A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago
de Compostela.
Para aprobar o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media.
Medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”. O alumnado nesta circunstancia:
_Con respeto as clases de teoría terá a dispensa de asistencia a ditas clases. Deberá acudir polo menos a un 20% das tutorías establecidas no horario dos docentes de teoría da materia para resolver as cuestions pertinentes de seguimento.
_Con respeto as clases de práctica, estos estudantes deberán asistir a un mínimo do 80% das aulas, incluindose nesta porcentaxe os días da sesión de presentación conxunta dos traballos. Ase mesmo, os docentes de prácticas disporan un 20% das suas tutorías, a requerimento dos estudantes, para o reforzo necesario dos traballos a presentar.
Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda
oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na EPS de Lugo, aos que só poderán
presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e
obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas.
O desenvolvemento de toda a práctica deberase realizar con debuxos realizados a man e de forma
individual ou en grupo.
-Valorarase a asistencia ao taller, as entregas das prácticas e a participación en clase do alumn@
-Ademais das entregas parciais o alumno deberá ter un pequeno caderno de notas de campo onde
envorcará todas as súas reflexións, probas bosquexos, etc. (Pode ser tamaño A5 ou a elección)
-Tamaño recomendado A1 ou A2 Escala 1:2.000
Nota: “Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
En todolos casos trataráse de axustar as medidas segundo as situacións concretas, adecuándoas as circunstancias.
*O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” para aprobar esta materia cumplirá as mesmas condicions que o resto do alumnado matriculado nela.
*IMPLICACIÓNS DO PLAXIO na realización das probas ou actividades de avaliación: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".