Dereito a Avaliación Continua (EC) en relación coas prácticas da
materia.
Para a superación da materia
por avaliación continua, a asistencia mínima ás prácticas obrigatorias será do
100%
As prácticas obrigatorias da
materia, xunto coa superación do resto de metodoloxías, van asociadas á
obtención dos seguintes certificados: Formación Básica en Seguridade e
Embarcacións de Supervivencia e Botes de Rescate non Rápidos. Para a obtención
dos devanditos certificados tamén será obrigatoria a realización do 100% destas
prácticas.
As prácticas obrigatorias
constan de 30 horas presenciais, 40 horas en total, como se pode ver no paso 4.
Destas 30 horas presenciais, 8 horas corresponden ao Básico de Contra
Incendios.
O Curso Avanzado de Loita
Contra Incendios preséntase como optativo para os alumnos e consta de 33 H. Os
alumnos que desexen obter este Certificado deberán de completar as 25 H
restantes do curso e que están fóra da planificación.
Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recolleito no Sistema de
Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a
avaliación.
Dereito a Avaliación Continua (EC) da parte teórica da materia.
Para ter o dereito a EC, será
necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases presenciais. A EC da parte
teórica consistirá en Probas Mixtas, podéndose tamén establecer Probas
Obxectivas.
En caso de realizarse Probas
Mixtas e Probas Obxectivas:
Cualificación final EC =
(0,6Media Probas Mixtas) + (0,4Media Probas Obxectivas)
Para que as Probas (Mixtas e
Obxectivas) fagan media entre si, a nota mínima será de 4,5.
En caso de realizarse soamente
Probas Mixtas:
Cualificación final EC = Media
Probas Mixtas
Para que as Probas Mixtas
fagan media entre si, a nota mínima de cada unha será de 4,5.
Convocatorias oficiais de 1ª e 2ª oportunidade.
O alumnado que non supere a EC
(asistencia mínima e cualificación) ou que decida non seguir aquela, poderase
presentar ás convocatorias finais de xaneiro e xuño.
A avaliación destas
convocatorias consistirá nunha proba mixta que poderá constar de calquera tipo
de pregunta. Os contidos destas probas mixtas poderán abarcar calquera contido
da materia.
A cualificación final da
convocatoria será a nota desta proba.
Redondeo.
Todas as notas serán sobre un
resultado máximo de 10,0. Para superar a EC así como as dúas oportunidades, a
nota final deberá ser un 5,0. Calquera nota por baixo considerarase como
suspenso. O redondeo dunha nota farase á décima máis próxima. No caso de que a
centésima que sexa 5 redondearase á décima superior.
Dispensa Académica, Dedicación ao estudo, Permanencia e Fraude
Académica.
Estes temas rexeranse de
acordo con a normativa académica vixente da UDC.
O alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
(segundo establézase na correspondente normativa da UdC), poderá acollerse á EC
sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais. Para iso, estes/as
alumnos/as informarán debidamente os profesores, ao principio do curso, da
devandita situación de dispensa académica e así como da súa dispoñibilidade
horaria de asistencia. O profesor acordará individualmente con este alumnado as
metodoloxías para compensar a non asistencia ás clases presenciais e a súa
correspondente avaliación.