1. SITUACIÓNS:
A) Estudantes a tempo completo:
Asistencia / participación en actividades mínimas de clase do 80%:
a) Preparación e presentación de dous traballos en pequeno grupo (70%).
b) Un exame escrito sobre o contido da materia (30%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a
"NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO
NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 60%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo
(70%).
b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso
"0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir
e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter
unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados e proba mixta).
3. Entregar
e expoñer os traballos tutelados na data que se indique, que será previa á do
exame oficial. Para presentarse ao exame é obrigatorio ter presentados e
aprobados os traballos.
4. A
convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que
a convocatoria de xuño.
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|