Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de:
- Saber manexar as ferramentas materiais e intelectuais para acometer a redacción dun proxecto arquitectónico de pequeña escala e escasa complexidade.
- Saber relacionar as diferentes escalas de análise e concreción do proxecto, dende a urbanística ata a de detalle, incluindo certos elementos de definición construtiva.
- Saber elaborar unha documentación técnica axeitada para un proxecto de reducida complexidade e escala, indicando con precisión a súa configuración formal e construtiva, e tendo en conta aspectos básicos de normativa técnica e urbanística.
- Saber utilizar diferentes ferramentas e técnicas para manexar axeitadamente os procesos de creación e ideación. |
A34 A37 A39 A42 A45 A51 A53 A55 A56 A57 A58 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B12
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1 - METODOLOXÍA DO PROXECTO I |
- Ferramentas conceptuais e proxectuais. Idea e Proxecto
- Teoría do Proxecto Contemporáneo
- Ferramentas metodolóxicas. Debuxo e Proxecto
- Sistemas de lanzamento do Proxecto Arquitectónico
- Forma, Función e Simbolismo |
TEMA 2 - ARQUITECTURA E TERRITORIO |
- Proxecto e Arquitectura: O entorno físico e o contexto social.
- A Arquitectura como Paisaxe, o Paisaxe como Arquitectura.
- Arquitecturas sen programa, referenciais e simbólicas
- A vivenda unifamiliar. O hábitat privado
- A Casa: construir, habitar, pensar |
TEMA 3 - INTRODUCCIÓN Á NORMATIVA DE PROXECTO |
- Accesibilidade e seguridade de uso.
- Dimensións normativas e de habitabilidade, condicións urbanísticas e Dereito Civil
- Protección contra incendios nos edificios
- Introdución á sustentabilidade e a eficiencia enerxética |
EXERCICIO 1 |
- Análise urbana
- Proxecto dun elemento arquitectónico sen programa relevante, simbólico, referencial ou utilitario a escala urbana.
- Desenrolo de elementos constructivos
|
EJERCICIO 2 |
- Análise urbana
- Proxecto de vivenda, ou dun grupo de vivendas, nun contexto social, cultural ou paisaxístico de interese.
- Desenrolo da materialidade física (estructural, constructiva e de materiais) do proxecto. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A58 B5 B6 C6 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A37 A42 B1 B3 |
0 |
8 |
8 |
Aprendizaxe colaborativa |
B2 B4 C4 C5 |
4 |
8 |
12 |
Discusión dirixida |
A51 A53 A55 C1 |
5 |
0 |
5 |
Esquemas |
A34 |
0 |
8 |
8 |
Obradoiro |
A34 A39 A45 A63 C3 C8 |
15 |
18 |
33 |
Sesión maxistral |
A56 A57 |
15 |
0 |
15 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A34 A42 A51 A53 A55 A57 B5 B6 B12 C1 C4 C7 C8 |
8 |
0 |
8 |
Traballos tutelados |
B9 B12 C7 |
14 |
20 |
34 |
Proba obxectiva |
B1 B2 |
1 |
0 |
1 |
Portafolios do alumno |
A34 A39 A42 A45 A51 A53 A55 A56 A57 A58 B1 B3 C3 C6 C8 |
0 |
20 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Nas primeiras clases do curso formúlanse ao alumno tests e probas gráficas que permitan coñecer o nivel previo co que parte o alumno. As devanditas probas realizaranse na aula. |
Análise de fontes documentais |
Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos no TALLER, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesor - alumnos) analizan a documentación dispoñible e amplíana, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais. |
Aprendizaxe colaborativa |
A clase organízase en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Organízase ao grupo para obter a máxima información posible e compartila (análise da parcela, busca de exemplos, de normativas, construción da maqueta xeral do emprazamento, toma de datos ou medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, etc.). Este traballo está guiado de forma presencial polo profesor asignado. Trátase de optimizar a aprendizaxe individual e o do grupo. |
Discusión dirixida |
Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea. |
Esquemas |
Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto. |
Obradoiro |
Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre co apoio e baixo a supervisión do profesorado. |
Sesión maxistral |
A docencia expositiva organizarase en torno aos contidos da materia. Periódicamente organízanse conferencias e/ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio, nas que o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
- Asistencia a eventos culturais: Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.), indicadas polo profesorado como parte do contido docente, co obxectivo de profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia.
- Participación en exposicións e/ou publicacións: Preparación de materiais síntese dos traballos realizados na materia para a súa publicación e/ou exposición pública. |
Traballos tutelados |
Preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación. |
Proba obxectiva |
Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura. |
Portafolios do alumno |
Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculum persoal do alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Obradoiro |
Portafolios do alumno |
Discusión dirixida |
|
Descrición |
O alumnado recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.
O portafolio do estudante será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.
Condicións específicas relativas á mobilidade para alumnos saíntes e entrantes:
- A asignatura contempla exclusivamente a avaliación continua para todo o alumnado, ata para aqueles en programas de mobilidade, saínte ou entrante, para os que rexerán as mesmas condicións de avaliación e asistencia que para o resto, e sen prexuízo de que se poida prestar atención específica ao alumnado entrante por causa lingüística ou diferenzas manifestas entre as Escolas de orixe e destino. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A34 A39 A42 A45 A51 A53 A55 A56 A57 A58 B1 B3 C3 C6 C8 |
O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible a través das plataformas docentes oficias que se establezan (Campus Virtual - Teams UDC).
Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final. |
90 |
Proba obxectiva |
B1 B2 |
Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva. |
5 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A34 A42 A51 A53 A55 A57 B5 B6 B12 C1 C4 C7 C8 |
A asistencia a eventos culturais e a participación en exposicións e/ou publicacións indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, poderán pasar a formar parte dos contidos da docencia expositiva, e conformar así unha parte da avaliación do alumnado.
|
5 |
|
Observacións avaliación |
Para
poder superar a materia será necesario cumprir Cos seguintes requisitos: 1º
Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na
materia. 2º
Asistir regularmente a clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do
80% Terá
a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes
circunstancias: 1º
Non cumpra a asistencia esixida ás clases e ao Taller. 2º
Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue
incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a
documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller. 3º
Non asista á proba obxectiva. NOTA: PARA
PODER SUPERAR A MATERIA, ESIXIRASE AS SEGUINTES CUALIFICACIÓNS
MÍNIMAS: 3 PUNTOS NA PROBA OBXECTIVA E 4 PUNTOS EN CADA UN DOS TRABALLOS
QUE COMPUTAN NA AVALIACIÓN, -
De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de
Arquitectura, convocarase unha Xunta de Avaliación do Taller, que analizará os
resultados globais do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre casos puntuais de
avaliación do alumnado. -
De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de
Arquitectura, os alumnos que non superen nas dúas oportunidades de cada
convocatoria a materia de Proxectos deberán asistir ao Taller do ano seguinte.
As probas das diferentes oportunidades permitirán aos alumnos completar e
modificar total ou parcialmente os traballos presentados no Taller, para poder
así superar a asignatura. TEMPO PARCIAL. Medidas de adicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental. Dispensa académica de
exención de asistencia. Non se contempla, por ser unha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental. PLAXIO. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
ALDAY, Iñaky; LLINÁS Josep et al. (1996). Aprendiendo de todas sus casas. Barcelona: Edicions UPC
Steadman, Philip (1982). Arquitectura y naturaleza: las analogías biológicas en el diseño. Madrid:Hermann Blume
NEUFERT, Ernst (2007). Arte de Proyectar en Arquitectura. Barcelona, G.G.
Smithson, Alison; Smithson, Peter (2001). Cambiando el arte de habitar. Barcelona: Gustavo Gili
VVAA (2010). Código Técnico de la Edificación. http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/
DEPLACES, Andrea (2010). Construir la arquitectura: del material en bruto al edificio. Barcelona: Gustavo Gili
TANIZAKI, Junichiro (1933). El elogio de la sombra. Siruela
PEDRÓS FERNÁNDEZ, Óscar (2020). El Motor de los Sueños. Diez momentos en la génesis del proyecto arqutiectónico. A Coruña: Labirinto de Paixóns
Aldo Rossi (1966). La Arquitectura de la Ciudad. Barcelona, GG
Ábalos, Iñaki (2000). La buena vida: visita guiada a las casas de la modernidad. Barcelona: Gustavo Gili
AUGÉ, Marc (). Los no lugares. Gedisa
VVAA (2009). O río no urbano: do Umia ao Danubio. A Coruña, UDC
VVAA (2003). Teoría de la Arquitectura. Del Renacimiento a la actualidad. Taschen
Banham, Reyner (1960). Teoría y diseño arquitectónico en la era de la máquina . Barcelona: Paidós
ZUMTHOR, Peter (). Thinking architecture. Birkhäuser
ASCHNER ROSELLI, Juan Pablo (2009). ¿Cómo concebir un proyecto arquitectónico?. deArq (Revista digital) num. 05 |
Breves lecturas de carácter xeral. |
Bibliografía complementaria
|
DAZA, Ricardo (2000). Buscando a Mies. Barcelona, Actar Publishers
MONTEYS, X., FUERTES, P. (2001). Casa Collage. Barcelona, G.G.
KOOLHAAS, Rem (2007). Conversaciones con estudiantes. Barcelona, G.G.
BAÑA HEIM, José (1980). COSTA DE LA MUERTE. Historia y anecdotario de sus naufragios. A Coruña: Gráficas Venus
RYBCZYNSKI, Witold (2003). La casa, historia de una idea. Madrid, Nerea
Albers, Josef (1979). La interacción del color. Alianza, Madrid
PEREC, Georges (2004). La vida, instrucciones de uso. Barcelona, Anagrama
TORRES TUR, Elías (2005). Luz cenital. Barcelona, Collegi d´Arquitectes de Catalunya
PAWSON, John (1998). Minimum. Londres, Phaidon
HERZOG, J., DE MEURON, P. (2002). Natural History. Baden, Lars Müller
LE CORBUSIER (2005). Una pequeña casa. Buenos Aires, Ediciones Infinito |
Diversos ensayos sobre las componentes específicas del proyecto. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise Arquitectónico 2/630G01017 | Urbanística 1/630G01018 | Construción 2/630G02020 | Proxectos 3/630G02011 | Estruturas 1/630G02019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Construción 3/630G01022 | Urbanística 2/630G01024 | Estruturas 2/630G02023 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|