Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A59 |
RA6C-Identificar as situaciones críticas e usar os medios dispoñibles ao fin de resolvelas con efectividade. |
B31 |
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. |
B40 |
RA27H–Utilizar as Frases normalizadas da OMI para las comunicacións marítimas, o emprego do inglés escrito e falado |
B45 |
RA38H–Aplicar as cualidades de liderazgo e de traballo en equipo |
B53 |
RA50H–Utilizar os telemandos das instalacións de propulsión e dos sistemas e servizos de maquinaria |
C15 |
RA17X-Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C18 |
RA21X–Planificar e dirixir unha travesía e determinar a situación |
C19 |
RA22X–Manter una garda de navegación segura |
C22 |
RA29X–Manobrar o buque |
C27 |
RA37X–Vixiar o cumprimento das prescripcións lexislativas |
C28 |
RA39X–Contribuir á seguridade do personal e do buque |
C31 |
RA49X–Manobrar e gobernar o buque en todas as condicións |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
RA6C-Identificar as situaciones críticas e usar os medios dispoñibles ao fin de resolvelas con efectividade. |
A59
|
|
|
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. |
|
B31
|
|
RA17X-Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
|
|
C15
|
RA21X-Planificar e dirixir unha travesía e determinar a situación |
|
|
C18
|
RA22X-Manter una garda de navegación segura |
|
|
C19
|
RA27H-Utilizar as Frases normalizadas da OMI para las comunicacións marítimas, o emprego do inglés escrito e falado |
|
B40
|
|
RA29X-Manobrar o buque |
|
|
C22
|
RA37X-Vixiar o cumprimento das prescripcións lexislativas |
|
|
C27
|
RA38H-Aplicar as cualidades de liderazgo e de traballo en equipo |
|
B45
|
|
RA39X-Contribuir á seguridade do personal e do buque |
|
|
C28
|
RA49X-Manobrar e gobernar o buque en todas as condicións |
|
|
C31
|
RA50H-Utilizar os telemandos das instalacións de propulsión e dos sistemas e servizos de maquinaria |
|
B53
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Equipos. |
Cabos: clasificación, cargas de rotura e seguridade, conservación e manipulación dos cabos e operacións con cabos.
Propulsión: hélice, motor principal e mandos.
Goberno: temón, servo, mandos e indicadores.
Amarre: maquinillas, bitas, norais, gateras,...
Fondeo: áncora, cadea, molinete,... |
Factor humano e a manobra. |
Organización a bordo.
Inglés. SMCP.
Capítulo VIII do Manual de Formación do STCW: Normas relativas ás gardas |
Operacións de amarre. |
Procedementos de amarre/desamarre. PRL.
Arranchar a son de mar.
Aguantar con mal tempo en porto.
|
Prácticos. |
Funcións, comunicacións e responsabilidade.
Aparellado da escala. Deficiencias.
Pilot Card |
Introdución ás manobras. |
Curva de evolución.
Pivot Point. Momento evolutivo.
Efecto transversal ao dar atrás.
Ángulo de aproximación ao atraque.
Ciaboga. |
Forzas controladas desde o buque. |
Hélice.
Temón.
Efecto combinado da hélice e o temón no buque.
|
Forzas exteriores. |
Efecto do vento no buque parado ou en movemento.
Efecto da corrente no buque parado ou en movemento.
Efecto de augas superficiais: Squat, Bank effect, interacción con outros buques e efecto sobre a curva de evolución. |
Manobra de atracada e desatraque en varias condicións. |
Preparativos.
Atracada a un peirao con buque dunha hélice.
Atracada a un peirao cun buque de dúas hélices.
Manobra de saída. |
Fondeo |
Manobra de fondeo.
Usos da áncora.
|
Remolque |
Remolcadores.
Métodos de traballo.
Procedementos para tomar/largar remolque. PRL.
|
Manobras de seguridade. |
Manobras para rescatar a unha persoa da auga. |
Navegación a vela |
Terminoloxía.
Principios teóricos.
Velas.
Manobras coas velas.
Tipos de veleiros.
|
STCW
|
O desenvolvemento do contido cumpre co establecido no Convenio STCW e as súas emendas de Manila 2010 na función “Navegación, a nivel operacional”, competencia “Manobrar o buque”, do cadro A-II/1. |
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata un máximo de 3.000 GT. |
Cadro A-II/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos Capitáns e primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A59 B31 B40 C18 C19 C22 C27 C28 C31 |
30 |
45 |
75 |
Obradoiro |
A59 B31 B40 B45 C15 C22 C28 C31 |
26 |
26 |
52 |
Proba obxectiva |
B31 B40 C15 C19 C22 C27 C28 C31 |
5 |
0 |
5 |
Aprendizaxe colaborativa |
A59 B31 B40 B45 C15 C19 C22 C28 |
0 |
12 |
12 |
Proba mixta |
A59 B31 B40 B53 C15 C18 C19 C22 C27 C28 C31 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, de cada un dos temas que conforman o programa ao obxecto de que os alumnos adquiran os coñecementos básicos sobre a manobra do buque, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Como obradoiros específicos poderanse incluír clases de nós, prácticas no simulador de manobra, prácticas no barco Breogán e/ou práctinas no porto.
|
Proba obxectiva |
Proba utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Aprendizaxe colaborativa |
Obradoiro |
|
Descrición |
Ao final de cada actividade docente, reservarase un tempo para resolución das dúbidas que poida expor cada alumno/a.
Email.
Os/as profesores/as tentarán responder canto antes a todas as dúbidas enviadas.
Teams.
Dependerá da dispoñibilidade dos/as profesores/as.
En canto ao "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" o profesor poderá ofrecer a posibilidade de titorías en liña.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A59 B31 B40 C18 C19 C22 C27 C28 C31 |
Será necesario como mínimo un 80% de asistencia ás clases de docencia expositiva para ter dereito á avaliación continua. |
0 |
Proba obxectiva |
B31 B40 C15 C19 C22 C27 C28 C31 |
Durante o curso realizaranse unha serie de probas que poden combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/o de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
A59 B31 B40 B45 C15 C19 C22 C28 |
Ao comezo do cuadrimestre estableceranse grupos reducidos e estes realizarán un traballo cuxo tema e data de entrega será indicado polos/as profesores/as. A realización do devandito traballo é obrigatoria para superar a avaliación continua. O traballo será exposto en clase nunha presentación oral e será avaliado atendendo a unha rúbrica, cualificándose sobre 10 puntos, sendo necesario alcanzar polo menos un 5/10 para superar a avaliación continua. |
10 |
Obradoiro |
A59 B31 B40 B45 C15 C22 C28 C31 |
Será necesario como mínimo un 80% de asistencia ás clases de docencia interactiva para ter dereito á avaliación continua. A asistencia ás posibles prácticas (simulador, buque “Breogán”, en porto etc.) será obrigatoria. A non asistencia a estas prácticas implica non superar a avaliación continua. |
0 |
Proba mixta |
A59 B31 B40 B53 C15 C18 C19 C22 C27 C28 C31 |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
Dereito a Avaliación Continua (AC). Para ter o dereito a AC, será necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases presenciais, xa sexa de docencia expositiva como deinteractiva. Cualificación final EC = (0,7*Media Probas mixtas) + (0,2*Media Probas obxectivas) + (0,1*Nota traballo colaborativo) O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo establézase na correspondente normativa da UdC), poderá acollerse á AC sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais. Para iso, estes/as alumnos/as informarán debidamente o profesor, ao principio do curso, da devandita situación de dispensa académica e así como da súa dispoñibilidade horaria de asistencia. Os/as profesores/as acordarán individualmente con este alumnado metodoloxías para compensar a non asistencia ás clases presenciais e a súa correspondente avaliación. Probas mixtas. Durante a AC realizaranse unha ou varias probas mixtas sobre os temas do contido da materia. A nota final da proba mixta será a media das diferentes probas mixtas que se poidan desenvolver durante o curso, pero para que estas probas fagan media entre se será necesario unha nota mínima de 4,5 en cada unha. Tanto se se realizan varias probas mixtas ou soamente realízase unha, a media daquelas, ou a nota desta, será o 70% da cualificación da AC. Aqueles/as alumnos/as que non alcanzasen o 4,5 nalgunha proba mixta, pero teñan a totalidade do resto de actividades de avaliación superadas, poderán recuperar esa proba mixta na proba de maio. Probas obxectivas. O 20% da cualificación obtense da media das probas
obxectivas realizadas durante o curso. Se algún/a alumno/a non se presenta a
algunha proba obxectiva sen causa xustificada, a nota da proba será 0. Os que xustifiquen a falta, podrán realizar a proba noutra data indicada polos profesore/as. Traballo
colaborativo. O 10% restante dependerá da cualificación obtida no traballo realizado de forma colaborativa en grupos reducidos. A realización do devandito traballo é obrigatoria para superar a avaliación continua. O traballo será exposto en clase nunha presentación oral e será avaliado atendendo a unha rúbrica, cualificándose sobre 10 puntos, sendo necesario alcanzar polo menos un 5/10 para superar a avaliación continua. Proba eliminatoria de
nós. Realizarase unha proba para demostrar o coñecemento dos nós
básicos de forma práctica que, aínda que non entra dentro da cualificación
final, é eliminatoria, sendo necesario superala para aprobar a materia. Convocatorias
oficiais de 1ª e 2ª oportunidade. O alumnado que non supere a AC (asistencia mínima e
cualificación) ou que decida non seguir aquela, poderase presentar ás
convocatorias finais de maio e xullo. A avaliación destas convocatorias consistirá nunha proba
mixta que poderá constar de calquera tipo de pregunta. Os contidos destas
probas mixtas poderán abarcar calquera contido da materia. A cualificación final desta convocatoria será a nota desta proba. Opcións para os/as alumnos/as que non alcanzasen o 4,5 nalgunha proba mixta, pero que teñan a totalidade do resto de actividades da EC superadas: Opción 1: o exame da 1ª oportunidade de maio estará dividido en bloques que cubran os mesmos contidos que as probas mixtas da EC. Os/as alumnos/as que se presenten soamente a un bloque de maio para recuperación deberán obter unha nota mínima de 4,5 no devandito bloque para superar a EC. No caso de que a nota obtida sexa menor de 4,5 deberán presentarse á 2ª oportunidade. No caso de que a nota deste bloque sexa 4,5 ou superior, dita nota será a que faga ponderación co resto de actividades realizadas durante a EC. A ponderación resultante será a cualificación final da convocatoria. Opción 2: os/as alumnos/as con algunha algunha proba mixta que non alcanzase o 4,5, poderanse presentar a toda a proba de maio, sendo a nota desta proba a nota da 1ª oportunidade. A 2ª convocatoria abarcará a totalidade dos contidos da
materia, non gardándose ningunha cualificación anterior. Como na AC, para aprobar a materia, os/as alumnos/as que non
a teñan superada realizarán unha proba de nós, a cal será eliminatoria. Redondeo. Todas as notas serán sobre un resultado máximo de 10,0. Para superar a avaliación continua e as dúas oportunidades, a nota final deberá ser un 5,0. Calquera nota por baixo considerarase como suspenso. O redondeo dunha nota farase á décima máis próxima. No caso de que a centésima que sexa 5 redondearase á décima superior. Dispensa Académica, Dedicación ao estudo, Permanencia e Fraude Académica. Estes temas rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Mari Sagarra, Ricard (1999). Maniobra de los buques. 3ª ed. Barcelona: Ediciones UPC
Ardley, R.A.B. (1959). Pilotaje en puerto. Madrid: Ediciones Garriga.
House, David (2007). Ship handling: theory and practice. 1st ed. Boston: Elsevier
Barbudo Escobar, Ignacio (2004). Tratado de maniobra. Tomo I Fundamentos de maniobra. Tomo II Maniobras a bordo y en la mar. Madrid: Fragata |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Construcción Naval/631G01105 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Navegación I/631G01202 | Sistemas Enerxéticos e Auxiliares do buque/631G01204 | Inglés Técnico Marítimo/631G01275 |
|
Materias que continúan o temario |
Simulación Náutica/631G01402 | Manobra II/631G01309 |
|
|