Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Sistemas Avanzados de Reparación e Reforzo de Estruturas Código 630548022d
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Otero Chans, M. Dolores
Correo electrónico
dolores.otero.chans@udc.es
Profesorado
Otero Chans, M. Dolores
Suárez Riestra, Félix Leandro
Correo electrónico
dolores.otero.chans@udc.es
felix.suarez@udc.es
Web http://gea.udc.es/gem/gem_frames.htm
Descrición xeral A materia afonda, dun xeito eminentemente práctico, en ferramentas para abordar o proxecto, cálculo, verificación e execución de obras de reforzo e reparación de estruturas de formigón e madeira. Para iso analízanse e detallan de forma concreta diversas técnicas de reparación e reforzo e abórdase a súa comprobación mediante o uso de aplicacións informáticas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade para aplicar diversas técnicas de reforzo e rehabilitación en estruturas de formigón e madeira, dende o proxecto ata a súa execución, pasando pola verificación e análise mediante a utilización de diversas aplicacións informáticas. AP5
AP7
AP8
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11
CP12
CP13
CP14
CP15

Contidos
Temas Subtemas
1. Criterios e ferramentas para a verificación de esforzos en estruturas de formigón e madeira.
2. Sistemas de reparación e reforzo de estruturas de formigón.
3. Sistemas de reparación e reforzo de estruturas de maidera.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A5 A7 A8 B1 B2 B3 B5 C1 C4 C5 C6 C7 C8 C11 C12 C13 9 18 27
Traballos tutelados A5 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 2 16 18
Presentación oral A5 A7 A8 B1 B4 C2 C3 C9 C10 1 1 2
Sesión maxistral A5 A7 A8 B1 B5 C2 C4 C5 C12 C13 C14 C15 9 18 27
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise de proxectos de recuperación e reforzo de estruturas existentes desde un punto de vista práctico e crítico.
Traballos tutelados Realización de traballos de aplicación práctica dos conceptos explicados, que permitan ao alumnado adquirir coñecementos e competencias a partir da elaboración dun proxecto real de reparación e/ou reforzo.
Presentación oral Realizaranse exposicións públicas dos traballos tutelados realizados, describindo a metodoloxía e os resultados obtidos, ao mesmo tempo que as dificultades atopadas e os medios empregados para resolvelos. Así mesmo, estableceranse sesións de preguntas para fomentar o debate e o intercambio de opinións.
Sesión maxistral Exposición dirixida polo profesorado, na que se fomentará a participación do alumnado, tanto para plantexar dúbidas como para ofrecer unha visión crítica dos conceptos e métodos tratados nas clases.
Consiste nunha metodoloxía expositiva que, en formato non presencial, se canaliza mediante sesións sincrónicas, utilizando a plataforma de videoconferencia da Universidade, visualización de gravacións e/ou estudo da documentación aloxada en Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada enténdese como fundamental ao longo do proceso de aprendizaxe do alumno, facendo especial fincapé no desenvolvemento do traballo tutelado proposto.
Será obrigatoria a asistencia ás propostas de revisión para o seguimento de ditos traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 A7 A8 B1 B5 C2 C4 C5 C12 C13 C14 C15 A asistencia ás clases teóricas considérase obrigatoria, polo que un seguimento non xustificado inferior ao 80% pode repercutir negativamente na nota final da materia. 0
Estudo de casos A5 A7 A8 B1 B2 B3 B5 C1 C4 C5 C6 C7 C8 C11 C12 C13 O estudo de caso forma parte das metodoloxías empregadas durante as sesións expositivas da materia. A asistencia a estas sesións considérase obrigatoria, polo que un seguimento non xustificado inferior ao 80% pode repercutir negativamente na nota final da materia. 0
Traballos tutelados A5 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 Para a avaliación da materia será requisito imprescindible o seguimento continuo da docencia expositiva e das actividades desenvolvidas durante a mesma.
A avaliación do traballo tutelado realizado polo alumnado, xunto coa súa exposición pública, se é o caso, constituirá a cualificación global da materia.
90
Presentación oral A5 A7 A8 B1 B4 C2 C3 C9 C10 Os traballos elaborados polo alumnado poderán ser presentados ao resto do alumnado e ao profesorado, de acordo coas datas de entrega e exposición previstas. 10
 
Observacións avaliación
A avaliación, como sistema de recollida de información
destinada a emitir xuízos de valor (e, no seu caso, de mérito) sobre o proceso
de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha implicación constante
do alumnado. Con esta premisa, enténdese como fundamental a asistencia e
participación do alumnado, polo que unha ausencia inxustificada e reiterativa
pode repercutir desfavorablemente na nota obtida no curso, en proporción
similar á falta de participación ou a unha actitude negativa.

As condicións para superar a materia son as mesmas na
primeira e na segunda oportunidade da materia. En ambos os casos, a asistencia
ás sesións sincrónicas considérase obrigatoria, debendo alcanzar, salvo casos
xustificados, polo menos o 80%.

A cualificación final dependerá da avaliación obtida nos
traballos tutelados propostos e da súa exposición, se é o caso, ante o conxunto
da clase.

De conformidade co artigo 14 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN
E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO
da UDC, se se detecta a comisión de fraude nos traballos entregados, o alumno
suspenderá a convocatoria da materia (ambas oportunidades) cunha valoración de
0.

Establécense idénticos requisitos de asistencia e
desenvolvemento do traballo tutelado para os estudantes de primeira matrícula e
de continuación de estudos, independentemente da súa dedicación a tempo
completo ou parcial. De conformidade co apartado 5 do artigo 7 da NORMA QUE REGULA
O RÉXIME DE DEDICACIÓN AOS ESTUDOS E A PERMANENCIA E PROGRESO DOS ESTUDANTES DE
GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, non se considera nesta
materia a posibilidade de dispensa académica que exime o alumnado da asistencia
a clase.


Fontes de información
Bibliografía básica
ESTRUCTURAS DE HORMIGÓN.

Documento Básico de Seguridad Estructural. DB SE.
Anejo 6. Evaluación Estructural de Edificios Existentes

Código Estructural.
Real Decreto 470/2021, de 29 de junio.

Normas UNE 41805-IN. Diagnóstico de Edificios
Parte 1:Generalidades (UNE 41805-1)
Parte 3:Estudios Constructivos y Patológicos (UNE 41805-3)
Parte 6:Estudio Patológico de la Estructura del Edificio. Estructuras de Hormigón (UNE41805-6)
Parte 14:Informe de Diagnóstico (UNE 41805-14)

Normas UNE EN 1504. Productos y Sistemas para la Protección y Reparación de Estructuras de Hormigón Armado (Parte 1-10)
UNE-EN_1504-1=2005- Definiciones Documento
UNE-EN_1504-2=2005- Sistemas de protección superficial para el hormigón
UNE-EN_1504-3=2006 – Reparación estructural y no estructural Documento
UNE-EN_1504-4=2005 – Adhesión estructural Documento
UNE-EN_1504-5=2005 - Productos y sistemas para inyección del hormigón Documento
UNE-EN_1504-6=2007 - Anclaje de armaduras de acero Documento
UNE-EN_1504-7=2007 – Protección contra la corrosión de armaduras Documento
UNE-EN_1504-8=2005 - Control de calidad y evaluación de la conformidad Documento
UNE-EN_1504-9=2011 – Principios generales para el uso de productos y sistemas
UNE-EN_1504-10=2006 – Aplicación "in situ" de los productos y sistemas y control de calidad de los trabajos

UNE EN 13791:2009 Evaluación de la Resistencia a Compresión in-situ en Estructuras y Elementos Prefabricados de Hormigón.

Manual de Rehabilitación de Estructuras de Hormigón. Reparación, Refuerzo y Protección.
Helene, P., Pereira F.
Proyecto de Difusión Tecnológica. CYTED, 2003, ISBN 9788590670710

Patología, Reparación y Refuerzo de Estructuras de Hormigón Armado de Edificación.
Del Rio, A.

Patología y Terapéutica del Hormigón Armado.
Fernández Cánovas, M.
Ed. Dosat, Madrid,1983 Reeditado por el Colegio Oficial de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos (1994). ISBN 8474932025

ACE: La Fibra de Carbono en Refuerzo de Estructuras de Hormigón.
Baquer Sistach, J.
ACIES,2021. ISBN 9788409273362

Manual de Evaluación de Estructuras afectadas por Corrosión de Armaduras.
CONTECVET.
ECInnovation Programme. IN 30902I

Guía para la Inspección y la Evaluación Preliminar de Estructuras de Hormigón en Edificios Existentes.
Serrano Lanzarote, B.
Instituto Valenciano de la Edificación,2005. ISBN 848723318X

Patología de Hormigón Armado y Pretensado.
Calavera, J..
Intemac, 1996. ISBN 9788488764027

ESTRUCTURAS DE MADERA.
Intervención en estructuras de madera.
F. Arriaga, F. Peraza, M. Esteban, I. Bobadilla, F. García
AITIM - ASOCIACIÓN DE INVESTIGACIÓN TÉCNICA DE LAS INDUSTRIAS DE LA MADERA, 2002.

Estructuras de madera. Bases de cálculo.
Ramón Agüelles y F. Arriaga
AITIM - ASOCIACIÓN DE INVESTIGACIÓN TÉCNICA DE LAS INDUSTRIAS DE LA MADERA, 2018

Estructuras de madera. Uniones.
Ramón Argüelles, Francisco Arriaga, Miguel Esteban, Guillermo Íñiguez y Ramón Argüelles Jr.
AITIM - ASOCIACIÓN DE INVESTIGACIÓN TÉCNICA DE LAS INDUSTRIAS DE LA MADERA, 2015

Rehabilitación. Madera en la edificación.
Enrique Nuere y Paco Cabeza.
AITIM - ASOCIACIÓN DE INVESTIGACIÓN TÉCNICA DE LAS INDUSTRIAS DE LA MADERA, 2021

Timber in refurbishment.
Ruth Slavid.
Trada Technology ltd., 2010.

Reinforcement of timber structures. A state-of-the-art report.
Editors Anette M. Harte and Philipp Dietsch
COST. Shaker Verlag GmbH, Germany, 2015

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Madeira/630548020
Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Formigón/630548019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías