Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Accións e Estratexias sobre a Arquitectura Moderna Código 630548002d
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Quiroga, Fernando
Paz Agras, Luz
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/com/
Descrición xeral Nesta materia analízanse, dende unha posición crítica, proxectos de intervención sobre a Arquitectura Moderna.
A proximidade temporal á Arquitectura Moderna e as súas características propias levan á necesidade dun plantexamento específico en canto á súa posta en valor e recoñecemento como Patrimonio Moderno e aos criterios de intervención que, sobre estas pezas, teñen que levarse a cabo na actualidade e no futuro inmediato.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Desenvolvemento de capacidade de análise das obras de arquitectura e, ó mesmo tempo, de chegar ó convencemento da necesidade de dotar de reflexións anteriores á súa actividade proxectual. BP2
BP4
CP1
CP4
CP5
CP6
CP7
Capacidade de análise da natureza teórica e técnica da arquitectura moderna. Coñecemento dos criterios de intervención nas pezas patrimoniáis modernas. AP1
AP2
AP4
AP8
BP1
CP15

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Restauración, rehabilitación, intervención: as accións transformadoras e de conservación sobre a Arquitectura Moderna. .
Tema 2. Aloïs Riegl e o "Culto moderno aos minumentos". .
Tema 3. A Tecnoloxía e a linguaxe das vangardas como polos dialécticos da modenidade. .
Tema 4. Analoxía e contraste. A natureza das estratexias de intervención na Arquitectura Moderna. .
Tema 5. A clonación moderna. Os edificios desaparecidos reedificados. .
Tema 6. Rehabilitacións filolóxicas. .
Tema 7. Contemporaneidade e Modernidade: conceptos, contidos e significados arquitectónicos. .
Tema 8. A especificidade da arquitectura industrial na súa recuperación. .
Tema 9. A rehabilitación dos tecidos urbáns modernos. .
Tema 10. Conclusións: análise de casos de estudo. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A8 B1 C7 C15 20 20 40
Eventos científicos e/ou divulgativos C1 C4 C5 C6 C15 0 3 3
Traballos tutelados A1 A4 B2 B4 C1 C4 C5 C6 10 17 27
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, conferencias, etc), organizados pola ETSAC, DPAUC, etc, indicados polo profesorado da materia, como parte dos contidos docentes do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuáis referentes á asignatura.
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso, no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso DPAUC" (Paneis, maquetas, debuxos, videos, textos, performances, ...)
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Eventos científicos e/ou divulgativos
Traballos tutelados
Descrición
O curso complétase cun traballo, que é realizado en parte de modo individual e en parte en grupo, onde se amosa a capacidade para desenvolver un discurso de intervención coherente sobre un determinado edificio ou teoría arquitectónica. Este traballo poderá compartirse con outras asignaturas do máster, de acordo coa cordinación do profesorado implicados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A4 B2 B4 C1 C4 C5 C6 Condición necesaria para o aprobado por curso. 100
 
Observacións avaliación

A entrega do traballo é unha condición necesaria para superar a materia.

A valoración do seguimento das clases, máis a calificación do traballo conforman a nota da materia.

Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.

Medidas para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Non se contemplan.

Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC: "A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobado, implicará directamente a calificación de suspenso (0) na materia da convotatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria".


Fontes de información
Bibliografía básica Choay, François (2015). Alegoría del patrimonio. Barcelona: Gustavo Gili SL
Rivera, David (2012). Dios está en los detalles. la restauración de la arquitectura del Movimiento Moderno. Valencia: General de Ediciones de Arquitectura
Riegl, Aloïs (1987). El culto moderno a los monumentos: caracteres y origen. Madrid: Visor, D.L.
DOCOMOMO Ibérico. VV.AA. (2008). Renovarse o morir?: experiencias, apuestas y apardojas de la intervención en la arquitectura del movimiento moderno . Barcelona: Fundación DOCOMOMO Ibérico
VV.AA. (). Tectónica 33: Rehabilitación: La arquitectura moderna. Madrid: ATC Ediciones

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia do Patrimonio Rehabilitado /630467102
Técnicas de Investigación e Documentación en Arquitectura/630567104
Analise e Teoría da Intervención no Patrimonio/630567101

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías