Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Patoloxía dos Materiais e Sistemas Tradicionais Código 630548013d
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Hermo Sanchez, Victor Manuel
Correo electrónico
victor.hermo@udc.es
Profesorado
Bermudez Graiño, Jose Manuel
Hermo Sanchez, Victor Manuel
Raya de Blas, Antonio
Correo electrónico
jose.bermudez@udc.es
victor.hermo@udc.es
antonio.raya@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura estudará os procesos patolóxicos dos produtos construtivos (materiais e conxunto de materiais fabricados para a súa incorporación permanente ás obras) a partires dos seus principios básicos de funcionamento e do seu comportamento fronte a accións exteriores.
Así, unha vez presentada a terminoloxía especifica destes procesos, definiranse as lesións e a súa clasificación individualizada e estudaranse as súas causas e evolución.
A partires destos coñecementos, os alumnos serán capaces de afrontar con rigor a análise destes procesos, como punto clave inicial á hora de afrontar o seu diagnóstico e reparación, como parte dun proxecto de rehabilitación.
Expoñeranse casos prácticos de intervención en patrimonio, e construción con fábrica, madeira e terra.
Realizarase un traballo tutelado que poderá formar parte do Traballo Fin de Máster que desenvolverá o alumno.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecemento dos sistemas construtivos tradicionais desde a perspectiva do seu funcionamento e prestacións e do seu comportamento ante accións exteriores. CP1
CP8
CP15
Capacidade para detectar e identificar procesos patolóxicos, coñecer as súas causas e a súa evolución. AP1
AP2
Adquirir práctica mediante a realización dunha análise tutelada dos procesos patolóxicos do edificio real elixido como lugar de intervención no Traballo de Fin de Máster. AP8
AP10
BP2
BP3
CP6
Introdución na metodoloxía de análise de lesións en edificación como parte fundamental dun proxecto de rehabilitación. AP8
BP2
BP5
CP9

Contidos
Temas Subtemas
1. PRESENTACIÓN DA ASIGNATURA. INTRODUCIÓN Á PATOLOXÍA DAS FÁBRICAS TRADICIONAIS. • Presentación da asignatura.
• Planteamento da práctica.
• Introdución á patoloxía de fábricas tradicionais en pedra, ladrillo, terra.
• Casos prácticos: cubertas de San Martiño Pinario, Casa Forte de Lusío (Samos), Rehabilitación vivenda casco histórico Santiago de Compostela.
2. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS: MADEIRA. • A madeira. morfoloxía e propiedades. Obtención, tipos e usos.
• Especies de madeiras, propiedades tecnolóxicas, produtos derivados.
• Patoloxías, recoñecemento, reparación, protección e conservación da madeira.
• O proxecto a través das estruturas, cubertas, carpinterías, cerramentos, acabados.
• O detalle construtivo, a protección e a rehabilitación da madeira a través da intervención en casos prácticos.
3. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONALES I. AS LESIÓNS E AS SÚAS CAUSAS I. • Terminoloxía de patoloxía construtiva.
• Introdución á metodoloxía para detectar e identificar procesos patolóxicos e o seu diagnóstico.
• As Lesións: definición e clasificación.
• As causas: definición e tipos.
• Fisuras e gretas: definición e causas.
• Erosións: definición e causas.
4. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONAIS II. AS LESIÓNS E AS SÚAS CAUSAS II. • Humidades: definición.
- Características higrométricas dos materiais:
- A lesión: causas que poden producila.
• Desprendementos: definición e causas.
- Desprendementos en revestimentos continuos.
- Desprendementos en revestimentos discontinuos adheridos con morteiros tradicionais ou morteiros-cola.
- Desprendementos en revestimentos discontinuos anclados por puntos ou liñas.
- Desprendementos de pinturas.
5. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONAIS III. AS LESIÓNS E AS SÚAS CAUSAS III. • Oxidación: definición e causas.
• Corrosión: definición e causas
• Suciedades: definición e tipos.
6. ESTUDO DE CASOS: PATOLOXÍA E CONSTRUCIÓN CON TERRA. PISCINA DE TORO. (Profesor invitado: Antonio Raya).
7. ESTUDIO DE CASOS: PATOLOXÍA DE MATERIAIS PÉTREOS, CONSOLIDACIÓN E BIODETERIORO. (Profesor invitado: Joaquín Fernández Madrid).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 C15 1 35 36
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 B2 C1 C6 1 8 9
Traballos tutelados A1 A8 A10 B3 B5 C8 C9 1 25 26
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. Esta exposición farase de modo esquemático abarcando os temas principais teóricos co obxecto de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Tratándose da versión non presencial realizarase mediante a aplicación Teams ou Aula virtual.
Eventos científicos e/ou divulgativos Consistirá na asistencia a sesións de conferencias onde técnicos relevantes nas materias expoñerán traballos profesionais e investigacións de interese. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. Tratándose da versión non presencial realizarase mediante a aplicación Teams ou Aula virtual.
Traballos tutelados Elaboración por parte do alumno dun traballo a nivel profesional e/ou de investigación.
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor, en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción por parte dos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe e no seguemento desa aprendizaxe por parte do profesor-tutor.
O traballo tutelado versará sobre contidos directos da materia ou que resulten afíns ao xuizo do mestre. O traballo poderá prantexarse como traballo único e independente o preferiblemente, poderá formar parte do Traballo fin de Master, como ocurre no resto das materias da Área de Construción.
Tratándose da versión non presencial realizarase mediante a aplicación Teams ou Aula virtual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Todas estas metodoloxías potencian o traballo autónomo do alumno aínda que será necesario supervisalo e/ou resolver dúbidas. A atención personalizada desenvolverase durante as clases programadas e no horario de titorías. Realizarase un seguimento personalizado do traballo tutelado por parte do profesor na clase e nas horas de titorías con correccións periódicas.
Tratándose da versión non presencial realizarase mediante a aplicación Teams ou Aula virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A8 A10 B3 B5 C8 C9 Valorarase a aplicación de técnicas e coñecementos expostos durante o curso no desenvolvemento do traballo. A selección de fontes de documentación. A concreción e síntese. A profundidade técnica e coherencia. A orixinalidade e innovación. A presentación e explicación.
Tratándose da versión non presencial realizarase mediante a aplicación Teams o Aula virtual.
100
 
Observacións avaliación

Tratándose da versión non presencial realizarase mediante a aplicación Teams o Aula virtual. Non sendo obligatoria a asistencia síncrona as actividades docentes.


Fontes de información
Bibliografía básica Fructuós Mañá Reixach (2007). A obra grosa. Santiago. COAG
Carles Broto (2005). Enciclopedia Broto de Patologías de la Construcción. Carles Broto i Comerma Jonqueres
Ignacio Paricio (1983 revisad post). La construcción de la arquitectura. Barcelona ITC
Ignacio Aparicio (2000). La fachada de ladrillo. Barcelona. Bisagra
J. Fernández Madrid (1996). Manual del granito para arquitectos. Santiago. AGG
Richard Weston (2003). Materiales, forma y arquitectura. Barcelona. Blume
Juan Monjo Carrió, Luis Maldonado (2001). Patología y Técnicas de intervención en estructuras arquitectónicas. Editorial Munilla-Lería

Bibliografía complementaria José Laffarga y Manuel Olivares (1995). Materiales de construcción. Sevilla. Editan


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías