Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Fábrica Código 630548021d
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Freire Tellado, Manuel Jose
Correo electrónico
manuel.freire.tellado@udc.es
Profesorado
Freire Tellado, Manuel Jose
Correo electrónico
manuel.freire.tellado@udc.es
Web http://fv.udc.es
Descrición xeral Tras cursar a asignatura, o alumno estará capacitado para poder identificar, peritar e afrontar de forma eficaz os problemas usuais que poden presentar as estruturas de fábrica dentro do contexto da obra de rehabilitación. Para poder desenvolver estas capacidades facilitaranse os coñecementos necesarios referentes á inspección e recoñecemento de estruturas de fábrica, a identificación das lesións que se producen, a súa valoración e tratamento, o diagnóstico de patología ligada á estrutura de fábrica e as técnicas básicas de intervención sobre os elementos estructurales de fábrica, complementando este saber coa bibliografía e normativa existente. Estes contidos serán expostos nas clases de teoría. Para garantir que o alumno sexa capaz de aplicar adecuadamente estes coñecementos, propóñense unha serie de clases prácticas que versasen sobre a exposición e debate dunha serie de casos prácticos complementadas coa realización dun traballo específico sobre a materia. Este traballo que estará relacionado coa actividade profesional do arquitecto dentro do contido específico desta asignatura.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Dominar as propiedades mecánicas das fábrica eas diferentes solucións estructurales coherentes con elas. AP5
AP7
BP2
CP1
Habilitar ao alumno para a identificación e rexistro dos distintos tipos de lesións que se poden dar nas estruturas de fábrica AP8
BP3
CP6
CP7
Coñecer as distintas técnicas de reparación e adecuación de estruturas de fábrica, así como a súa idoneidad AP5
AP7
AP8
AP10
BP3
CP1
CP6
CP7
CP9
Coñecer os criterios estructurales aplicados ao longo da Historia. AP4
AP7
BP5
CP8
Coñecer a evolución histórica das estruturas de fábrica e as dimensións alcanzadas. AP4
BP5
CP11
CP13
CP14
CP15
Dominar diversas situacións particulares dos muros de fábrica na rehabilitación AP5
AP7
BP3
CP12
CP13
CP14
CP15
Habilitar ao alumno para a realización de estudos básicos de equilibrio de bóvedas de fábrica. AP5
AP8
BP3
CP12
CP13
CP14
Capacitar ao alumno para peritar unha estrutura a base de arcos de dovelas de fábrica AP5
AP8
BP3
CP12
CP13
Capacitar ao alumno para a planificación e desenvolvemento da inspección de estruturas de fábrica, así como para as actuacións deriva AP5
AP7
AP8
BP2
CP2
Presentar os criterios de cálculo propostos por diferentes normativas e referencias bibliográficas de fábrica e capacitar ao alumno para a escoller o método de cálculo adecuado ao problema a resolver AP5
AP10
BP5
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. PRINCIPIOS PARA A INTERVENCIÓN NAS ESTRUTURAS DE FÁBRICA 1.1 Introdución
1.2 Principios Estruturales
1.3 Materiais e Técnicas
2. A FÁBRICA: O MATERIAL E O EDIFICIO 2.1 Tipos de fábricas
2.2 Características e propiedades mecánicas
2.3 Organización xeral do edificio. Solucións particulares de equilibrio
2.4 Representación de estruturas de fábrica. Particularidades
3. SINTOMATOLOXÍA: LESIÓNS MECÁNICAS NAS FÁBRICAS 3.1 Introdución. Deformacións, tensións, gretas e fisuras
3.2 Lesións derivadas por fallos en cimentación
3.3 Lesións de orixe mecánica
3.4 Interpretación das lesións
3.5 Lesións específicas de fachadas e medianeiras
3.6 Representación de lesións
4. COMPROBACIÓNS DA ESTRUTURA DE FÁBRICA. MÉTODOS DE CÁLCULO 4.1 Introdución. Estados límites na estrutura de fábrica
4.2 Avaliación da capacidade portante
4.3 Métodos de cálculo de normas e outras referencias sobre fábricas. Aplicación
4.4 Avaliación estructural de edificios patrimoniales de fábrica
5. TÉCNICAS DE REPARACIÓN 5.1 Medidas de actuación sobre un edificio existente
5.2 Clasificacións das técnicas de reparación
5.3 Estudo das técnicas
5.4 Criterios de representación
6. ESTUDO DOS ARCOS 6.1 Orixe, tipos e Construción dos arcos
6.2 Estabilidade e colapso dos arcos illados
6.3 Arcos combinados
6.4 Peritación dos arcos
6.5 Lesións dos arcos
7. INTRODUCIÓN Ao ESTUDO DAS BÓVEDAS DE FÁBRICA. 7.1 Tipos e construción de bóvedas de fábrica
7.2 Gretas nas bóvedas de fábrica
7.3 Estudo simplificado do equilibrio: Táboas de Ungewitter e análise de 'gajos'
7.4 Lesións nas bóvedas de fábrica
8. ASPECTOS ESPECÍFICOS DE MUROS DE FÁBRICA 8.1 Apertura de ocos nos muros de fábrica
8.2 Esborralles en muros e torres
8.3 Problemática específica de alicerces: incrementos das cargas e modificación das rasantes
9. EVOLUCIÓN HISTÓRICA DOS MÉTODOS DE CÁLCULO. As REGRAS 9.1 Regras históricas
9.2 Desenvolvemento da análise científica
9.3 Da tratadística á normativa

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Esquemas B2 C2 C7 1 2 3
Estudo de casos A5 A7 C1 C8 C14 6 6 12
Lecturas A4 A10 B5 C1 C8 0 8 8
Sesión maxistral A4 A5 C6 C12 C13 C14 C15 12 12 24
Solución de problemas A8 B2 B3 C6 C9 C11 1 1 2
Traballos tutelados A5 B3 C6 C9 C11 0 20 20
Eventos científicos e/ou divulgativos B5 C1 C2 C8 0 3 3
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Esquemas Ao comezo de cada clase realízase un esquema dos contidos que se van a desenvolver, a súa necesidade e o encaixe destes na titulación. Deste xeito se evidencia a lóxica do tema e pódense relacionar os contidos dentro do mapa de coñecementos da asignatura
Estudo de casos Enfróntase ao alumno a un caso real específico, cun importante contido estructural, que lle describe unha situación real da vida profesional.
O alumno debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes ao a intervención sobre estruturas de fábrica para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en clase dirixida polo profesor, suscitar unha actuación e confrontarla coa realizada na realidade.
Lecturas Adquisición dun marco conceptual xeneral mediante a lectura de textos cuestións referentes á intervención sobre as estruturas, así como de profundización sobre os diversos temas do programa e outros que poidan ser puntualmente interesantes, debido ás condicións particulares do traballo a desenvolver.
Sesión maxistral Conxunto de clases e conferencias nas que resulta fundamental o labor expositiva do relator (profesor e/ou conferenciante), labor que se realiza co apoio da T.I.C. Consisten no desenvolvemento dos diversos temas do temario. En formato non presencial, esta metodoloxía realízase mediante sesións síncronas, utilizando a plataforma de videoconferencia da universidade e o estudo da documentación aloxada en Moodle

O alumno debe afacerse ao manexo da bibliografía recomendada da asignatura, que se pode localizar na biblioteca da ETSA, contando como apoio co esquema da clase dispoñible na facultade virtual.

O seguimiento continuado das clases teóricas é unha esixencia da asignatura que se considera cumprido coa asistencia ao 80% das clases polo menos
Solución de problemas O profesor resolverá exercicios orientados cara á futura práctica profesional fomentando a participación do alumno na resolución parcial ou total dos mesmos.

Insitirase na presentación do resultado de forma que resulta claramente visible, indicando o valor numérico coa precisión e unidades correspondentes.

Explicaranse os erros máis comúns que adoitan cometerse, valorándoos en función da súa gravidade, tanto de tipo conceptual como numéricos.
Traballos tutelados Os alumnos -ben en grupo, ben individualmente dependendo do tema concreto- realizan un traballo que implique emprego das técnicas desenvolvidas nas clases teóricas, identificando na realidade práctica os contidos da exposición teórica. Empregaranse fotografías, esquemas, planos e textos a man alzada.
Son un compoñente fundamental cara á cualificación final.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumno que implican a asistencia e participación en eventos científicos e divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas relacionados coa materia.
Estas actividades proporcionan ao alumno coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes ao ámbito de estudo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
Estudo de casos
Na modalidade a distancia l discusión dos casos prácticos farase mediante a entrega de un escrito de análise sobre cada un dos exemplos presentados

Traballos tutelados
O alumno demostrará o seguimiento efectivo da asignatura mediante a asistencia a tutorías nas que se controlará o desenvolvemento do traballo proposto, no que se aplicarán os contidos expostos e na bibliografía básica e/ou complementaria
Este traballo se complementará coa realización dos exercicios propostos.
Someterase a control a asistencia as tutorías e a actividade desenvolvida.



Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 B3 C6 C9 C11 Valoración del trabajo desarrollado 60
Solución de problemas A8 B2 B3 C6 C9 C11 Asistencia 9
Sesión maxistral A4 A5 C6 C12 C13 C14 C15 Asistencia 5
Estudo de casos A5 A7 C1 C8 C14 Participación en las discusiones desarrolladas en el estudio de los casos 25
Esquemas B2 C2 C7 Asistencia 1
 
Observacións avaliación
A asignatura estrutúrase en parte teórica e parte práctica, esta con un
trato máis persoalizado. Nas clases teóricas resulta preponderante o
labor expositiva do profesor, aunque en modalidade asíncrona. Este labor complétase coa exposición de
casos prácticos relacionados cos temas teóricos expostos.

Para o eficaz
aprovechamiento da asignatura resulta imprescindible o seguimiento
continuado desta, estimándose que isto se cumpre coa superación dos controis dos contidos teóricos e coa entrega das análises dos casos prácticos desenrolados

A avaliación dos alumnos realizarase mediante a
valoración dun traballo práctico desenvolvido por estes unha vez superado o cirterio de seguimento anterior. De non presentar este traballo práctico, a calificación asignada será Non Presentado.

Estos mismos criterios aplicaranse tamén a segunda oportunidade e a convocatoria adiantada. A realización do traballo tutelado é obrigatoria en calquera caso.

Plaxio: De acordo co artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, a detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica AA.VV. (2005). Actas II Congreso Internacional Antiguos espacios para nuevos tiempos. El material pétreo y sus fábricas en el patrimonio. Santiago
Huerta, S. (2004). Arcos, bóvedas y cúpulas. Geometría y equilibrio en el cálculo tradicional de estructuras de fábrica. Instituto Juan de Herrera-CEHOPU
AA.VV. (1991). Curso de Patología. Conservación y Restauración de edificios. Tomo 1.. C.O.A. Madrid
Lozano Apolo, G. et alli (1995). Curso de Técnicas de Intervención en el Patrimonio Arq. Tomo II. Reestructuración de Edificios de Muros de Fábrica. C.O.A.yA.T. A Coruña
Heyman, J. (1999). El esqueleto de Piedra. CEHOPU-Instituto Juan de Herrera-CEDEX
Palaciones Gonzalo, J.C. (2009). La Cantería Medieval. La construcción de la bóveda gótica española. Munilla-Lería
Ortega Andrade, F. (1999). La obra de fábrica y su patología. C. O. A. Canarias
Monjo Carrió, J. & Maldonado Ramos, L. (2001). Patología y técnicas de intervención en estructuras arquitectónicas. Munilla-Lería
I. E. T. C. C. (1971). PIET 70. Obras de Fábrica. Madrid
Lahuerta Vargas, J. (1984). Rehabilitación de Obras de Fábrica. Curso de Rehabilitación. Tomo 5. La Estructura. C.O.A.Madrid
López Collado, G. (1976). Ruinas en Construcciones antiguas. Causas, consolidaciones y traslados. Madrid
Heyman, J (1995). Teoría, historia y Restauración de Estructuras de Fábrica. CEHOPU-Instituto Juan de Herrera-CEDEX
Croci, G. (2000). The conservation and Structrual Restoration of Architectural Heritage. Computational Mechanics Publications
Monjo Carrió, J. (coord) (2001). Tratado de Rehabilitación. Tomo 3. Patología y técnicas de intervención. Elementos estructurales. UPM - Munilla-Lería

Bibliografía complementaria Fortea Luna, M. & López Bernal, V. (1998). Bóvedas Extremeñas. Proceso constructivo y análisis estructural de bóvedas de arista. C.O.A. Extremadura
Thunnissen, H.J.W. (1950 (2012)). Bóvedas: su construcción y empleo en la arquitectura. Instituto Juan de Herrera
Heyman, J. (2001). La ciencia de las estructuras. Instituto Juan de Herrera
Mas-Guindal Lafarga, A.J. (2011). Mecánica de las estructuras antiguas. Cuando las estructuras no se calculaban. Munilla-Lería
Heyman, J. (2015). Teoría, historia y Restauración de Estructuras de Fábrica. Volumen II. CEHOPU-Instituto Juan de Herrera-CEDEX
Heyman, J. (1982). The Masonry Arch. Elis Horwood Series in Engineering Scienca


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Inspección das Estruturas/630567110
Inspección de Sistemas Construtivos/630567109

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Inspección e Recalce de Cimentacións/630426116
Patoloxía dos Materiais/630467121

Materias que continúan o temario
Modelos Avanzados para a Análise Estrutural de Edificios Históricos/630467104
Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Madeira/630467118

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías