Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de:
-Elaborar proxectos de complexidade media, nos que se satisfagan adecuadamente as exigencias compositivas, espaciais, técnicas e funcionais inherentes ao diseño arquitectónico e urbanístico.
-Integrar dentro do proceso compositivo y de proxectación arquitectónica a aprendizaxe das asignaturas de perfil tecnolóxico e urbanístico, cunha metodoloxía que permita a aplicación práctica dos contidos teóricos de todas elas nun proxecto de complexidade media.
-Utilizar o contido do bloque docente VIVENDA 1. Normativa, estándares. O barrio e o espacio urbano, resolvendo proxectos de ordenación de vivendas que permitan unha visión global das circunstancias que conforman as relacións complexas que se dan nun LUGAR. O cambio de escala respecto a cuatrimestres anteriores e a amplitude dos traballos a realizar obliga a utilizar experiencias e coñecementos adquiridos noutras disciplinas, así como na vida diaria de alumnas e alumnos. Tamén, aparecen outros elementos de coñecemento como o traballo de campo e entrevistas cos veciños que impulsan propostas de investigación adaptándose ás necesidades dos seus habitantes. O traballo do taller está situado en espazos urbanos de transición ou vilas. Se proxectan diferentes tipos de vivendas que dan resposta a distintos grupos sociais, organizacións familiares ou formas alternativas de vivir. Os proxectos desenvolvense a nivel de proxecto básico e avanzase cara ao proxecto de execución, dende as ideas iniciais ata a elaboración máis detallada, incluíndo a definición dos seus materiais e a súa construcción e a incorporación, deseño e dimensionado de elementos estruturais. Trabállase coas normas sobre a habitabilidade, eliminación de barreiras, os criterios de evacuación, código técnico e normativa urbanística. |
A34 A35 A37 A38 A39 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A51 A52 A53 A57 A58 A60 A63
|
B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
VIVENDA I |
- Arquitecturas do espontáneo e o intuitivo.
- Vivenda e ordenación.
- O espazo público e colectivo.
- Borde e permeabilidade.
- Arquitectura e escala.
- Soleamento, ventos e relacións visuais.
- Os accesos, as relacións coa paisaxe e as conexións internas.
- Circulacións. Tráfico e peóns. Aparcadoiros.
- Vexetación, pavimentación, iluminación e mobiliario urbano.
- Vivenda e familia
- Os grupos sociais e as organizacións familiares alternativas.
|
EQUIPAMENTOS I |
- Equipamentos culturais, educativos, deportivos, sociais ou cívicos.
- Tipoloxías dotacionais
- Espazos sociais e comunitarios
- Tratamento integral de áreas |
NORMATIVA I |
- Normativa local, estatal e autonómica
- Normativa urbanística
- Normativa de supresión de barreiras
- Normativa de promoción pública e protección oficial en vivenda colectiva.
- O Código Técnico da Edificación. |
EXERCICIOS |
- Vivenda colectiva
- Ordenación del espacio público
- Equipamento dotacional urbano e edificios públicos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Obradoiro |
A34 A35 A37 A38 A39 |
30 |
51 |
81 |
Proba obxectiva |
A43 A63 B4 B5 C1 |
4 |
6 |
10 |
Saídas de campo |
A42 A58 |
2 |
0 |
2 |
Actividades iniciais |
A41 A51 B10 B11 C6 C7 C8 |
2 |
2 |
4 |
Discusión dirixida |
A39 A44 A45 A46 |
4 |
4 |
8 |
Esquemas |
B3 B8 B9 |
1 |
4 |
5 |
Lecturas |
A53 A57 A60 |
1 |
4 |
5 |
Sesión maxistral |
A52 B12 C5 |
15 |
15 |
30 |
Portafolios do alumno |
B2 C3 C4 |
2 |
2 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Obradoiro |
Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre co apoio e baixo a supervisión do profesorado. |
Proba obxectiva |
Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura. Pódese pedir tamén un exercicio práctico. |
Saídas de campo |
Actividades deserroladas nun contexto externo ao entorno académico relacionadas co ámbito do estudio. Estas actividades céntranse no desenvolvemento das capacidades relacionadas ca observación directa e recollida de información, toma de datos, etc. |
Actividades iniciais |
Nas primeiras clases do curso formúlanse ao alumno tests e probas gráficas que permitan coñecer o nivel previo co que parte o alumno. As devanditas probas realizaranse na aula. Proporase tamén un exercicio de aproximación ó traballo do cuatrimestre. |
Discusión dirixida |
Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea. |
Esquemas |
Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto. Iníciase a síntese |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que constituen una fonte de profundización nos contidos traballados. |
Sesión maxistral |
Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos. Nestas sesións apórtase parte do contido teórico da asignatura, que formarán parte da proba obxectiva.
|
Portafolios do alumno |
Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculum persoal do alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.
O portafolio do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A34 A35 A37 A38 A39 |
O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.
Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final. |
80 |
Proba obxectiva |
A43 A63 B4 B5 C1 |
Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos: 1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados nas materias implicadas no Taller. 2º Asistir regularmente as clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80%. 3º Facer a proba obxectiva Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: 1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller. 2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller. 3º Non asista á proba obxectiva. De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións especiales de avaliación do alumnado. Cando non se supere a asignatura na primeira oportunidade, se permitirá completar e modificar os traballos presentados no taller, sempre que se teña cumprida a asistencia mínima, todos os traballos entregados de tódalas asignaturas implicadas no taller e a proba obxectiva da primeira oportunidade feita. Para superar a asignatura, neste caso, e obrigatoria a realización da proba obxectiva da segunda oportunidade. Os alummnos que non superen en ningunha das dúas oportunidades a materia de Proxectos 6 deberán cursar o taller o ano seguinte. Neste caso, os alumnos, ademáis de Proxectos 6, desenrolarán os traballos das materias que non houberan superado no taller do ano anterior. Aqueles alumnos que, superada a materia, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en consecutivas convocatorias, de novo e coas correccións oportunas, os traballos propostos no taller no que participaron.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Código Técnico de la
Edificación Normativa de Habitabilidade galega
TEORÍA,ENSAYO
Los4librosdelaarquitectura.AndreaPalladio.
FormayDiseño.LouisI.Kahn.NuevaVisión.2007.
FourElementsofArchitectureandotherWritings.GottfriedSemper.CambridgeUniversityPress.2011.
EscritosfundamentalesdeGottfriedSemper.Elfuegoysu
protección.Ed.FundaciónCajadeArquitectos,Col.Arquia/Temas.2014.
Gili.1980.
Lapoéticadelespacio.GastonBachelard.FondodeCulturaEconómica,1993.
Arte y percepción visual. Rudolf Arnheim. Editorial
UniversitariadeBuenosAires.1977.
Conferenciasyartículos.MartinHeidegger.EdicionesdelSerbal.1994.
TheFeelingofThings.AdamCaruso.EdicionesPolígrafa.2009.
Papers.SergisonBatesarchitects.SergisonBatesArchitectsPublishers.2001.
Papers2.SergisonBatesarchitects.GG.2007.
Papers3.SergisonBatesarchitects.QuartVerlag.2016
Teoríadelaproyectaciónarquitectónica.GuidoCanella.GustavoGili,Col.Arquitecturaycrítica.1971.
Laexperienciadelaarquitectura.SteenEilerRasmussen.Ed.
Reverté.2007.
1982.
König.2016.
Historiadelavidaprivada.5tomos.PhillipeAriesyGeorgesDuby.Ed.Taurus.2017.
Saberverlaarquitectura.BrunoZevi.Ed.Poseidon.1963.
Losojosdelapiel.JuhaniPallasmaa.Ed.GustavoGili.2010.
Lamanoquepiensa.JuhaniPallasmaa.Ed.GustavoGili.2012.
Elogiodelasombra.JunichiroTanizaki.Ed.Siruela.1994.
LouisI.Kahn.Escritos,conferenciasyentrevistas.ElCroquisEditorial.Biblioteca
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Proxectos 5/630G01021 | Construción 4/630G01027 | Estruturas 3/630G01028 | Urbanística 3/630G01029 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Urbanística 4/630G01032 | Construción 5/630G01033 | Estruturas 4/630G01034 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|