Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Inglés Aplicado Código 631G01478
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Pacheco Martínez, Eliseo Antonio
Correo electrónico
eliseo.pacheco@udc.es
Profesorado
Pacheco Martínez, Eliseo Antonio
Correo electrónico
eliseo.pacheco@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende dotar ao/a alumno/a de unha terminoloxía básica de Inglés Marítimo que permita o embarque en buques con tripulacións multiculturais e que operen en contornas internacionais, constituíndo así punto de partida para o seu posterior desenvolvemento profesional, tal como establece o Convenio STCW.

Dado o carácter en liña da materia, o desenvolvemento da materia consistirá na consulta de determinadas referencias bibliográficas e a redacción de diferentes textos técnicos en inglés utilizando material de apoio (dicionarios, normativa etc.)/ etc.). Realizaranse tamén Probas Mixtas para valorar o coñecemento dun vocabulario básico así como de estruturas de comunicacións e mensaxes tipo.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
RA1C-Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico. A54
RA3C-Redactar e interpretar documentación técnica en inglés. A56
RA17X-Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. C15
RA22X-Manter unha garda de navegación segura. C19
RA25X-Responder a emerxencias. C20
RA26X-Responder a sinais de socorro no mar. C21
RA27H-Utilizar as Frases normalizadas da OMI para as comunicacións marítimas, e emprego do inglés escrito e falado. B40
RA81H-Contrubuir a que as comunicacións a bordo do buque sexan eficaces. B80
RA82H-Contribuír a que as relacións humanas a bordo do buque sexan boas. B81

Contidos
Temas Subtemas
Comunicacións buque-terra. Comunicación con estacións de Prácticos, VTSs, inspectores PSC, estibadores, estaleiro, talleres de mantemento etc.
Comunicacións de buque a buque.
Comunicacións rutineiras e de seguridade.
Comunicacións internas.
Tarefas do/a oficial, comunicación con outros membros da tripulación, instrucións aos pasaxeiros etc.
Xestión de crise.

Respostas de emerxencia ante situacións de perigo, urxencia ou seguridade a bordo, exercicios, mensaxes de socorro etc.
Avaliación do servizo a bordo segundo o STCW.

Competencias STCW, técnicas de avaliación (CV, entrevista de traballo, avaliación a bordo, libros de rexistro de formación da DGMM etc.).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A54 A56 B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 0 35 35
Análise de fontes documentais A54 A56 B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 0 35 35
Traballos tutelados A54 A56 B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 0 35 35
Proba mixta A54 A56 B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 0 12 12
Proba oral B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 0 2 2
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Os Traballos Tutelados tamén poderán consistir no envío de audios ou vídeos elaborados polos/as alumnos/as.
Proba mixta Proba mixta
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Proba obxectiva
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
Proba oral Pódese utilizar para demostrar un nivel de inglés falado mentres se participa nunha conversación facendo/respondendo preguntas e/o discutindo temas. Pódese realizar cara a cara cun ou varios alumnos/as, cara a cara co profesor ou respondendo a preguntas xa gravadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Descrición
Email (asíncrono).
As dúbidas sobre xurdidas sobre os contidos da materia poderán ser enviadas por email ao profesor, quen tentará responder canto antes. Ditas dúbidas deberán ser redactadas en inglés.

Teams (síncrono).
As posibles titorías por Teams dependerán da dispoñibilidade do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A54 A56 B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 Os Traballos Tutelados serán dunha extensión variable (a maioría de entre 500 e 2000 palabras, aínda que esta extensión poderá ser maior para algún).

Non se permitirán Traballos que sexan resultado de tradutores en liña ou de Intelixencia Artificial, podendo ser isto considerado como fraude académica.

A media das notas dos Traballos Tutelados terá un peso dun 30% na cualificación final daqueles/as estudantes que opten por realizar a Avaliación Continua (EC).

Os/as estudantes que non superen ou non realicen a EC e preséntense aos exames finais de 1º e/o 2ª Oportunidade, non terán que realizar os Traballos Tutelados.
30
Proba mixta A54 A56 B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 O 70% da cualificación final dos/as alumnos/as que opten por realizar Avaliación Continua (EC) será a media das notas obtidas nas distintas Probas Mixtas que se realicen ao longo do curso.

Os/as alumnos/as que non superen ou non se presenten á EC poderán asistir aos exames de 1ª e 2ª Oportunidade, os cales consistirán nunha Proba Mixta na que pode entrar calquera dos contidos traballados na materia. A nota desta Proba Mixta terá un peso do 100% na cualificación final correspondente.
70
Proba oral B40 B80 B81 C15 C19 C20 C21 De realizarse Probas Orais, as súas notas entrarán dentro da media das Probas Mixtas da EC. En caso de realizarse Probas Orais nos exames de 1ª ou 2ª Oportunidade, a súa nota ponderará tal como indíquese no enunciado do exame, non podendo ser o seu peso maior do 50% do mesmo. 0
 
Observacións avaliación

Avaliación Continua (EC)

A cualificación final da EC será un 70% da media das notas das Probas Mixtas realizadas máis un 30% da media dos Traballos Tutelados.

De realizarse Probas Orais, as súas notas entrarán dentro da media das Probas Mixtas. 

Os Traballos Tutelados que non sexan presentados sen causa xustificada, terán unha nota de 0. 

Non se permitirán Traballos que sexan resultado de tradutores en liña ou de Intelixencia Artificial, podendo ser isto considerado como fraude académica. 

Convocatorias oficiais de 1ª e 2ª oportunidade

A avaliación destas convocatorias consistirá nunha proba mixta que poderá constar de calquera tipo de pregunta. Os contidos destas probas mixtas poderán abarcar calquera contido da materia. 

En caso de realizarse Probas Orais nos exames de 1ª ou 2ª Oportunidade, a súa nota ponderará tal como indíquese no enunciado da Proba Mixta, non podendo ser o seu peso maior do 50% da nota total da mesma. 

A cualificación final desta convocatoria será a nota desta proba. 

Redondeo

Todas as notas serán sobre un resultado máximo de 10,0. Para superar a avaliación continua e as dúas oportunidades, a nota final deberá ser un 5,0. Calquera nota por baixo considerarase como suspenso. O redondeo dunha nota farase á décima máis próxima. No caso de que a centésima que sexa 5 redondearase á décima superior. 

Dispensa Académica, Dedicación ao estudo, Permanencia e Fraude Académico

Estes temas rexeranse #de acordo con a normativa académica vixente da UDC. 

En caso de probas en liña, non se permitirán respostas que sexan resultado de tradutores en liña ou de Intelixencia Artificial. De facelo, poderá ser considerado como fraude académica.


Fontes de información
Bibliografía básica

IMO Resolution A.918(22). IMO Standard Marine Communication Phrases.

Marlins English for Seafarers 1 y 2. Nisbet, Kutz y Logie. UK. Marlins. 1997

Bridge Procedures Guide. International Chamber of Shipping. London. 6th. 2022.

NP100 The Mariner's Handbook. Admiralty. Hydrographic Department. Taunton. 12th edition. 2020.

Ship knowledge: ship design, construction, and operation. Dokkum, Klaas van. Enkhuizen. Dokmar. 10th ed. 2020. 

 

Bibliografía complementaria

STCW Convention. Section A-I/6 Training and assessment.

IMO Model Course 1.30 On board Assessment.

IMO MSC/Circ.853. Guidance on Shipboard Assessments of Proficiency.

Behavioural Competency Assessment and Verification for Vessel Operators. OCIMF. Intertanko. 1st. 2018 (Web resource).




Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Maritime Radiocommunications (Comunicacións Radiomarítimas)/631G01307
Inglés Técnico Marítimo/631G01275
Inglés/631G01175

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Mantemento e Inspeccións/631G01475

Materias que continúan o temario
Prácticas Externas en Buque/631G01476

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías