Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Fundamentos Didácticos del Voleibol Código 620G01115
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Tuimil Lopez, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.tuimil@udc.es
Profesorado
Arias Rodríguez, Pablo
Tuimil Lopez, Jose Luis
Correo electrónico
pablo.arias.rodriguez@udc.es
jose.luis.tuimil@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Coñecemento das habilidades deportivas sociomotrices do voleibol como compoñentes procedimentais na educación física e iniciación deportiva e nas didácticas derivadas da súa especialidade. Coñecemento do elementos técnico-tácticos que o estructuran como deporte.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer o regulamento básico do voleibol A25
A26
Coñecer e saber executar os fundamentos técnicos básicos do voleibol A25
A26
Coñecer e saber aplicar os fundamentos tácticos básicos do voleibol A25
A26
Saber artellar tarefas e progresións de aprendizaxe para ensinar o deporte do voleibol A25
A26
Aprender a realizar traballo en equipo, establecendo relacións de cooperación para resolver problemas e situacións relacionadas coa ensinanza e aprendizaxe do voleibol B2
B4
B11
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución e Iniciación ao voleibol 1.1. Características e ámbitos do voleibol
1.2. Proceso de ensinanza-aprendizaxe en voleibol
1.3. Xeralidades na iniciación
2. Fundamentos Técnico Tácticos Básicos e Avanzados 2.1. Posicións Fundamentais e Desprazamentos
2.2. Pase de dedos
2.3. Pase de antebrazos
2.4. Saque de Seguridade
2.5. Pases de dedos especiais. Pase Colocación
2.6. Saque Tenis
2.7. Saque Flotante
2.8. Saque en Suspensión
2.8. Elementos de Ataque
2.9. Bloqueo Individual e Colectivo
2.10. Elementos de Defensa de Campo
3. Táctica e Técnica individual 3.1. Táctica e Técnica ofensiva
3.2. Táctica e Técnica defensiva
4. Táctica Colectiva 4.1. Introdución á Táctica Colectiva Básica
4.2. Dispositivos de Recepción
4.3. Dispositivos de Ataque
4.4. Dispositivos de Apoio
4.5. Dispositivos de Defensa
5. Regras do Xogo e Arbitraxe 5.1. Estudo do Regulamento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A25 2 0 2
Sesión maxistral A25 A26 8 8 16
Portafolios do alumno A25 A26 0 10 10
Proba mixta A25 A26 2 12 14
Recensión bilbiográfica A25 A26 1 4 5
Traballos tutelados A25 A26 2 9.5 11.5
Aprendizaxe colaborativa B2 B4 B11 C7 6 0 6
Práctica de actividade física A25 A26 24 18 42
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Introdución e presentación da materias e da guía docente da mesma
Sesión maxistral Docencia expositiva de aspectos teóricos ou prácticos
Portafolios do alumno O/a estudante deberá recompilar, ordenar, desenrolar e completar as descricións técnicas e tarefas de aprendizaxe dos xestos técnicos vistos na clase
Proba mixta Proba composta por unha distinta proporción de:
-Preguntas tipo test
-Preguntas de resposta breve ou longa
-Deseño de sesión práctica
-Proba de dominio técnico-táctico básico: ao longo do curso as/os estudantes realizarán probas de dominio técnico-táctico. En ditas probas, o profesor avaliará (como apto/non apto) o rendemento (saber facer) de cada estudante nos contidos impartidos ata dito momento. De tal modo, a nota da última das sesións avaliadas será a que determinará se a/o estudante é apto ou non apto na proba de dominio técnico-táctico, independentemente de se fan todas as sesións do cuadrimestre, ou de se a docencia presencial é suspendida ao longo do mesmo.
Recensión bilbiográfica O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase
Traballos tutelados Os/as estudantes elaborarán un traballo de desenrolo dunha sesión orientada á sesións con alumnos de secundaria.
Aprendizaxe colaborativa Os/as estudantes organizarán titorizadamente, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos/as de secundaria na que asumirán o rol de profesor/a de Educación Física impartindo unha Unidade Didáctica de voleibol.
Práctica de actividade física Práctica por parte das/dos estudantes das tarefas motoras propostas polo profesor en relación cos contidos de aprendizaxe

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Asistencia a titoría individuais
- A/o estudante deberá recompilar, ordear, desenrolar e completar as descricións técnicas e tarefas de aprendizaxe das accións técnicas vistos na clase
- Os/as estudantes organizarán titorizadamente, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos/as de secundaria na que asumirán o rol de profesor de voleibol
- No caso de estudantado con matrícula parcial, estudarase o caso particular de cada persoa.
- As titorías para este fin (e tamén as titorías individuais) levaranse a cabo mediante Teams e, a criterio do profesor e sen vulnerar as normativas sanitarias de aplicación, tamén poderían ser presenciais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A25 A26 O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase 5
Traballos tutelados A25 A26 Os/as estudantes elaborarán un traballo de desenrolo dunha sesión orientada á sesións con alumnos de secundaria. 10
Portafolios do alumno A25 A26 O/a estudante deberá recompilar, ordenar, desenrolar e completar as descricións técnicas e tarefas de aprendizaxe dos xestos técnicos vistos na clase 10
Proba mixta A25 A26 Proba composta por unha distinta proporción de:
-Preguntas tipo test
-Preguntas de resposta breve ou longa
-Deseño de sesión práctica
-Proba de dominio técnico-táctico básico: ao longo do curso as/os estudantes realizarán probas de dominio técnico-táctico. En ditas probas, o profesor avaliará (como apto/non apto) o rendemento (saber facer) de cada estudante nos contidos impartidos ata dito momento. De tal modo, a nota da última das sesións avaliadas será a que determinará se a/o estudante é apto ou non apto na proba de dominio técnico-táctico, independentemente de se fan todas as sesións do cuadrimestre, ou de se a docencia presencial é suspendida ao longo do mesmo.
75
 
Observacións avaliación

- Para aprobar a materia será necesario asistir como mínimo ao 70% das sesións interactivas e obter o aprobado na proba mixta, tanto no exame teórico como na proba de dominio técnico/táctico.

 - Os estudantes que non alcancen a porcentaxe mínima de presencialidade non poderán aprobar a materia na convocatoria, nin presentarse á proba mixta.

 - Na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira e gardaranse os aprobados da primeira oportunidade nas diferentes metodoloxías. 
 - Gardaranse as partes aprobadas para próximas convocatorias, sempre que se cumpla o criterio de presencialidade.
 - Non están contempladas outras alternativas de avaliación para a segunda oportunidade. 
 - Nas metodoloxías avaliadas como Apto/NonApto, poderáselle outorgar ao estudantado a cualificación Apto+, que será produto dun desempeño de alta ou excepcional calidade en dita metodoloxía. A cualificación Apto+ suporá ata 1 punto; a sumar na nota final da materia.
 - No caso de estudantes lesionados ou en corentena e que conten con parte de baixa (diagnóstico médico) o profesor poderá considerar apto na proba de dominio técnico-táctico a partir do desempeño mostrado polo/a estudante ao longo do curso. 
 - Os/as estudantes con matrícula a tempo parcial terán que asistir como mínimo ao 50% das sesións para poder superar a materia, sendo o único elemento que se modifica na súa avaliación.
 - O exame teórico será realizado en castelán, no caso de que algún alumno desexe o enunciado en galego deberá solicitalo ao profesor cun mes de antelación á data do exame. 
 -A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).

Fontes de información
Bibliografía básica Monge, MA (1997). Voleibol. Santiago de Compostela: Editorial Lea
Ramón, A. (1997). Análisis de los gestos técnicos de la acción de juego en voleibol. Madrid: Editorial Gymnos
Lucas, J. (1991). El voleibol: Iniciación y perfeccionamiento. Barcelona: Paidotribo
Bonnefoy, G. (2000). Enseñar voleibol para jugar en equipo. Barcelona: Inde
Palao, J.M. (2007). Manual para la iniciación al voleibol. Murcia: Diego Marin Librero
Díaz, J. (1984). Voleibol en la escuela. Madrid: Editorial Gymnos
Kenny, B (2008). Voleibol: claves para dominar los fundamentos y las destrezas técnicas. Madrid: Tutor
Wise, M. (2003). Voleibol: entrenamiento de la técnica y la táctica. Barcelona: Hispano Europea
Zhelezniak, Y., D. (1993). Voleibol: teoría y método de la preparación. Barcelona: Paidotribo
Grupo Kinesis (2010). Voleiobol básico (Fundamentos técnico-tácticos). Bogotá: Kinesis

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Ao tratarse de estudantes de primeiro curso non é de aplicación a recomendación de cursar previamente nin de xeito simultaneo ningunha materia concreta.

“Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías