 3 puntos
- Para aprobar a asignatura na primeira oportunidade, deben superarse cada unha das probas específicas e o informe/dossier.
- A maiores, o alumnado poderá presentar a asistencia a outras actividades que complementen a asignatura (SE.6.)
o 1 punto (este punto non servirá para aprobar, só se sumará una vez estén aprobados cada un dos apartados anteriores).

Avaliación final:
- De non cumprirse os requisitos para optar á avaliación continua, o alumno terá que ir á avaliación final. Esta consiste nunha proba mixta na que debe obterse un mínimo de 7/10 para aprobar a asignatura.

2ª oportunidade:
- Avaliación continua:
· Aquel alumnado que cumprindo os requisitos para a avaliación continua en 1º oportunidade, suspenderan a proba mixta e/ou o Portafolios, terán que recuperar, únicamente, a/s parte/s suspensa/s.
- O alumnado que suspendera a avaliación final (nota inferiorr a 7/10) na primeira oportunidade, terá que repetir a proba mixta coas mismas condicións que na primeira oportunidade.

Convocatorias sucesivas:
- De non superarse a asignatura no presente curso, de cara a convocatorias posteriores, conservaráse a nota da proba mixta ou a do Portafolios (sempre e cando estean  aprobadas na suavizante totalidade).

ESTUDANTES DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL:

En función das suas posibilidades de asistencia e participación acordarase, por escrito, cos/as estudantes de dedicación a tempo parcial, un modelo alternativo das diferentes actividades de desenvolvemento e avaliación dos diferentes temas e apartados de avaliación, atendendo a un plantexamento de horas de dedicación equivalente aos/as estudantes de matricula a tempo completo.


En concordancia cos plantexamentos de sosteniblidade que está a promover a Universidade da Coruña, na medida do posible seguiránse as seguintes pautas:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

1.2. Realizarase a través de Moodle ou Teams, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais


A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).

Fontes de información
Bibliografía básica

Arufe, V. (2011). La educación en valores en el aula de EF. ¿Mito o realidad? EmásF, Revista Digital de Educación Física, 2(9). https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3618413  

Benítez Sillero, J.D. (2017). La diferencia entre trabajar “por” competencias y la contribución al desarrollo “de” las competencias clave en educación física. Trances, 9(4), 579-596. Recuperado de https://www.reefd.es/index.php/reefd/article/view/425/414 

Blázquez, D. (2020). Descubre cómo es la educación física del siglo XXI. INDE, pp. 150-157 

Capella Peris, C.; Gil Gómez, J. y Martí Puig, M. (2014) La metodología del aprendizaje-servicio en la educación física. Apunts. Educación Física y Deportes, 116(2),33-43 Recuperado de http://www.revista-apunts.com/es/hemeroteca?article=1633 

Carreiro-da-Costa, F. (2019). Educación Física como proyecto de innovación y transformación cultural. Revista Caribeña de Investigación Educativa (RECIE), 3(2), 19-32. https://doi.org/10.32541/recie.2019.v3i2.pp19-32  

Carrera Moreno, D. (2015) Tareas integradas: características. La aportación desde el área de la educación física. EmásF, Revista Digital de Educación Física, 6(35), 161-175.  Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5391134  

Carrera Moreno, D. (2016) Como crear nuevos deportes desde la educación física. El aprendizaje por proyectos como estrategia práctica motivante. EmásF: Revista digital de Educación Física, 38, 103-118. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5351995 

Carriedo, A. y Cecchini, J.A. (2019). ¿Cómo aumentar la actividad física diaria dentro del horario escolar? Ejemplo de un proyecto de intervención interdisciplinar entre educación física y matemáticas. Journal of Sport and Health Research, 11(1),221-230. 

Chamorro, C., Casas, R., y Fernández-Río, J. (2020) Retos, proyectos, medio ambiente y nuevas tecnologías en Educación Física. Inde 

Fernández-Argüelles, D. y González-González de Mesa, C. (2018). Educación Física y Aprendizaje Cooperativo: una experiencia práctica. Journal of Sport and Health Research. 10(1),43-64. Recuperado de http://www.journalshr.com/index.php/issues/67-vol-10-n1-january-april-2018/290-fernandez-argueelles-d-gonzalez-gonzalez-de-mesa-c-2018-educacion-fisica-y-aprendizaje-cooperativo-una-experiencia-practica-journal-of-sport-and-health-research-10143-64 

Fernández-Río, J. (2017) El Ciclo del Aprendizaje Cooperativo: una guía para implementar de manera efectiva el aprendizaje cooperativo en educación física. Retos, 32, 264-269 https://recyt.fecyt.es/index.php/retos/article/view/51298  

Fernandez-Río, J., Calderón, A., Hortigüela Alcalá, D., Pérez-Pueyo, A. y Aznar Cebamanos, M. (2016). Modelos pedagógicos en educación física: consideraciones teórico-prácticas para docentes. Revista Española de Educación Física y Deportes, 413, 55-75. Recuperado de https://www.reefd.es/index.php/reefd/article/view/425/414 

Figueras Comas, S., Capllonch Bujosa, M., Blázquez Sánchez, D. y Monzonis Martínez, N. (2016) Competencias básicas y educación física: estudios e investigaciones. Apunts. Educación Física y Deportes. 123, 34-43. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5418794 

Flecha, R. y Puigbert, L. (2002). Las comunidades de aprendizaje: Una apuesta por la igualdad educativa. REXE: Revista de estudios y experiencias en educación, 1(1), 11-20.

García López, L.M. y Diaz del Campo, D. M. (2016). Aprendiendo a Enseñar Deporte. Modelos de Enseñanza comprensiva y Educación deportiva. Barcelona. Inde 

García-González, L., Abós Catalán, A. y Sevil-Serrano, J. (2020). Acción docente en educación física y actividades físico-deportivas. Teoría basada en evidencias científicas. Zaragoza. Prensas de la Universidad de Zaragoza 

González-Vilamora, S. (coord.) (2020). Innovando con el modelo de Educación Deportiva: si buscas resultados distintos, no eduques de la misma manera.  Sevilla, Aula Magna 

Hernaiz-Sánchez, A, Villaverde-Caramés, E., González-Valeiro, M.A. & Fernández-Villarino, M.A.(2021). Physical Literacy and teacher training:Pilot study. Education Sciences,11(2), 42. https://doi.org/10.3390/educsci11020042 

Lleixa, T. y Sebastiani, E.M. (Coordinadores) (2016). Competencias clave y Educación física. ¿Cómo y para qué tenerlas en cuenta en la programación? Barcelona. Inde 

Majó, F. y Baquero, M. (2014) 8 Ideas clave. Proyectos interdisciplinarios. Graó 

Mayor, A., Cantero,P., Fernández-Villarino, M.A.,Toja, B., y González-Valeiro, M.A. (2016). Condições que deve cumprir uma escola para se converter em promotora de estilos de vida activos para os alumnos. Gymnasium, 1(2), 1-12.

Navarro, D., Collado, J.A. y Pellicer, I. (2020). Modelos Pedagógicos en Educación Física. Publicaciones Universidad de León. 

Organización Mundial de la Salud. (2021). Directrices de la OMS sobre actividad física y comportamientos sedentarios. 9789240032194-spa.pdf (who.int)  

Pinheiro, V., Camerino, O., y Sequeira, P. (2013). Recursos para potenciar el fair play en la iniciación deportiva. Retos. Nuevas tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación, 24, 97-99.

Rosa, A., García-Cantó, E., y Pérez, J. J (2019). Métodos de enseñanza en educación física: desde los estilos de enseñanza hasta los modelos pedagógicos. Trances, 11(1), 1-30.

Sánchez Alcaráz, B., López, J., Valero Valenzuela, A. y Gómez-Marmol, A. (2017). Los programas de educación en valores a través de la Educación física y el deporte. Actividad física y deporte. Ciencia y profesión, 28, 45-58.  https://www.researchgate.net/publication/316408091_Los_programas_de_educacion_en_valores_a_traves_de_la_educacion_fisica_y_el_deporte  

Sebastiani, E. y Campos-Rius, J. (coordinadores) (2019). GAMIFICACIÓN en Educación Física Reflexiones y propuestas para sorprender a tu alumnado. Inde 

Tobón, S. (2010). Formación Basada en competencias. Bogotá, Colombia, Ecoe. 

UNESCO (2015) Educación física de calidad(EFC): guía para los responsables políticos-UNESCO. Biblioteca Digital.

Vázquez, B. (2001). El Currículum oculto y las nuevas orientaciones en el estudio del currículum en la EF. En B. Vázquez (coord.). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Madrid: Editorial Síntesis, pp. 277-287. 

Vázquez, B. (2001). La Pedagogía de la Actividad Física y el Deporte. En B. Vázquez (coord.). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Madrid: Editorial Síntesis, pp. 25-46.

Velázquez Callado (2015). Aprendizaje cooperativo en Educación Física: estado de la cuestión y propuesta de intervención. Retos, 28, 234-239.

Velázquez Callado, C. (2018). El aprendizaje cooperativo en educación física:  planteamientos teóricos y puesta en práctica. Human Relations, 2(2), 103.

Villaverde-Caramés, E., Fernández-Villarino,M.A., Toja-Reboredo, B.& González-Valeiro, M.A. (2021): Revisión de la literatura sobre las características que definen a un buen docente de Educación Física: consideraciones desde la formación del profesorado. Retos, 41, 471-479. https://doi.org/10.47197/retos.v0i41.84421.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Cara mellorar o proceso docente, recomendase aos estudantes levar a cabo as enquisas “AVALÍA” propostas dende os servizos centraís da UDC.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías