A asistencia ás sesións presenciais (teóricas / prácticas) é obrigatorio nun 80%, porcentaxe que dá cobertura aos imponderables que podemos fixar nun 20%; A asistencia será computada pola realización en tempo e forma do test sobre os contidos teóricos e as correccións programadas.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, estarán exentos desta obrigación. No entanto, este alumnado deberá cumprir todo o relativo á entrega de traballos.
Para superar a materia, en calquera das dúas oportunidades oficiais do curso (a correspondente ao cuadrimestre ou na segunda oportunidade de xullo) é requisito imprescindible realizar todo o traballo proposto co nivel mínimo establecido e a axeitada tutela do profesor. En caso contrario o alumno será considerado non presentado.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá entregar os traballos no seu prazo. De resulta imposible o anterior, deberá acordar previamente co profesorado unha nova data para a entrega.
A tutela dos traballos propostos, só será considerada efectiva se o profesor puido comprobar o rendemento dos alumnos nos traballos realizados durante o tempo presencial da materia ou a través das tutorías, e devandito rendemento concuerda co traballo realizado durante o tempo non presencial.
En consecuencia do anterior, cumprirase o seguinte:
1.- Os alumnos cualificados como non presentados na primeira oportunidade están obrigados a presentar para poder ser avaliados na segunda oportunidade todos os traballos que non entreguen na primeira oportunidade.
2.- Os alumnos que se presenten unicamente na segunda oportunidade de xullo estarán especialmente obrigados á realización de todo o traballo proposto durante o curso e en especial ao cumprimento do referente á tutela dos traballos propostos.
3.- Os alumnos que necesiten presentarse na segunda oportunidade e que non obteñan o mínimo citado para o traballo tutelado deberán presentar un novo traballo de desenvolvemento, que será proposto polos profesores. O traballo entregarase o día do exame da segunda oportunidade. A nota deste traballo será a que forme parte da nota final referente ao traballo tutelado.
4.- A falta de asistencia tanto ás clases teóricas como prácticas, por baixo do 80% de marxe, suporá a consideración do alumno como non presentado.
Dada a importancia que para esta materia ten a atención personalizada, recoméndase a realización das tutorías fixadas na planificación (mínimo 1h) por parte do alumnado.
"A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación"