Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A25 |
Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero. |
A26 |
Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención. |
B2 |
Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte. |
B4 |
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o regulamento básico do voleibol |
A25 A26
|
|
|
Coñecer e saber executar os fundamentos técnicos básicos do voleibol |
A25 A26
|
|
|
Coñecer e saber aplicar os fundamentos tácticos básicos do voleibol |
A25 A26
|
|
|
Saber artellar tarefas e progresións de aprendizaxe para ensinar o deporte do voleibol |
A25 A26
|
|
|
Aprender a realizar traballo en equipo, establecendo relacións de cooperación para resolver problemas e situacións relacionadas coa ensinanza e aprendizaxe do voleibol |
|
B2 B4 B11
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución e Iniciación ao voleibol |
1.1. Características e ámbitos do voleibol
1.2. Proceso de ensinanza-aprendizaxe en voleibol
1.3. Xeralidades na iniciación |
2. Fundamentos Técnico Tácticos Básicos e Avanzados |
2.1. Posicións Fundamentais e Desprazamentos
2.2. Pase de dedos
2.3. Pase de antebrazos
2.4. Saque de Seguridade
2.5. Pases de dedos especiais. Pase Colocación
2.6. Saque Tenis
2.7. Saque Flotante
2.8. Saque en Suspensión
2.8. Elementos de Ataque
2.9. Bloqueo Individual e Colectivo
2.10. Elementos de Defensa de Campo |
3. Táctica e Técnica individual |
3.1. Táctica e Técnica ofensiva
3.2. Táctica e Técnica defensiva |
4. Táctica Colectiva |
4.1. Introdución á Táctica Colectiva Básica
4.2. Dispositivos de Recepción
4.3. Dispositivos de Ataque
4.4. Dispositivos de Apoio
4.5. Dispositivos de Defensa |
5. Regras do Xogo e Arbitraxe |
5.1. Estudo do Regulamento |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A25 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A25 A26 |
8 |
8 |
16 |
Portafolios do alumno |
A25 A26 |
0 |
10 |
10 |
Proba mixta |
A25 A26 |
2 |
12 |
14 |
Recensión bilbiográfica |
A25 A26 |
1 |
4 |
5 |
Traballos tutelados |
A25 A26 |
2 |
9.5 |
11.5 |
Aprendizaxe colaborativa |
B2 B4 B11 C7 |
6 |
0 |
6 |
Práctica de actividade física |
A25 A26 |
24 |
18 |
42 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Introdución e presentación da materias e da guía docente da mesma |
Sesión maxistral |
Docencia expositiva de aspectos teóricos ou prácticos |
Portafolios do alumno |
O/a estudante deberá recompilar, ordenar, desenrolar e completar as descricións técnicas e tarefas de aprendizaxe dos xestos técnicos vistos na clase |
Proba mixta |
Proba composta por unha distinta proporción de:
-Preguntas tipo test
-Preguntas de resposta breve ou longa
-Deseño de sesión práctica
-Proba de dominio técnico-táctico básico: ao longo do curso as/os estudantes realizarán probas de dominio técnico-táctico. En ditas probas, o profesor avaliará (como apto/non apto) o rendemento (saber facer) de cada estudante nos contidos impartidos ata dito momento. De tal modo, a nota da última das sesións avaliadas será a que determinará se a/o estudante é apto ou non apto na proba de dominio técnico-táctico, independentemente de se fan todas as sesións do cuadrimestre, ou de se a docencia presencial é suspendida ao longo do mesmo. |
Recensión bilbiográfica |
O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase |
Traballos tutelados |
Os/as estudantes elaborarán un traballo de desenrolo dunha sesión orientada á sesións con alumnos de secundaria. |
Aprendizaxe colaborativa |
Os/as estudantes organizarán titorizadamente, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos/as de secundaria na que asumirán o rol de profesor/a de Educación Física impartindo unha Unidade Didáctica de voleibol. |
Práctica de actividade física |
Práctica por parte das/dos estudantes das tarefas motoras propostas polo profesor en relación cos contidos de aprendizaxe |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
Asistencia a titoría individuais
- A/o estudante deberá recompilar, ordear, desenrolar e completar as descricións técnicas e tarefas de aprendizaxe das accións técnicas vistos na clase
- Os/as estudantes organizarán titorizadamente, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos/as de secundaria na que asumirán o rol de profesor de voleibol
- No caso de estudantado con matrícula parcial, estudarase o caso particular de cada persoa.
- As titorías para este fin (e tamén as titorías individuais) levaranse a cabo mediante Teams e, a criterio do profesor e sen vulnerar as normativas sanitarias de aplicación, tamén poderían ser presenciais.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Recensión bilbiográfica |
A25 A26 |
O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase |
5 |
Traballos tutelados |
A25 A26 |
Os/as estudantes elaborarán un traballo de desenrolo dunha sesión orientada á sesións con alumnos de secundaria. |
10 |
Portafolios do alumno |
A25 A26 |
O/a estudante deberá recompilar, ordenar, desenrolar e completar as descricións técnicas e tarefas de aprendizaxe dos xestos técnicos vistos na clase |
10 |
Proba mixta |
A25 A26 |
Proba composta por unha distinta proporción de:
-Preguntas tipo test
-Preguntas de resposta breve ou longa
-Deseño de sesión práctica
-Proba de dominio técnico-táctico básico: ao longo do curso as/os estudantes realizarán probas de dominio técnico-táctico. En ditas probas, o profesor avaliará (como apto/non apto) o rendemento (saber facer) de cada estudante nos contidos impartidos ata dito momento. De tal modo, a nota da última das sesións avaliadas será a que determinará se a/o estudante é apto ou non apto na proba de dominio técnico-táctico, independentemente de se fan todas as sesións do cuadrimestre, ou de se a docencia presencial é suspendida ao longo do mesmo. |
75 |
|
Observacións avaliación |
- Para aprobar a materia será necesario asistir como mínimo ao 70% das sesións interactivas e obter o aprobado na proba mixta, tanto no exame teórico como na proba de dominio técnico/táctico. - Os estudantes que non alcancen a porcentaxe mínima de presencialidade non poderán aprobar a materia na convocatoria, nin presentarse á proba mixta. - Na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira e gardaranse os aprobados da primeira oportunidade nas diferentes metodoloxías. - Gardaranse as partes aprobadas para próximas convocatorias, sempre que se cumpla o criterio de presencialidade. - Non están contempladas outras alternativas de avaliación para a segunda oportunidade. - Nas metodoloxías avaliadas como Apto/NonApto, poderáselle outorgar ao estudantado a cualificación Apto+, que será produto dun desempeño de alta ou excepcional calidade en dita metodoloxía. A cualificación Apto+ suporá ata 1 punto; a sumar na nota final da materia. - No caso de estudantes lesionados ou en corentena e que conten con parte de baixa (diagnóstico médico) o profesor poderá considerar apto na proba de dominio técnico-táctico a partir do desempeño mostrado polo/a estudante ao longo do curso. - Os/as estudantes con matrícula a tempo parcial terán que asistir como mínimo ao 50% das sesións para poder superar a materia, sendo o único elemento que se modifica na súa avaliación. - O exame teórico será realizado en castelán, no caso de que algún alumno desexe o enunciado en galego deberá solicitalo ao profesor cun mes de antelación á data do exame. -A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Monge, MA (1997). Voleibol. Santiago de Compostela: Editorial Lea
Ramón, A. (1997). Análisis de los gestos técnicos de la acción de juego en voleibol. Madrid: Editorial Gymnos
Lucas, J. (1991). El voleibol: Iniciación y perfeccionamiento. Barcelona: Paidotribo
Bonnefoy, G. (2000). Enseñar voleibol para jugar en equipo. Barcelona: Inde
Palao, J.M. (2007). Manual para la iniciación al voleibol. Murcia: Diego Marin Librero
Díaz, J. (1984). Voleibol en la escuela. Madrid: Editorial Gymnos
Kenny, B (2008). Voleibol: claves para dominar los fundamentos y las destrezas técnicas. Madrid: Tutor
Wise, M. (2003). Voleibol: entrenamiento de la técnica y la táctica. Barcelona: Hispano Europea
Zhelezniak, Y., D. (1993). Voleibol: teoría y método de la preparación. Barcelona: Paidotribo
Grupo Kinesis (2010). Voleiobol básico (Fundamentos técnico-tácticos). Bogotá: Kinesis |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Ao tratarse de estudantes de primeiro curso non é de aplicación a recomendación de cursar previamente nin de xeito simultaneo ningunha materia concreta. “Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia. |
|