Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Mantemento e Inspeccións Código 631G01475
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Pacheco Martínez, Eliseo Antonio
Correo electrónico
eliseo.pacheco@udc.es
Profesorado
Pacheco Martínez, Eliseo Antonio
Correo electrónico
eliseo.pacheco@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende formar aos/as futuros/as oficiais de cuberta no como e o porqué de realizar operacións de Mantemento no seu buque. O mantemento da súa seguridade (co fin de preservar vidas e evitar contaminación), a súa navegabilidade (a efectos de seguro), a súa explotación como do seu valor económico, constitúen as causas máis importantes para dominar esta materia.

Doutra banda, nun mundo cada vez responsabilizado na Prevención, os organismos inspectores sobre o buque teñen cada vez un maior peso na súa explotación. É por iso que coñecer que tipo de Inspeccións e como se realizan constitúe unha parte fundamental de coñecemento dun mariño profesional.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
RA3C-Redactar e interpretar documentación técnica en inglés. A56
RA5C-Identificar compoñentes do buque. A58
RA6C-Identificar as situaciones críticas e usar os medios dispoñibles ao fin de resolvelas con efectividade. A59
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. B31
RA31H-Inspeccionar os defectos e avarías nos espacios de carga, as escotillas e os tanques de lastre, e presentar informes ao respecto B42
RA61H-Proveer servizos radioeléctricos en situacións de emerxencia B60
RA63H-Tomar precaucións para prever os riscos nas operacións dos buques tanque. B62
RA69H-Tomar precaucións para previr os riscos nas operacións dos buques tanque para o transporte de gas licuado. B68
RA79H-Tomar precaucións para previr a contaminación do medio marino. B78
RA80H-Observar as prácticas de seguridade no traballo. B79
RA91H-Inspeccionar e mantener os sistemas e o equipo de detección e extinción de incendios. B88
RA99H-Mantener as condiciones establecidas nun plan de protección do buque. B96
RA101H-Realizar inspeccións periódicas da protección del buque. B98
RA102H-Utilizar axeitadamente o equipo e os sistemas de protección, se los hai. B99
RA19X-Promover os hábitos hixiénicos e saudables adecuados e fomentar o interese e cooperación dos traballadores nunha acción preventiva integrada. C17
RA33X-Manter a navegabilidade do buque C25
RA37X-Vixiar o cumprimento das prescripcións lexislativas C27
RA52X-Evaluar as avarías e defectos notificados, nos espacios de carga, as tapas de escotilla e os tanques de lastre, e adoptar as medidas oportunas C33
RA55X-Vixiar e controlar o cumprimento das prescripcións lexislativas e das medidas para garantizar a seguridade da vida humana no mar, a protección marítima e a protección do medio marino C34
RA56X-Manter a seguridade e protección do buque, da tripulación e os pasaxeiros, así como o bo estado de funcionamento dos sistemas de salvamento, de loita contra incendios e demais sistemas de seguridade C35
RA84X-Facerse cargo dunha embarcación de supervivencia ou dun bote de rescate durante e después da posta a flote. C36

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ao Mantemento.
Necesidade.
Tipos.
Normativa relacionada.
Certificados.
Inspeccións e mantementos a cargo do Departamento de Cuberta
Estrutura.
Equipos
Seguridade.
Medios de embarque e desembarque.
Amarre e fondeo.
Carga e descarga.
Navegación.
GMDSS
Sanidade.
PRL. Riscos. Prevención.
EPI´s.
Permisos de Traballo.
Coordinación.
Xestión do Mantemento.
Plan de Mantemento. Rexistros
Pedidos.
Stocks. Pañoles.
Inglés Técnico relacionado.
Informes.
Manuais Técnicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 30 38 68
Obradoiro A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 24 24 48
Proba mixta A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 8 0 8
Traballos tutelados A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 0 20 20
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación oral dos temas que compoñen a materia, buscando tamén a participación activa do alumnado. Como soporte poderíase utilizar presentacións en Power Point, software técnico (CAD, Maxsurf, etc) e vídeos. Algúns contidos pódense desenvolver en inglés.

O profesor terá a facultade de subir apuntamentos á Aula Virtual. O contido destes apuntamentos pretende ser un resumo dos contidos desenvolvidos no curso, pero non deben considerarse como a única fonte de información. Espérase dos alumnos/as completen dita información con anotacións das explicacións e discusións levadas a cabo en clase, así como coa bibliografía recomendada.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Proba mixta Proba Mixta.
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Proba obxectiva
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Un exemplo de Traballo Tutelado pode ser a elaboración dun Plan de Mantemento ou unha Planificación preventiva de riscos laborais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Ao final de cada actividade docente, reservarase un tempo para resolución das dúbidas que poida expor cada alumno/a.

Email.
O profesor tentará responder canto antes a todas as dúbidas enviadas.

Teams.
Dependerá da dispoñibilidade do profesor.

En canto ao "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" o profesor poderá ofrecer a posibilidade de titorías en liña.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 Cada Proba Mixta constará de preguntas teóricas (proba de ensaio, resposta breve, etc.) e de preguntas prácticas. Para que estas probas fagan media entre si, a nota mínima de cada unha será de 4,5.

Se a media das probas mixtas é menor de 5,0 considerarase que o/a alumno/a non superou a Avaliación Continua.
70
Sesión maxistral A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 Será necesaria únha asistencia mínima do 80% para cualificar a Avaliación Continua. A falta de puntualidade pode ser motivo para non ser aceptado na aula.

Para permitir a asistencia a certas clases con contido xa subido ao Campus Virtual, o profesor poderá pedir previamente á entrada un esquema, mapa conceptual ou resumo dos temas que se van a tratar nas mesmas.
0
Obradoiro A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 Será necesaria únaa asistencia mínima do 80% para cualificar a Avaliación Continua. A falta de puntualidade pode ser motivo para non ser aceptado na aula.

Para permitir a asistencia a certas clases con contido xa subido ao Campus Virtual, o profesor poderá pedir previamente á entrada un esquema, mapa conceptual ou resumo dos temas que se van a tratar nas mesmas.
0
Traballos tutelados A56 A58 A59 B31 B42 B60 B62 B68 B78 B79 B88 B96 B98 B99 C17 C25 C27 C33 C34 C35 C36 Os traballos serán avaliados atendendo a unha rúbrica.

Se a nota do traballo (ou a media dos mesmos se se fai máis dun) é menor de 5,0 considerarase que o/a alumno/a non superou a Avaliación Continua.
30
 
Observacións avaliación

Dereito a Avaliación
Continua (EC).

Para ter o dereito a EC, será
necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases presenciais, xa sexa de
docencia expositiva como de interactiva.

Probas mixtas.

O 70% da cualificación da EC
obtense da media das probas mixtas realizadas (unha ou varias) os temas
contidos da materia. Para que estas probas fagan media entre si, a nota mínima
será de 4,5. Se a media das probas mixtas é menor de 5,0 considerarase que o/a
alumno/a non superou a EC.

Traballo(s) tutelado(s).

O 30% da cualificación da EC
obtense da nota do traballo tutelado. O traballo será avaliado atendendo a unha
rúbrica. Se a nota do traballo (ou a media dos mesmos se se fai máis dun) é menor de 5,0 considerarase que o/a alumno/a
non superou a EC.

Convocatorias oficiais de 1ª e
2ª oportunidade.

O alumnado que non supere a EC
(asistencia mínima e cualificación) ou que decida non seguir aquela, poderase
presentar ás convocatorias finais de 1ª e/ou 2ª Oportunidade.

A avaliación destas
convocatorias consistirá nunha Proba Mixta que poderá constar de calquera tipo
de pregunta. Os contidos destas Probas Mixtas poderán abarcar calquera contido
da materia. 

A cualificación final da
convocatoria será a nota desta proba.

Redondeo.

Todas as notas serán sobre un
resultado máximo de 10,0. Para superar a avaliación continua e as dúas
oportunidades, a nota final deberá ser un 5,0. Calquera nota por baixo
considerarase como suspenso. O redondeo dunha nota farase á décima máis
próxima. No caso de que a centésima que sexa 5 redondearase á décima superior.

Dispensa Académica, Dedicación
ao estudo, Permanencia e Fraude Académica.

Estes temas rexeranse de
acordo coa normativa académica vixente da UDC.

O alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
(segundo establézase na correspondente normativa da UdC), poderá acollerse á EC
sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais. Para iso, estes/as
alumnos/as informarán debidamente o profesor, ao principio do curso, da
devandita situación de dispensa académica e así como da súa dispoñibilidade
horaria de asistencia. O profesor acordará individualmente con este alumnado as
metodoloxías para compensar a non asistencia ás clases presenciais e a súa
correspondente avaliación.

 


Fontes de información
Bibliografía básica

SOLAS. Edición refundida de 2020. Organización Marítima Internacional. London. 2021.

IMO Resolution A.741(18). International Management Code for the Safe Operation of Ships and for Pollution Prevention (ISM Code), as amended.

IMO Resolution A.1156(32). Survey Guidelines under the Harmonized System of Survey and Certification (HSSC), 2021.

IMO Resolution A. 1155(32). Procedures for Port State Control, 2021.

IMO Resolution MSC.461(101). Amendments to the International Code on the Enhanced Programme of Inspections During Surveys of Bulk Carriers and Oil Tankers, 2011 (2011 ESP Code) .

IACS Recommendation 76. Guidelines for Surveys, Assessment and Repair of Hull Structure. Bulk Carriers.

IMO MSC.1/Circ.1330. Guidelines for maintainance and repair of protective coatings.

IMO MSC/Circular.1070. Ship Design, Construction, Repair and Maintenance.

IMO MSC/Circular.1117. Guidance for Checking the Structure of Bulk Carriers.

Real Decreto 1837/2000. Reglamento de inspección y certificación de buques civiles.

Bibliografía complementaria

Anti-fouling systems International Convention on the Control of Harmful Anti-Fouling Systems on Ship, 2001 (AFS 2001). Organización Marítima Internacional. London. 2005.

Prevention of corrosion on board ships. Prévention de la corrosion à bord des navires. Prevención de la corrosión a bordo de los buques. Organización Marítima Internacional. London. 2010.

Inspection, repair and maintenance of ship structures. Caridis, P.A. London. Witherby Seamanship International. 2nd ed. 2009.

Manual para la inspeccio?n y emisio?n de certificados sanitarios a buques. Organizacio?n Mundial de la Salud. 2012.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Hixiene Naval e Riscos Laborais/631G01104
Construcción Naval/631G01105
Química/631G01107
Economía Marítima/631G01201
Sistemas Enerxéticos e Auxiliares do buque/631G01204
Inglés Técnico Marítimo/631G01275

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Inglés Aplicado/631G01478

Materias que continúan o temario
Prácticas Externas en Buque/631G01476

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías